T5 A visión: intro + movementos e musculatura Flashcards
Que cores nos permite ver o noso rango de frecuencias percibidas?
Entre violeta e vermello
Que espectro é o que nos permite percibir cores?
O espectro electromagnético
Que receptores nos permiten ver cores? Que tipos hai segundo a súa sensibilidade?
Son os conos.
- Conos azuis
- Conos verdes
- Conos vermellos
En que parte da retina se acumulan os conos? Que aportan ademais da cor nesa área?
Na fóvea. Dan info de cor e gran detalle da imaxe
Que otros receptores visuais temos á parte dos conos? Nomea as súas características e o que aportan
Os bastóns.
Visión acromática, pouco precisa.
MOI sensibeis, visión nocturna.
Info sobre obxectos en movemento.
Que músculo permite unha lixeira rotación lateral do ollo?
O músculo oblicuo superior
Nomea os músculos oculares máis destacables
Recto superior, recto lateral, recto inferior, oblicuo inferior, oblicuo superior
3 tipos de movementos oculares
- Manteñen a fóvea sobre o obxectivo
- Estabilizan o ollo cando hai movemento da cabeza ou do obxectivo
- Fixación (refresco da imaxe). Axudan a manter a imaxe evitando o “fading” visual que ocorre pola fatiga dos receptores
Movementos que manteñen a fóvea sobre o obxectivo
- De seguemento. Son lentos e de inicio voluntario (p. ex. lectura)
- Sacádicos. Revisado moi rápido (1m/s) de aspectos relevantes da imaxe
- Verxencias. Son involuntarios, orientan os ollos sobre un mesmo punto
Movementos que estabilizan o ollo cando hai movemento
- Vestíbulo-ocular. Axusta a dirección da mirada ao mover a cabeza. Input vestibular
- Optocinéticos. Axusta a dirección da mirada ao moverse o obxecto. Input visual
Movementos de fixación
- Microsacádicos
- Tremores ou vibracións
Cales son os movementos oculares máis recentes na liña evolutiva?
Os de seguemento
Características dos movementos sacádicos
- Permiten situar até 3 obxectos novos na fóvea
- Poden ser voluntarios ou involuntarios (antes de que algo capte a nosa atención)
Recoñecemento facial
Centrámonos máis nas liñas de contraste, nas áreas comunicativas (ollos e boca) e en cambios chamativos
Que é o “eye-tracking” e para que serve?
É un procedemento que permite seguir a mirada e identificar puntos de fixación común. Úsase no marketing