T5 A visión: info procesada Flashcards
De que dispoñen que células para a codificación da forma?
As células ganglionares contan con campos receptivos circulares concéntricos para a codificación da forma
Como é o centro dos campos receptivos da forma en comparación coa periferia? Que outra combinación existe de células on/off?
Centro: centro “on”. Cando chega a luz, excita a C. Ganglionar
Periferia: centro “off”. Cando chega luz, inhibe
Tamén hai outra combinación: a luz no centro inhibe, na periferia excita
Forma: Por que son imprescindibles as células bipolares on e off?
Para que haxa esa organización opoñente. Ese comportamento permite esaxerar os contrastes de luz que definen a forma dos obxectos
Forma: Como é diferente a reacción se hai estimulación luminosa parcial ou total no centro ou na periferia do campo?
A célula ganglionar codifica (escribe en PA) unha mensaxe distinta segundo o tipo de iluminación -> envía info á cortiza visual para que esta “constrúa” a percepción. As células do NXL tamén dispoñen de campos receptivos circulares concéntricos (no cortex serán distintos)
Bandas de Mach
Ilusión que ilustra o traballo dos campos receptivos: resaltar puntos de contraste no entorno.
A pesar de que en cada banda hai un só nivel de luminosidade, nos parece máis clara a zona que limita contra a barra escura que está ao lado, e nos parece máis escura a que limita cunha barra máis clara
Movemento: Que detectan as células corticais simples? E as células corticais complexas?
Detectan liñas conformadas por puntos dunha orientación determinada. As complexas actívanse cando esa liña se despraza (combinando información de varias células simples)
Movemento: Como son os campos receptivos das células simples?
Son máis complexos que os das células ganglionares ou as do NXL. Son rectangulares con áreas on ou off situadas de distinto xeito
Movemento: A que teoría deu lugar a complexidade dos campos receptivos das células simples?
Ás teorías da percepción visual da percepción visual a partir da combinación de trazos simples (Hubel e Wiesel)
Onde se constrúe a nosa percepción do movemento?
Na V5
Que é o que permite que os obxectos que se moven ao noso lado capten a nosa atención?
A existencia de detectores automáticos de movemento na parafóvea
Que é a frecuencia espacial?
É o número de eventos individuais que se dá nun espazo delimitado
Moitas das neuronas da ………… responden de formas diferentes ante frecuencias espaciais
V1
Calquera imaxe pódese descompoñer nas súas …………………
frecuencias espaciais
Movemento: que aportan as frecuencias moi baixas? E as baixas? E as altas? Como representan mellor a imaxe, por separado ou xuntas?
As moi baixas, texturas de fondo. As baixas, detalles grosos. As altas, detalles finos
Representan mellor a imaxe ao xuntarse
Que fai a V1 coas diferentes frecuencias espaciais? É un proceso complexo?
Analízaas para que máis tarde noutras zonas se poida facer unha representación completa delas.
Non é un proceso complexo xa que non fai falta moita información para que se leve a cabo
Profundidade: Cal é o principal factor para ter visión tridimensional? En qué casos, sobre todo?
A visión binocular en especie con visión frontal, sobre todo en imaxes próximas das que ambos ollos dan unha versión diferente.
Profundidade: Que outra vantaxe evolutiva tivo a visión binocular para moitas especies que nos precederon?
Como supuxo unha perda de gran parte do campo de visión, impulsou o desenvolvemento de condutas sociais para defenderse de depredadores ou inimigos, ou para cazar animais inabordables de xeito individual. A carencia empurra máis que a abundancia
Profundidade: Que outras claves son útiles para a visión tridimensional?
A experiencia sensorial: o tamaño relativo que manteñen imaxes coñecidas na retina; a perspectiva liñal, o xogo de sombras e claros, a nitidez, ou a aparente superposición entre obxectos distintos
A cor: Como somos os humanos segundo a nosa percepción da cor?
Tricromáticos
Que é necesario para ser tricromático como animal?
Ter un cerebro máis grande (máis capacidade computacional) grazas á abundancia de glucosa
Que dicía a teoría tricromática? É certa?
Dicía que o noso cerebro constrúe toda a paleta de cor que vemos a partir de só tres cores básicas. Non é certa, xa está superada
Como codifica o cerebro toda a ampla gama de cores que percibimos?
Apóiase na codificación de catro cores (azul, vermello, verde, amarelo) que funcionan nun sistema de pares opoñentes. Tamén será relevante contar cos niveis de activación relativos dos tres tipos de conos que temos
Os conos conflúen sobre as ………………………. organizando ………………………., neste caso de cores opoñentes
células ganglionares, campos receptivos
Cor: Cantas combinacións se poden facer no sistema de cores opoñentes?
- Collendo a ganglionar vermello-verde, esta activarase cando a luz vermella incide sobre o seu campo receptivo e inhibirase cando incida a luz verde.
- Ganglionar amarelo-azul: inhibirase cando se activen os conos azuis do seu campo receptivo
Cor: Como se forma a cuarta cor?
Fórmase porque o amarelo é capaz de estimular case por igual a conos verdes e vermellos e isto activa a célula ganglionar amarelo-azul.
Cor: Que efecto ten a activación dos conos verdes e vermellos á vez sobre a ganglionar vermello-verde?
Non ten efecto, porque ao ser o seu efecto de signo distinto, anúlanse
As células ganglionares codifican as ……………………….. e ………………………. mediante secuencias distintas de PA
propiedades de brillo, cor
Para que sirve exactamente o funcionamento por pares de cores? Como se explica mellor a nosa capacidade de discriminación de cores?
Para codificar a forma a partir de contrastes de cores, e só parcialmente a discriminación da nosa enorme paleta de cores.
O que mellor explica é o impacto relativo que cada cor do espectro visible ten sobre os tres tipos de conos