T6 Sistema motor: cortiza motora e control motor superior Flashcards
Que catro requisitos se teñen que cumplir para poder efectuar movementos voluntarios?
- Percepción do obxecto
- Consciencia de como están dispostas as partes movibles do corpo
- Capacidade de mover as partes do corpo
- Capacidade para detectar erros e facer reaxustes (retroalimentación)
AMS: nome
Área Motora Suplementaria
Describe as 3 fases do experimento de Roland
- Efectuar movemento simple cos dedos: cortiza motora primaria e cortiza somestésica (recibe info do dedo -> retroalimentación)
- Realizar un movemento máis complexo cos dedos: AMS e cortiza motora primaria
- Recordar o segundo movemento, pero non realizalo. AMS só
Función simplificada da AMS
Planificación de movementos complexos pero sen necesidade de execución (desta encargarase a codia motora primaria mediante retroalimentación)
Función simplificada do cortex premotor
Determinar en que momento se quere realizar un movemento e preparar o terreo
Función simplificada do córtex de asociación prefrontal dorsolateral (CPFDL)
Decidir que movemento se vai realizar
Cales son as codias motoras secundarias?
Córtex premotor e AMS
Función simplificada da codia primaria
Executar o movemento, dando a orde ás neuronas motoras medulares
Cortiza de asociación Sensomotor Parietal Posterior (CSPP)
Representación da posición do corpo e dos obxectos cos que a persoa interactúa. Integra info de áreas sensoriais que logo envía ao lóbulo frontal (CPFDL)
Cortiza de asociación Prefrontal Dorsolateral (CPFDL)
Mantemento da memoria a curto prazo da información necesaria para decidir que resposta damos en cada momento.
Recibe info da CSPP (corrente “onde”) e do campo auditivo e visual (corrente “que”) e decide que movemento realizar para logo encargarlle a súa planificación as áreas motoras secundarias
Cortiza motora secundaria: AMS
Especializado en movementos complexos autoiniciados e da coordinación de ambos brazos. Movementos aprendidos, automatizados (como andar en bici) tras a práctica. Moitos son repetitivos, polo que apenas requiren guía visual
Cortiza motora secundaria: córtex premotor
Especializado en movementos con guía sensorial. Son movementos complexos ou no inicio da súa aprendizaxe (logo pasarán a ser cargo da AMS)
Cortiza motora secundaria
Enviar a información para ser efectuada á cortiza motora primaria
Cortiza motora primaria
Contén unha representación somatotópica do corpo (homúnculo), dedicando máis superficie ás partes de mobilidade máis fina (mans e cara). Codifica a forza e dirección dos movementos