T5 A visión: Retina, receptores, transducción Flashcards
Que é a retina?
É a capa onde se atopan as células receptoras e outras que son esenciais para a visión
Que é o punto cego?
É unha canle na retina pola que sae o nervio óptico e polo que pasa a vascularización do ollo. Nese punto non existen receptores
Que receptores precisan máis luz?
Os conos
Que é a mácula e en que partes se divide? De que se encarga o resto da retina?
É a zona da retina onde se atopa máis cooncentración de receptores. Ten fóvea, parafóvea e perifóvea.
O 95% restante da retina encárgase da visión periférica
Que fan as células ganglionares habitualmente e que fan na fóvea?
Cubren os receptores, e na fóvea, ábrense
Capas da retina
- Capa pigmentaria: pegada á parte interna do ollo. Receptores visuais.
- Capas intermedias: células bipolares, horizontais e amacrinas con diferentes funcións na elaboración da información visual.
- Capa máis interna: a que recibe a luz. Células ganglionares. Os seus axóns forman o nervio óptico
Funcións das diferentes células da retina
- Células receptoras, bipolares e ganglionares: procesado serial da información no seu camiño ao cerebro.
- Células horizontais e amacrinas, supoñen un procesamento en paralelo que permite, entre outras cousas, organizar os campos receptivos da retina.
Canles da vía visual
- Magnocelular: axóns de células ganglionares grandes. Serve para a visión acromática, visión nocturna e detección do movemento.
- Parvocelular: axóns de células ganglionares pequenas. Info de conos verdes e vermellos. Visión e cor e con alta resolución.
- Koniocelular: descuberta recentemente. Info de conos azuis relevantes para completar a visión tricromática
Coñécense todas as funcións da canle koniocelular?
Non. Só que leva info dos conos azuis relevantes para completar a visión tricromática. O resto de funcións son pouco coñecidas
Que outras células ganglionares se descubriron á marxe das tres canles xa coñecidas?
Células ganglionares que teñen a súa propia oxina (melanopsina), importante sobre todo para a indución do sono
Teñen o mesmo tamaño os campos receptivos de conos e bastóns? Que significa o tamaño do campo receptivo?
Non. Os campos receptivos das ganglionares que recollen a info dos bastóns son máis grandes. Isto significa que unha célula ganglionar recolle información de varios bastóns: varios bastóns comparten 1 ganglionar para levar a info ao cerebro. Por iso, info pouco detallada.
Os conos poden ter cadansúa célula ganglionar. Info moi detallada, campos receptivos cativos
Como funciona a transdución con respecto á dos demais sistemas sensoriais?
Vai ao revés. O receptor está sempre despolarizado en ausencia de luz (-40mV) e hiperpolariza cando a recibe (-70mV).
Que libera o receptor visual en ausencia de luz? Que ocorre?
Sen estímulos, libera continuamente glutamato (neuroinhibidor) sobre a célula bipolar “on”. Así, cando chega a luz, o receptor libera ese “bloqueo”, e deixa libre á célula bipolar para que poida enviar información do estímulo á célula ganglionar.
Describe os pasos do proceso de transdución
- Nun bastón, a luz descompón a rodopsina (fotopigmento) -> activa un sistema de segundo mensaxeiro
- Actívase proteína G -> liberación fosfodiesterasa de GMPc, que reduce os niveis de GMPc -> péchanse canles de Na+
De que é responsable o GMPc?
Mantén abertos os poros polos que entra Na+ no receptor