T2 Somestesia e dor. Dor e analxesia Flashcards
Que é a dor?
É unha experiencia sensorial e emocional desagradable, asociad a unha lesión tisular real ou potencial ou descrita en termos da mesma. É unha experiencia complexa determinada por moitos factores
É dor sinónimo de nocicepción?
Non, porque na dor inflúen máis factores á parte da nocicepción: factores psicolóxicos, situacionais ou emocionais, que modulan a sensibilidade
Que son os nociceptores? Función?
Son terminacións nerviosas libres de neuronas sensoriais primarias cuxos somas se atopan nos ganglios raquídeos.
Diferencian estímulos inocuos de nocivos: codifican a intensidade dun estímulo dentro do rango de intensidades nocivas (non é o mesmo un termorreceptor ca un nociceptor térmico).
Clasificación dos nociceptores
Segundo o estímulo nocivo: térmicos, químicos, mecánicos, polimodais.
Segundo a súa localización: cutáneos, viscerais, musculares e articulares
Segundo a velocidade de condución da fibra: A(delta) e C
Como ocorre a liberación de substancias que dan lugar á nocicepción?
Ao danarse o tecido, libéranse substancias químicas que excitan directamente a membrana dos nociceptores ou modulan a súa sensibilidade nociceptiva.
Son: bradikinina, prostaglandina, 5HT, histamina, laucotrienos e substancia P.
A substancia P é liberada polas neuronas sensoriais para que actúe sobre mastocitos e sobre os vasos sanguíneos; o resto, actúan sobre os receptores sinápticos das neuronas sensoriais.
Como se codifica a calidade do estímulo doloroso? E a intensidade?
Calidade: Segundo o tipo de vía
Intensidade: Segundo a taxa de disparo
Onde ten a neurona sensorial primaria o seu soma? Por onde transcorren as fibras nociceptivas en relación a ela?
No ganglio da raíz dorsal.
As fibras nociceptivas bifúrcanse na súa entrada ás hastas posteriores por medio do feixe de Lissauer, cun ramo ascendente e outro descendente que progresan varios segmentos.
Onde establece sinapsis a neurona sensorial primaria?
Na hasta dorsal da médula espiñal
Láminas de Rexed da médula espiñal. Resumo
Láminas I, II, III, IV, V, VI
I, II e V reciben info da dor (nociceptores)
III e IV reciben info do tacto (mecanorreceptores)
Lámina I
Neuronas nociceptoras específicas Adelta
Lámina II
Neuronas nociceptoras C
Interneuronas que modulan a intensidade de estímulos nocivos e non nocivos
Láminas III e IV
Reciben axóns de estímulos non nocivos Abeta
Lámina V
Neuronas de amplo rango dinámico.
Responden de maneira progresiva (inocuo-nocivo).
Fibras Abeta, Adelta, C.
Converxen aferencias somáticas e viscerais
Lámina VI
Propiocepción inconsciente
Vías espino-talámico, espino-reticular, mesencefálica: receptor, fibra, neurona sensorial primaria e 1ª sinapse
Receptor: nociceptores e termorreceptores
Fibras: Adelta e C
Neurona sensorial primaria: Ganglio da raíz dorsal
1ª sinapse: láminas I, II e V da médula
Vía espino-talámico: 2ª sinapse, centro superior
2ª sinapse: Tálamo
Centro superior: SI, SII
Vía espino-reticular: 2ª sinapse, centro superior
2ª sinapse: Formación reticular
Centro superior: ínsula e cingulado
Vía mesencefálica: 2ª sinapse, centro superior
2ª sinapse: Mesencéfalo (SGP)
Centro superior: Sistema inhibitorio descendente
Sistema da Columna Dorsal: receptor, fibra, neurona sensorial primaria, 1ª sinapse, 2ª sinapse, centro superior
Receptor: mecanorreceptores e propioceptores
Fibra: Adelta, Abeta
Neurona sensorial primaria: ganglio da raíz dorsal
1ª sinapse: bulbo raquídeo
2ª sinapse: tálamo
Centro superior: Córtex somestésico (SI, SII)
Sistema Trixeminal: receptor, fibra, neurona sensorial primaria, 1ª sinapse, 2ª sinapse, centro superior
Receptor: todos Fibra: Aalfa, Abeta, Adelta Neurona sensorial primaria: ganglio de Gasser 1ª sinapse: núcleos de trixéminos 2ª sinapse: tálamo Centro superior: SI, SII
Que afirma a teoría do control de entrada?
Que hai unha regulación a nivel de me´dula da entrada de sinais dorosas.
A entrada de sinais de aferencias primarias mielinizadas e grosas ás hastas posteriores da médula activa interneuronas da lámina II, reducindo a eficacia de novas entradas de tipo nociceptivo que se transmitirían mediante neuronas medulares de proxección.
RESUMO: A transimisión de estímulos non nociceptivos pode modular a entrada de sinais dolorosas
Cales son as neuronas medulares de proxección?
Espiñotalámicas, espiñorreticulares e espiñomesencefálicas
Que ocorre cando se excitan as fibras Abeta dos mecanorreceptores?
A actividade das neuronas de proxección (e polo tanto, da transmisión da dor) redúcese, pola inhibición das interneuronas
Que provoca a actividade illada do axón nociceptivo?
Provoca a excitación da neurona de proxección, permitindo que os sinais de dor se transmitan ao SNC
Que ocorre se hai unha activación concorrente dun axón mecanorreceptivo?
Este mesmo activa a interneurona e suprime/reduce os sinais nociceptivos
Sistema inhibidor descendente
É un mecanismo de inhibición supraespiñal da transmisión dolorosa espiñal.
Orixínase na substancia gris periacueductal, con relevo no bulbo rostroventral (núcleos de rafe e núcleo paraxigantocelular) e final na hasta dorsal da médula espiñal. Estes lugares conteñen receptores opiáceos e opioides endóxenos: encefalinas e endorfinas
Control inhibitorio nocivo difuso (DINC)
É a aplicación de estímulos nunha determinada localización anatómica que poden inhibir a actividade de neuronas do resto de segmentos da medula espiñal. Implica un complexo bucle supraespiñal.
Parece que as neuronas que median o DINC se localizan no bulbo raquídeo, fundamentalmente no subnúcleo reticular dorsal -> activadas por fibras Adelta, C.
Proxectan os seus axóns descendentes até as hastas posteriores medulares e ao núcleo espiñal do trixémino -> efecto depresor na nocicepción
Formas especiais de dor
- Alodinia: sentimento da dor sen haber estímulo doloroso presente.
- Hiperalxesia: sentimento de intensa dor con estímulos moderadamente dolorosos