T5 A visión: transporte + centros e procesamento da info Flashcards
Onde comezan as vías visuais?
No nervio óptico
Onde se cruzan os nervios ópticos dos dous ollos? Que ocorre aí coa información? Que se forma como resultado?
No quiasma óptico. A metade dos sinais (NON toda) cruzan ao outro lado. Fórmanse tractos ópticos
A onde se dirixen os tractos despois do cruce dos nervios ópticos?
Fórmanse diferentes vías:
- A do núcleo supraquiasmático (NSQ): regula ritmos circadianos
- A do pretectum: control reflexos de meniña e cristalino
- Colículos superiores: resposta de orientación e análise de estímulos con valor emocional
- Vía da glándula pineal (tras pasar polo NSP): condicionamento de ritmos infradianos
- Núcleo óptico accesorio: control movementos compensatorios dos ollos ao mover a cabeza
- Xenículo-estriada: +90% de todas as fibras que parten dos ollos, á cortiza visual e encargada da visión consciente.
Que vía visual se encarga da visión consciente?
A xenículo-estriada
Describe os relevos e a estrutura que ocorren na vía xenículo-estriada e ao final da mesma
- As febras fan un único relevo antes de chegar ao Núcleo Xeniculado Lateral
- NXL ten 6 capas: 2 son internas (antigas) para o sistema magnocelular, e 4 para o parvocelular
Como é o solapamento na nosa visión? Razón evolutiva? Como é a contralateralización?
Solápanse os campos visuais de ambos os ollos. Por ser depredadores e animais arborícolas, ter que ver o obxectivo con precisión.
NON se contralateraliza a información de cada ollo, senón os hemicampos visuais. Por iso só se cruza a metade das fibras de cada ollo, e non o nervio óptico enteiro de cada un.
Que ocorre ademais coa información superior e inferior do campo visual?
A info do hemicampo visual superior chega por debaixo da fisura calcarina; a do hemicampo inferior, por enriba.
A que adicamos a maior parte do cortex visual primario (V1)?
A procesar información procedente da fóvea
Similitude e diferencia coa somestesia
Hai unha representación topográfica do entorno pero investindo máis cerebro no que é máis importante para a supervivencia
División de sistemas na vía xenículo-estriada
- Sistema magnocelular: procesa info dos bastóns, leva info sobre contraste e movemento, atópase en todos os mamíferos.
- Sistema parvocelular (canle P): procesa info de conos vermellos e verdes, leva info sobre detalles finos e cor, atópase só en primates
- Sistema koniocelular (canle K): procesa info dos conos azuis, pouca resolución espacial porque son escasos
Cal é a función esencial da cortiza visual?
Recibir información das canles visuais e recollela de xeito organizado para a súa posterior elaboración en áreas visuais especializadas da cortiza extraestriada
A grandes rasgos, como se organiza espacialmente a V1 (cortiza visual primaria)?
Hai columnas de orientación, columnas de dominancia, e “blobs” (burbullas; son estruturas en forma de ovillo)
Columnas de orientación da V1
Hai células sensibles á orientación dun segmento fronte ao seu campo receptivo. As células de cada columna actívanse ao máximo ante unha orientación específica
Columnas de dominancia da V1
Reciben a versión que aporta cada ollo para a mesma imaxe: así outras áreas poden construír a percepción tridimensional
“Blobs” da V1
Reciben info dos conos mediante as canles P e K