T1 Técnicas para o estudo da actividade cerebral Flashcards

1
Q

Que tres tipos de rexistro existen?

A

Rexistro da actividade metabólica, rexistro da actividade eléctrica, e magnetoencefalografía

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

Técnicas de neuroimaxe

A

Estruturais: TAC e RM. Técnicas que revelan as características estáticas físicas cerebrais.
Funcionais: TEP e RMf. Revelan cambios dinámicos na fisioloxía cerebral que poden correlacionar con funcións cognitivas

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

Rexistro da actividade metabólica

A
En animais: técnica invasiva con 2-DG.
En humanos (neuroimaxe funcional): TEP e RMf
How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

Rexistro da actividade metabólica con 2-DG

A

Técnica invasiva en animais.
Ao inxectar 2-DG radioactiva, degrádase coma a glucosa. As neuronas máis activas consumirán máis, pero o produto do primeiro paso metabólico non pode ser metabolizado e así queda acumulado dentro da célula.

Administrando a 2-DG e despois levándoo á situación experimental, poderemos saber con autorradiografía que áreas participan de modo máis activo durante a conduta

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

Autorradiografía

A

Revelado fotográfico de seccións cerebrais expostas a unha solución que conteña un ligando radioactivo para un receptor específico.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

TEP

A

Tomografía por Emisión de Positróns.
Ao aumentar a actividade dunha área, aumenta aí a cantidade de substancias transportadas polo sangue.

Introdúcense no torrente sanguíneo esas substancias marcadas radioactivamente. A imaxe resultante indica as rexións máis activas

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

Rexistro da actividade eléctrica

A

Rexistro unicelular en humanos.
EEG, potenciais evocados, e MEG.

Técnicas de carácter intensivo que permiten medir a taxa de emisión eléctrica neural ante determinados estímulos. Pódese rexistrar a actividade dunha única neurona (intra ou extracelularmente, con microelectrodos) ou a de moitas neuronas (rexistros multicelulares).

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
8
Q

Técnica dos potenciais evocados (PEs)

A

Rexistro da actividade eléctrica.
Os PE son cambios na actividade eléctrica cerebral (actividade EEG) que ocorren en resposta a determinados eventos sensoriais, cognitivos ou en preparación dunha actividade motora

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
9
Q

EEG invasivo

A

Colócanse eléctrodos situados na superficie do cerebro (subduralmente) que captan os cambios xerais da actividade eléctrica cerebral. En humanos só se utilizan en pacientes neurolóxicos precirúrxicos.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
10
Q

EEG non invasivo

A

Úsase no resto de persoas.

Eléctrodos externos. Posibilita rexistrar os fluxos de corrente extracelulares consecuencia dos potenciais postsinápticos, sendo o sinal rexistrado resultado da actividade sincrónica de grandes poboacións neuronais – Técnica dos PEs

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
11
Q

Magnetoencefalografía

A

Rexistro da actividade eléctrica neural.

Mide dende a superficie do cranio os campos magnéticos producidos pola actividade eléctrica cerebral.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
12
Q

RMf

A

Técnica de neuroimaxe.
Rexistro da actividade metabólica.
Úsase un equipo de RM para detectar cambios rexionais en osixenación en sangue en resposta a unha tarefa cognitiva

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
13
Q

Método de estimulación. Tipos

A

Estimulación eléctrica e química (invasiva)

EMT (non invasiva

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
14
Q

Estimulación eléctrica e química

A

Técnica invasiva en animais.
Modifícase artificialmente a actividade de rexións cerebrais concertas e se observa o seu efecto sobre a conduta.
Para estimular determinadas rexións, aplícase electricidade (por eléctrodos) ou aa excitatorios (como ácido kaínico) mediante unha cánula.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
15
Q

Ácido kaínico

A

É un aminoácido excitatorio usado na estimulación eléctrica e química en animais

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
16
Q

EMT

A

Estimulación Magnética Transcranial.
Estimúlase o cerebro por medio dunha bobina magnética mantida fóra do cranio. A aplicación dun campo magnético induce unha corrente eléctrica no córtex subxacente que estimula ou inhibe a actividade en rexións cerebrais concretas.
Efectos reversibles: “lesión virtual”.

17
Q

Métodos neuroquímicos

A
  • Técnicas de localización de neuronas produtoras de substancias químicas determinadas -> métodos inmunocitoquímicos.
  • Técnicas de localización de receptores: autorradiografía, inmunocitoquímica
  • Técnicas de rexistro de secrecións cerebrais -> microdiálise
18
Q

Métodos inmunocitoquímicos (localización de neuronas produtoras de substancias)

A

Aproveitan as reaccións inmunolóxicas do organismo para facer visibles os péptidos e proteínas. O anticorpo da substancia ou da enzima que a produce márcase radioactivamente ou cunha tintura. Posteriormente expóñense as seccións do tecido cerebral aos anticorpos marcados. Ao microscopio, detéctanse as substancias que se acoplaron ao anticorpo

19
Q

Inmunocitoquímica (localización de receptores)

A

Os receptores son proteínas, polo tanto poden producirse anticorpos contra elas. Expóñense seccións do tecido cerebral a un anticorpo apropiado (marcado con tintura fluorescente) e isto obsérvase ao microscopio, baixo unha luz de lonxitude de onda específica

20
Q

Microdiálise

A

Posibilita medir a concentración extracelular de substancias neuroquímicas en animais que están levando a cabo unha conduta