T1 Perspectivas e polémicas Flashcards
Os representantes da polémica holista vs. localizacionista/frenoloxía
Holismo: Flourens
Frenoloxía: Franz Joseph Gall
Flourens
Holismo.
Ablación experimental: paradigma lesión-conduta. Extirpar varias partes do cerebro dun animal para observar a súa conduta e inferir, a partir do que os animais deixan de facer, a función desa parte.
Deu lugar a un debate intenso sobre a localización orgánica dos procesos mentais, e a un importante avance na localización de funcións.
Ao final propuxo unha teoría sobre unha función cerebral unitaria: non hai unha localización particular para habilidades específicas
Franz Joseph Gall
Frenoloxía
Relación entre diferentes caracteres psicolóxicos co tamaño de diferentes partes (protuberancias) do cranio
Avances na localización de funcións: nomes importantes
Broca, Carl Wernicke, Fritsch e Hitzig, Ferrier
Broca (localización de funcións)
Describiu en 1861 o caso dun paciente que por unha apoplexía perdera a capacidade de producir linguaxe articulada.
Lesión na terceira circunvolución frontal do hemisferio esquerdo (área de Broca).
Carl Wernicke (localización de funcións)
Unha lesión na circunvolución temporal superior do hemisferio esquerdo resultaba nun déficit na comprensión da linguaxe (área de Wernicke)
Fritsch e Hitzig (localización de funcións)
A estimulación eléctrica de certas zonas do córtex anterior (motor primario) provocaba movementos corporais do lado contralateral
Ferrier
A eliminación do córtex motor primario causa parálise dos músculos. Identificou áreas particulares do córtex sensorial
Polémica reticularistas vs antirreticularistas. Definición e nomes importantes
Reticularistas: consideraban o SN coma unha rede, un sistema circulatorio, interconectado.
Antirreticularistas: Santiago Ramón y Cajal, Camillo Golgi
Golgi
Antirreticularista.
A rede nerviosa está formada por células nerviosas individuais, separadas entre si.
Desenvolveu un método para tinguir só unha proporción moi reducida das células: neuronas conformadas por soma e neuritas.
Ramón y Cajal
Sistema nervioso constituído por células separadas, ben definidas, e que se comunican entre si. Tamén indicou que as interconexións eran moi específicas e altamente estruturadas. Demostrou así definitivamente a validez da teoría neuronal do SN. Elaborou un inventario dos distintos tipos de células de cada tecido
Influencia do evolucionismo
As células que sofren mutacións dan lugar a cambios físicos, que se poden ver reflectidos na conduta, sobre a que actuará a selección natural
Continuidade da conduta e os procesos biolóxicos entre as especies (evolucionismo)
Sentou as bases para o estudo do sistema nervioso en modelos animais. Diferenzas específicas de especie, en canto á conduta e á bioloxía, que evolucionarion como adaptación a distintos medios
Rexistro da actividade cerebral e estimulación eléctrica cerebral
Von Helmholtz: avances sobre a conducción nerviosa (mediu a velocidade de condución do impulso nervioso). Comézase a rexistrar a actividade nerviosa central.
Caton rexistrou oscilacións do potencial eléctrico no córtex de coellos
Localizacionismo: nomes importantes
Lashley (principios de "acción de masa" e "equipotencialidade") Donald Hebb (asamblea celular)