T3 Audición: Sistema vestibular Flashcards
Funcións do sistema vestibular
- Manter o equilibrio
- Manter a cabeza en posición ergueita
- Axusstar os movementos oculares para compensar os movementos da cabeza
Canles semicirculares (diapo 58)
- Orientados nos 3 planos: horizontal, vertical, lateral
- Estrutura coma a da cóclea. Cnales óseos polos que circula a perilinfa e canles membranosos con endolinfa. Unha parte máis grosa (“Ampolla”, b e f), e aí están os receptores sensoriais
Canles semicirculares: receptores
Son células ciliadas, semellantes ás da cóclea. Os cilios están embebidos nunha masa xelatinosa (“cúpula”, g). Os movementos de rotación da cabeza moven a endolinfa e isto fai que se dobre a cúpula, activándose os receptores.
Son mecanorreceptores
Responden á aceleración/deceleración angular (xiros de cabeza, poñernos boca abaixo…) e participan nas reaccións dinámicas de equilibrio.
Sacos vestibulares
Son o utrículo (horizontal) e o sáculo (vertical). No chan do utrículo e na parede do sáculo están os receptores (b, d).
Os receptores son células ciliadas, embebidas nunha xelatina que contén otoconia (pequenos cristais de carbonato cálcico) (e). O peso destes cristais fai que a masa xelatinosa se desprace da súa posición cando cambia a orientación da cabeza
Transdución
O movemento dos cilios provoca a apertura de canles de ións. A endolinfa é rica en ións K+, e ao entrar o potasio prodúcese a despolarización das células ciliadas (potencial receptor) que vai provocar potenciais de acción nas fibras nerviosas conectadas ás células ciliadas.
Soma da neurona sensorial primaria
No ganglio vestibular ou de Scarpa
Nervio Vestibular
Axóns das neuronas sensoriales primarias. Conecta co par cranial VII (vestibulococlear ou auditivo – bulbo)
As 4 vías que parten dos núcleos vestibulares (bulbo)
Tracto vestíbulo-cerebelar, tracto vestíbulo-espiñal, tracto vestíbulo-talámico, fascículo lonxitudinal medial
Tracto vestíbulo-cerebelar
Ao cerebelo, cun papel esencial na coordinación de movementos e o equilibrio
Tracto vestíbulo-espiñal
Á médula espiñal. Encargado do control de membros e músculos para manter o equilibrio, a través de reflexos vestíbulo-espiñales
Tracto vestíbulo-talámico
Ao tálamo, e de aí ao surco interparietal no córtex, que é a rexión responsable da sensación consciente de equilibrio e de vértigo
Fascículo lonxitudinal medial
- Cunha porción ascendente cara aos núcleos encargados dos movementos oculares (núcleo do nervio III/oculomotor, núcleo do nervio IV/troclear, núcleo do nervio VI/abducens) e unha porción descendente (músculos do pescozo)
- As imaxes mantéñense estabeis na retina (fóvea) aínda que nos movamos grazas aos reflexos vestíbulo-oculares
Causas das lesións vestibulares
- Enfermidades como infeccións no oído
- Alteración ou modificación do centro de gravidade
- Envellecemento das estruturas auditivas
- Movementos bruscos e inusuais
- Traumas na cabeza
- Doses fortes ou continuadas de antibióticos (tamén de aspirina, cafeína, alcol, nicotina, sedantes, tranquilizantes…)
Enfermidades vestibulares
- Nistagmo: movementos involuntarios e incontrolables dos ollos
- Vertixe: sensación de que os obxectos xiran ao redor da persoa. Pode ser obxectivo, cando percibe o xiro dos obxectos ao seu redor, ou subxectivo, se a persoa percibe o seu movemento respecto dos obxectos