T1 Antecedentes históricos e modernidade Flashcards
Que é a neurociencia?
É unha disciplina encadrada na psicobioloxía que se encarga do estudo das bases biolóxicas da conduta
Que suxeitos e técnicas usa a neurociencia con maior frecuencia?
Animais e técnicas invasivas
Que teoría predominaba antes do Renacemento e a Idade Moderna? Por que se comezou a cuestionar?
A teoría dos espíritos animais. Cuestionouse grazas á observación e ás diseccións
En que século se unen psicoloxía e bioloxía?
No século XIX
Aristóteles
Perspectiva cardiocéntrica - o cerebro é un órgano sen importancia que só serve para arrefriar as paixóns do corazón. O corazón é a sé dos procesos mentais
Hipócrates
Pai da medicina.
Perspectiva cerebral - o cerebro é a sé de pensamentos e sentimentos
Herófilo
Teoría ventricular - localiza nos ventrículos as funcións mentais
Galeno
Recolleu a concepción hipocrática da función cerebral. Teoría dos espíritos animais: os nerviso constitúen tubes ocos polos que flúen os espíritos animais, dende o punto de orixe (ventrículos) até as vías sensoriais e motrices do organismo.
Perdurou 15 séculos
Nemesio de Emesa
Distinguiu ventrículos específicos para distintas funcións: ventrículo anterior (percepción), posterior (memoria), medio (intelecto).
Leonardo da Vinci
Debuxos anatómicos baseados na observación directa. Fixo con cera derretida un molde dos ventrículos cerebrais dun boi, e logo cortou o tecido para poñer ao descuberto a súa verdadeira forma
Andreas Vesalio
Engadiu máis detalles á estrutura do cerebro.
Primeiro Tratado de Anatomía: “De humani corporis fabrica” (s. XVI)
Descartes
Visión mecanicista da natureza e do ser humano.
Dualismo mecanicista: a mente e o corpo son dúas entidades independentes, pero a mente pode influir sobre o corpo (pero NON á inversa), inclinando a glándula pineal nunha dirección e facendo así que virta os espíritos animais aos diferentes nervios.
Luigi Galvani
Os nervios non son canles confluídos, senón condutores eléctricos. A información transmítese mediante a electricidade xerada directamente polo tecido orgánico.
Müller
Percibimos as mensaxes de diferentes nervios de modo diferente: TEORÍA DAS ENERXÍAS ESPECÍFICAS. A experiencia sensorial depende do tipo específico de fibras nerviosas que se activan.
Estimulou o estudo da localización das funcións cerebrais aplicando métodos experimentais