A teoría psicosexual de Freud (psicanálise) Flashcards
Métodos usados na práctica clínica de Freud
Hipnose, libre asociación de ideas, interpretación dos sonos
En que técnica e en que dúas teorías se basea a psicanálise (en teoría)?
Na técnica terapéutica, a teoría do psiquismo humano e a teoría psicopatolóxica
Segundo Freud, como se forma a personalidade e cal é a forza que dirixe as accións das persoas?
A personalidade fórmase polas experiencias temperás (irreversibles).
As persoas están dirixidas por instintos e conflitos inconscientes.
Define “pulsión”
Enerxía psíquica profunda que dirixe a acción cara a un fin (impulso inconsciente)
Chega a saciarse a pulsión?
Non, só ás veces se pode descargar temporalmente
Segundo a psicanálise freudiana, o desenvolvemento psíquico é o resultado da…
… circulación da pulsión: conflitos psíquicos e represión
Líbido
Pulsión sexual
Eros
Pulsión de vida
Tánatos
Pulsión de morte
En que tres partes divide Freud á mente?
Consciente, preconsciente, inconsciente
Consciente
Recolle o que pensamos e percibimos
Preconsciente
Sensacións e recordos inconscientes pero accesibles
Inconsciente
Contén as pulsións e todo o reprimido ao longo do desenvolvemento. Inaccesible
En que tres tipos divide Freud as formas de comportamento?
Id, Ego e Superego
Id
- Principio do pracer´
- Contén as pulsións e a enerxía psíquica que posibilita o funcionamento psicolóxico
- Aparece no nacemento
Ego
- Principio da realidade: tenta satisfacer ao Id dunha forma que sexa apropiada para o mundo externo
- Aparece gradualmente, á raíz dos límites que pon a realidade aos impulsos do Id
- Do Id toma a enerxía necesaria para as funcións psicolóxicas
- Ten contidos conscientes e inconscientes
- Nel operan os mecanismos de defensa para impedir a descarga das pulsións
Superego
- Principio do deber. Busca a perfección do suxeito inhibindo os desexos do Id
- Aparece pola interiorización dos valores e normas dos pais e da sociedade.
- Posúe: conciencia moral (capacidade crítica, autovaloración) e o ideal do ego (autoimaxe ideal polas condutas aprobadas e recompensadas)
Conflito psíquico
Xurde a partir da oposición entre Id, Ego e Superego, e entre pulsións, cuxo destino é a descarga ou a represión
Mecanismos de defensa
Úsaos o Ego para manexar os conflitos psíquicos
Represión
Mecanismo de defensa principal, específico da histeria. Relega ideas, recordos, desexos, ao inconsciente; o reprimido sintomatízase
Sublimación
Satisfai ás tres instancias. Expresa o impulso a través dun medio aceptable socialmente (p. ex. a arte)
Freud divide o desenvolvemento en etapas…
… psicosexuais
As etapas psicosexuais de Freud caracterízanse por…
- Unha zona predominante de obtención de pracer
- Un obxecto específico de satisfacción
- O conflito entre as pulsións e a realidade exterior
- A organización específica da personalidade
Etapas psicosexuais de Freud (enumerar)
Oral, anal, fálica, latencia, xenital
Etapa oral
0-1 anos
Zona eróxena: boca
Obxecto de satisfacción: o peito materno
Conflito: satisfacción-frustración
Etapa anal
1-3 anos
Zona eróxena: esfínteres
Obxecto de satisfacción: defecación
Conflito: autoridade-rebeldía (expulsión-retención)
Etapa fálica
3-6 anos
Zona eróxena: xenitais
Obxecto de satisfacción: proxenitor do sexo oposto
Conflito: complexo de Edipo/Electra (pulsións sexuais e de autoconservación), resolto co Superego
Etapa de latencia
6 anos - pubertade
Desexualización das relacións paterno-filiais e calma da líbido
Etapa xenital
Pubertade en adiante
Zona eróxena: xenitais
Obxecto de satisfacción: fóra do ámbito familiar
Segundo Freud, cal é a influencia da bioloxía e do ambiente no desenvolvemento?
O desenvolvemento está programado bioloxicamente, pero o ambiente pode desvialo da normalidade provocando fixacións ou regresións
Fixación
Estancamento nunha etapa pasada que debería estar superada. Líbido ligada a esta etapa por unha estimulación excesiva e prolongada ou por unha frustración prematura e brusca
Regresión
Volta a compoñentes propios de etapas anteriores. Estes compoñentes aparecen durante momentos estresantes da etapa na que está fixado
Fixacións da etapa oral
Alcoholismo e tabaquismo, morder as unllas, verborraxia ou mutismo, desordes alimenticios, tartamudez
Vías de sublimación da etapa oral
Estudo de idiomas, declamación e oratoria, cantar, bicar, rir
Fixacións na etapa anal
Limpeza ou suciedade esaxeradas, hostilidade, caracter desafiante e dominante, avaricia, pulcritude, terquedade
Vías de sublimación na etapa anal
Coleccionar obxectos, artes plásticas, pintura, modelar, traballos manuais
Fixacións na etapa fálica
Problemas sexuais (impotencia, frixidez…), condutas afeminadas ou varonís
Vías de sublimación na etapa fálica
Identidade adecuada co rol de xénero
Que aportacións principais fixo a teoría de Freud?
A valoración da infancia como etapa fundamental do desenvolvemento, unha forma de terapia (a cura pola palabra) e os mecanismos de defensa para manipular a realidade e os recordos
Que críticas principais recibe a teoría de Freud?
O complexo de Edipo, a angustia da castración, o énfase na sexualidade e a xeralización extrema a partir dos relatos dos seus pacientes