T7 Ritmos biolóxicos: o sono/vixía, ondas Flashcards
Que é o sono?
É un estado condutual periódico que se caracteriza por unha diminución da actividade motora e pola redución do estado de conciencia, con certo grao de integración sensorial.
Como se pode estudar o sono?
Mediante o rexistro da actividade eléctrica cerebral (EEG), dos movementos oculares (EOG), ou da actividade muscular (EMG)
Clases de sono
- Sono non-REM. Ondas lentas; distínguense 4 fases grazas ao EEG
- Sono de movementos oculares rápidos (REM ou MOR): EEG de alta frecuencia, movementos oculares rápidos e perda de ton muscular
Ritmos de frecuencias, de más rápido a máis lento
Beta, alfa, theta, delta
Ritmo beta
14 Hz ou máis, vixía en alerta
Ritmo alfa
8-13 Hz, vixía relaxada
Ritmo theta
4-7 Hz, fase 1 do sono
Ritmo delta
1-3 Hz, fases 3 e 4 do sono
Vixía: EEG, sensacións, pensamento, movemento, MOR
EEG: rápido, baixa voltaxe Sensacións: vivas, vía sentidos Pensamento: lóxico e progresivo Movemento: continuo voluntario MOR: frecuentes
Sono non-REM: EEG, sensacións, pensamento, movemento, MOR
EEG: lento, alta voltaxe Sensacións: febles ou ausentes Pensamento: lóxico repetitivo Movemento: continuo involuntario MOR: raros
Sono REM. EEG, sensacións, pensamento, movemento, MOR
EEG: rápido, baixa voltaxe Sensacións: vivas, xeradas internamente Pensamento: vivlo, ilóxico, estraño Movemento: parálese muscular MOR: frecuentes
Cal é a parte do SN máis responsable do sono e a vixía baixo control dos reloxos biolóxicos?
Os núcleos do tronco encefálico
Que implica seccionar a nivel de ponte?
A nivel de médula rostral?
Estimulación a nivel de FR pontina?
Ponte: Patrón de ondas lentas continuado.
Médula rostral: Ciclo sono/vixía inalterado
Estimulación FR: desincroniza EEG e esperta aos gatos durmidos
Como son regulados os núcleos do talo cerebral que regulan a vixía?
Polo HL mediante a orexina
Adenosina: papel na vixía e na regulación do sono
Mesmo papel para o sono que a orexina para a vixía.
Actividade neural vixía -> diminución da reserva de glucóxeno nos astrocitos do encéfalo -> astrocitos liberan adenosina -> aumenta adenosina extracelular.
A adenosina é un inhibidor da actividade neural que induce o sono, sobre todo actuando sobre as neuronas colinérxicas