Enfoque do Procesamento da Información (constructivismo) Flashcards
Cal é a principal diferenza entre humanos e ordenadores a ter en conta?
Os humanos interactuamos uns con outros, adquirindo e exercitando capacidades cognitivas
Que mecanismos explica (e cales non) este enfoque?
Define os mecanismos explicativos (coñecementos, estratexias e control metacognitivo), pero non os de adquisición
Un punto en contra deste enfoque
Cada teoría limítase só a aspectos específicos do desenvolvemento infantil. Ningunha abarca tanto como a de Piaget
Cales son as etapas ou compoñentes do procesamento da información?
Estímulos (input), rexistro sensorial, MCP (memoria a curto prazo), MLP (memoria a longo prazo), resposta
Esquematiza o procesamento de información a través da MCP
Estímulo -> rexistro sensorial -> MCP -> resposta
Esquematiza o procesamento a través da MLP
Estímulo -> rexistro sensorial -> MCP -> MLP -> MCP -> resposta
Funcións da MCP
Procesos de control: Estratexias, toma de decisións, resolución de problemas
Funcións da MLP
Almacén permanente: memoria episódica e semántica
Dende o rexistro sensorial á MCP
Percepción
Dende a MCP á MLP
Aprendizaxe, almacenamento
Da MLP á MCP
Recuperación, activación dos recordos
Da MCP ao rexistro sensorial
Dirixir a atención
O desenvolvemento é provocado polos cambios no ………………. e o …………………
Hardware, software