T2 Somestesia e dor. Intro + receptores Flashcards
Que son os receptores sensoriais?
Estruturas anatómicas capaces de captar distintas formas de enerxía e transformalas en potenciais de acción que viaxan polas vías sensoriais
Os receptores sensoriais teñen que ser sempre células nerviosas?
Non
Que é o campo receptivo?
É a área espacial na que un estímulo pode activar un receptor sensorial e unha neurona sensorial primaria
Cal é a relación proporcional entre o campo receptivo e a resolución espacial?
Inversa: Canto menor o campo receptivo, maior a resolución espacial
Que é a resolución espacial?
A capacidade para determinar a localización dun estímulo
Como se organizan as vías e centros de relevo? De entre os derradeiros, cal é o máis relevante?
Organízanse de modo xerárquico e en paralelo (hai diferentes velocidades de transmisión); tamén hai segregación, segundo o modelo actual. O principal centro de relevo é o tálamo
Clasificación de receptores segundo o ámbito
- Exteroceptores
- Interoceptores
- Propioceptores
Propioceptores
Atópanse en músculos e articulacións. Son interoceptores do sistema músculo-esquelético que xunto on órganos do equilibrio informan da posición do corpo e o movemento
Clasificación de receptores segundo o tipo de enerxía
- Mecanorreceptores
- Termorreceptores
- Nociceptores
- Fotorreceptores
- Quimiorreceptores
Clasificación de receptores segundo a velocidade de adaptación
- Fásicos: adáptanse rapidamente e permiten a percepción do cambio (temperatura, tacto)
- Tónicos: adaptación lenta (presión, dor
Clasificación de receptores segundo a complexidade
- Simples: unha única dendrita pouco modificada
- Complexos (visión, audición)
Nomea os 4 principais receptores da pel e o que detectan
Merkel (tacto), Meissner (tacto), Pacini (presión), Ruffini (presión)
Discos de Merkel: campo receptor e adaptación. Onde se atopan, peculiaridades
Campo receptor: pequeno
Adaptación: baixa
Responden á presión sobre a pel (??). Están na base da epidermis; en xeral, na mesma localización que os corpúsculos de Meissner, adxacentes aos condutos sudoríparos
Corpúsculos de Meissner: campo receptor e adaptación. Onde se atopa e peculiaridades. A que vibracións responden
Campo receptor: pequeno
Adaptación: alta
Atópase nas papilas dérmicas (pequenas elevacións da dermis cara á epidermis). Están inervados por 2 - 6 axóns. Responden a vibracións de baixa frecuencia ou breves golpes sobre a pel
Corpúsculos de Pacini: campo receptor e adaptación. Peculiaridades
Campo receptor: grande
Adaptación: baixa
Responde a vibracións rápidas. Son as terminacións sensoriais máis grandes do corpo (60 capas que envolven a dendrita dun único axón mielinizado).
Corpúsculos de Ruffini: campo receptor e adaptación
Campo receptor: grande
Adaptación: alta
Que son os fusos musculares? Lonxitude? Que axóns entran e saen e por donde o fan?
Son pequenos feixes de fibras musculares adorreadas por unha cápsula, dentro dos músculos
Lonxitude: 4-10 mm.
Axóns sensoriais: entran pola parte central da cápsula
Axóns motores: entran nos extremos das fibras intrafusais
Que fibras aferentes inervan cada fuso muscular? Que ocorre cando o músculo se estira?
Tipo I (fibras grandes mielinizadas) e II (pequenas mielinizadas). Cando o músculo se estira, as fibras incrementan a súa taxa de disparo e as fibras do fuso muscular informan sobre o estiramento e tamén da lonxitude do músculo
Características do sentido somático
- Xorde por contacto
- Está moi relacionado co movemento (é esencial para movernos)
- Os receptores correspondentes con este sentido están espallados por todo o corpo
Órgano tendinoso de Golgi: onde está, fibras e función
Está no lugar de unión do tendón co músculo. Inervado só por fibras tipo I. Dá información sobre a tensión muscular e sobre a forza que se está a exercer sobre o tendón
Receptores viscerais: función, consciencia, receptores
Info sobre os órganos internos para a regulación reflexa da actividade visceral.
Info ÁS VECES consciente (dor, presión).
Receptores: menos numerosos ca os cutáneos e a maioría son terminacións nerviosas libres (tamén corpúsculos de Pacini)
Tipos de receptores viscerais
- Mecanorreceptores: responden á distensión ou estiramento de paredes viscerais. Hai no peritoneo, receptores para o fluxo urinario, na mucosa e corpúsculos de Pacini.
- Quimiorreceptores: poden ser receptores de PH ou glucorreceptores
A cinestesia. Info que aporta, onde se inicia, receptores
Información sobre a posición do corpo e o movemento.
Iníciase nos receptores das articulacións, os tendóns e os músculos.
Depende dos receptores de estiramento do músculo esquelético, que informa dos cambios de lonxitude do músculo ao SNC, e os receptores de estiramento dos tendóns
Sentidos orgánicos. Onde se inician, receptores e membranas
Inícianse nos receptores situados nos órganos internos ou arredor deles, aportando sensacións agradables e desagradables.
Na membrana muscular (capa externa dos órganos internos) e nas membranas da cavidade abdominal e torácica. Sensibles únicamente ao estiramento e non envían sinais sensoriais por cortes, quemaduras ou estruxamentos.
Pel. Proceso vital no que participa, capas e pel vellosa
Participa na termorregulación.
Capas: dermis e epidermis.
Pel vellosa: contén terminacións nerviosas libres (non encapsuladas)