T1 Modelo lesional e técnicas para o estudo da anatomía cerebral Flashcards
Ciruxía estereotáxica
Procedemento cirúrxico que posibilita colocar con precisión algún dispositivo (eléctrodo, cánula…) nunha rexión cerebral concreta para lesionar, estimular ou rexistrar a súa actividad. Utilizouse sobre todo con roedores en laboratorios
Tipos de lesión: enumerar
Por aspiración do tecido neural (succión), por incisión con bisturí, eléctrics, excitotóxicas (químicas), temporais ou reversibles, falsas
Lesións por aspiración do tecido neural (succión)
Lesións de áreas cerebrais de fácil acceso, alto grao de inespecificidade
Lesión por incisión con bisturí
Ablación (sección ou corte do tecido de interese e extirpación posterior), maior especificidade que as lesións por aspiración.
Sección de fibras: sección das conexións neurais
Lesión eléctrica
En estruturas subcorticais, aplicando unha corrente eléctrica a través dun eléctrodo alongado, que está illado en toda a súa lonxitude excepto na punta.
Lesións por radiofrecueencia ou electrolíticas.
Pouco selectivas, pode implicar lesións de áreas adxacentes ou fibras de paso
Lesións excitotóxicas (químicas)
Inxección dun aa excitatorio (como ácido kaínico), que destrúe os corpos celulares próximos á punta da cánula hiperestimulando os receptores glutamatérxicos, sen afectar aos axóns de paso (maior selectividade).
Existen métodos de lesión máis específicos para determinados neurotransmisores, coma hidroxidopamina (6-HD) que dana de xeito selectivo neuronas dopaminérxicas e noradrenérxicas.
Lesións temporais ou reversibles (anestésicas/crioxénicas)
Suspenden temporalmente a actividade dunha determinada área cerebral, mediante a infusión dun anestésico local coma a lidocaína.
As lesións crioxénicas suspenden temporalmente a actividade neural mediante arrefriamento do tecido nervioso
Lesións falsas
Os suxeitos pasan por unha intervención de tipo cirúrxico para exercer coma grupo control, sen sufrir ningunha lesión real
Procedemento de subtracción (TEP)
A subtracción produce unha imaxe diferente para cada suxeito. Todas mostran un incremento do fluxo sanguíneo en rexións occipitais.
As imaxes promédianse para obter unha área de activación promedio. Revela que áreas se activan selectivamente en diferentes condicións experimentais
Método histolóxico
Permítenos estudar a microestrutura do SN.
4 pasos: fixar o tecido (para poder cortar en láminas mediante un micrótomo), situar nun portaobxectos, tinguir segundo o tipo de estruturas buscadas, e examinación ao microscopio
Técnicas de tinguido: nomear
Técnicas de tinguido da neurona e os seus compoñentes
Técnicas de tinguido (trazado) de conexións
Técnicas de tinguido da neurona e os seus compoñentes
Corpos celulares: Violeta de cresilo, azul de metileno-Nissl
Vaina de mielina: Weigert
Neuronas illadas completas: plata ou Golgi
Axións en dexeneración: Nauta Gygax
Técnicas de tinguido (trazado) de conexións
Conexións eferentes: métodos anterógrados (PHA-L)
Conexións aferentes: métodos retrógrados (ouro fluorado)
Combinando os métodos anterógrado e retrógrado pódense descubrir circuitos de neuronas interrelacionadas
Actuación da PHA-L
Ao ser inxectada na rexión determinada, é absorbida polas dendritas e pasa a través do axón aos botóns terminais. Despois, sacrifícase o animal e se fan visibles as seccións do cerebro mediante métodos inmunocitoquímicos
Actuación do ouro fluorado
Igual que a PHA-L, pero é captado polos botóns terminais para despois pasar a través do axón ao soma.
Técnicas de neuroimaxe: nomear
TAC, RM, ITD/DTI
TAC
Tomografía Axial Computerizada
Raios X emitidos dende distintos puntos arredor da cabeza. A absorción da radiación varía en función da densidade do tecido. As cores varían dende o branco (óso - texturas hiperdensas) ao negro (líquido cefalorraquídeo - estruturas hipodensas)
RM
Resonancia Magnética.
Non raios X. Campo magnético intenso (un imán grande) e ondas de radiofrecuencia. Emprega información sobre o modo en que os átomos de hidróxeno do cerebro responden a un potente campo magnético - a partir das ondas que emiten estes átomoas constrúe imaxes de alta resolución. A imaxe rexistrada vai depender da concentración de átomos de hidróxeno que conteñen os distintos tecidos anatómicos. Alto contraste entre substancia gris, substancia branca e líquido cefalorraquídeo
ITD/DTI
Imaxe por Tensor de Difusión.
Emprega unha RM modificada para visualizar feixes de axóns mielínicos. Baséase no feito de que o movemento das moléculas de auga nos fascículos de substancia branca tende a realizarse nunha dirección paralela á dos axóns.
A RM usa a info relativa ao movemento desas moléculas para determinar a localización e orientación dos fascículos de axóns da substancia branca que conectan as diferentes estruturas cerebrais
Métodos
Funcionais:
- Lesión
- Rexistro
- Estimulación
Estrutura: técnicas para o estudo da anatomía cerebral
Método lesional
Invasivas en animais:
- Lesión mecánica
- Lesión química
- Lesión eléctrica
- Lesión reversible (anestésica/crioxénica.
Non invasivas en humanos:
- Estudos de pacientes con dano cerebral
- Lesións reversibles en contextos neuroquirúrxicos: Test de Wada
Métodos de rexistro: tipos
Unicelular e multiceleular
Rexistro unicelular
Invasivo en animais:
- Actividade dos canais de membrana
- Intra/extracelular
En humanos:
- EEG
- Potenciais evocados
- MEG
Rexistro multicelular
Invasivo en animais:
Cambios eléctricos extracelulares de múltiples neuronas
En humanos:
Actividade metabólica e hemodinámica: TEP e RMf
Método de estimulación
Animais: aplicando electricidade ou aa excitatorios por unha cánula
Humanos: EMT, tDCS
Técnicas para o estudo da anatomía cerebral
Animais: técnicas histolóxicas
Humanos: TAC, RM