T6 Sistema motor: lesións Flashcards
Lesión da CSPP
- Apraxia. Dificultade para executar movementos voluntarios
- Neglixencia contralateral. Falla na resposta a información que vén da cara contralateral á do dano cerebral
Lesión da AMS
Impide executar as secuencias de movementos automatizados e repetitivos. A súa lesión unilateral produce déficits na coordinación bimanual
Trastornos por lesión dos ganglios da base: enumerar
Atetoses, enfermidade de Parkinson, balismo, Corea de Huntington, discinesia
Atetoses
Nos ganglios da base
Movementos lentos de torsión nas extremidades superiores
Enfermidade de Parkinson
Nos ganglios da base
Dificultade para iniciar movementos espontáneos; movementos enlentecidos, aumento de tono e rixidez muscular, tremor en reposo, que diminúe en movemento e desaparece durante o sono. Acaba impedindo calquera movemento voluntario.
Balismo
Nos ganglios da base.
Sacudidas violentas que soen afectar a un lado do corpo
Corea de Huntington
Nos ganglios da base
Movementos rítmicos involuntarios e rápidos dos músculos distais
Discinesia
Nos ganglios da base
Movementos accesorios asociados a un acto motor voluntario
Que supoñen a Corea de Huntington e o Hemibalismo?
A quebra dos sistemas inhibitorios (movementos involuntarios)
Que supón a enfermidade de Parkinson?
A quebra dos sistemas desinhibitorios (movementos máis lentos ou imposíbeis)
Trastornos por lesión do cerebelo: enumerar
Ataxia, disdiadococinesia, disartria, dismetría, tremor intencional, hipotonía, signo de rebote, desequilibrio
Ataxia
No cerebelo.
Falla a orde e coordinación dos movementos
Tipos:
- Bradicinesia -> movementos lentos
- Astenia lixeira -> debilidade muscular
- Asinerxia -> deterioro na dirección e forza
Disdiadococinesia
No cerebelo.
Dificultade para executar unha secuencia progresiva de movementos
Disartria
No cerebelo
Fala lenta, farfallante e entrecortada
Dismetría
No cerebelo
Erros na medida dos movementos que son bruscos e se descompoñen en sacudidas que non acadan o seu obxectivo