Enfoque Etolóxico do Desenvolvemento Flashcards
Cal é o obxecto de estudo da Etoloxía?
As constancias universais na conduta das especies (a humana incluída). De todos xeitos, a súa determinación de causas filoxenéticas da conduta só é especulativa
En que consiste a metodoloxía da etoloxía?
Na investigación do medio natural e a contrastación de hipóteses no laboratorio
Cal é o antecedente principal da etoloxía?
A teoría da evolución de Darwin
Que significa o término “ethos” en grego e que implica isto na definición da etoloxía?
Significa costume ou hábito. Estuda o comportamento instintivo propio de cada especie
Unha conduta é innata se cumpre que…
- É universal para a especie
- Aparece sen experiencia previa
- É estereotipada
- Está mínimamente influída polo entorno
Que factores buscan os etólogos para explicar a conduta?
Causalidade inmediata, desenvolvemento ontoxenético, causalidade evolutiva e valor funcional de adaptación de cara á supervivencia (consecuencias)
Patrón fixo de conduta o pauta de acción modal
Secuencia de accións motoras programadas xeneticamente que teñen valor funcional para a supervivencia da especie. Son activados por EDI e MDI, e nalgúns casos actúan durante un tempo concreto
Período crítico
Momento no que o organismo está preparado bioloxicamente para adquirir unha nova conduta; vólvese especialmente sensible a certos estímulos
Período sensible
Período de tempo no que hai unha mellor capacidade para facer determinados intercambios co ambiente. Non implica un período pechado vinculado a unha idade cronoloxica. Pódese facer o mesmo noutras etapas, pero nese período é máis doado
Ambiente
NON unha realidade diferenciada. Considerado ambiente de adaptación
Ambiente significativo
Característico de cada especie, anque máis dunha compartan espazo xeográfico
A que aplicou Bowlby os principios etolóxicos e cando?
Á psicoloxía infantil, nos anos 60
A teoróia de Bowlby é unha teoría de ………………….., que define o apego como ………………………
vínculos afectivos, un proceso primario
Segundo Bowlby, a necesidade afectiva é primaria ou secundaria?
Secundaria
Como se desenvolve no neno o apego pola nai?
A nai representa a satisfacción das súas necesidades biolóxicas dende un principio, polo que a súa figura queda asociada a esa satisfacción; secundariamente, vólvese necesaria e “amada”
Como funciona a coordinación e o vínculo afectivo nai-fillo?
Ambos teñen predisposicións biolóxicas que os levan á vinculación mutua. As características de adulto funcionan como estímulos desencadeantes no bebé, cuxas reaccións funcionan como desencadeantes no adulto, que lle presta atención. Estes comportamentos levan a unha vinculación que é imprescindible para a supervivencia da especie
Cal é a importancia do vínculo materno-filial para o fillo?
As expectativas da dispoñibilidade afectiva da nai afectará a outros aspectos da súa vida, así como o vínculo con ela, que perdura ao longo do tempo. Afecta a condutas posteriores como a búsqueda de proximidade, o emprego das figuras de apego para explorar, recorrencia en momentos de aflición, e sobre todo é un modelo para os apegos futuros
Principais figuras da etoloxía
Konrad Lorenz e Nikolas Tinbergen
¿Por qué se fan a maioría de investigacións en animais non humanos?
Porque somos unha ínfima parte do reino animal e resultado dun enorme proceso evolutivo
Causas dos cambios no desenvolvemento (tipos)
Inmediatas: se hai sede, fame…
Evolutivas: menos claras. Condutas que seguramente foron, nalgún momento, útiles para a supervivencia
Para a caza, a construción de trampas… Que causas lle atribúen os etólogos?
Tanto a causalidade inmediata como a evolutiva
Cualidades de case todas as condutas innatas
- Universais para a especie
- Responden a estímulos moi específicos: non precisan de experiencia
- Estereotipadas
- Minimamente influídas polo entorno
PAM de reprodución do peixe espinoso
Constrúe niño -> defende dos outros machos -> cortexa á femia pinchando cunha das súas espinas -> zigzag para guiala ó niño -> estremécese contra a cola dela -> liberación de ovos e de esperma
Interaccionismo
Posición dos etólogos, que cren que as condutas se explican pola interacción herencia + medio
Dous factores importantes na impronta filial
Estímulo signo: obxectos animados
Idade dos pequenos (período sensible)
Sociobioloxía
Estudo da conduta social dende unha perspectiva evolutiva
Os xenes segundo E. O. Wilson
Só actúan para a súa propia supervivencia a través das xeracións, pola selección natural
Os xenes na conduta social segundo Wilson
Fan o mesmo na conduta social que no resto de rasgos, só que non se sabe de todo como actúan exactamente neste caso
Exemplo da supervivencia dos xenes no individuo
Nai que arrisca a vida para salvar ao seu fillo (non puido ser selección natural porque non é unha conduta útil para a supervivencia)
Exemplos na sociedade da supervivencia dos xenes
Tabúes contra o incesto, asesinato, violencia…
Observacións de Bowlby
Os nenos que medraron en institucións teñen moitas dificultades para establecer vínculos afectivos, e el atribúeo á falta de apego cunha nai na infancia temperá (período sensible)
Método máis utilizado para observar a conduta infantil
Método de observación naturalista, de forma que non se interfira coas interacións sociais normais dos cativos