A Teoría de Vigotsky (enfoque cultural-contextual) Flashcards
Implicacións educativas
- O que o alumno aprende cooperando con outros pode despois facelo autonomamente
- A ensinanza debe partir do nivel de desenvolvemento real e enfocarse cara ao desenvolvemento potencial
- O procesor debe dar apoio, e cada vez menos a medida que o alumno se fai máis competente
Como define Vigotsky a aprendizaxe?
Como a condición previa ao proceso de desenvolvemento. A aprendizaxe é a motora do mesmo
Liña natural
Evolución biolóxica das especies
Funcións psicolóxicas elementais: sensación, percepción, atención involuntaria
Liña cultural
Evolución cultural da especie humana
Funcións psicolóxicas superiores: linguaxe, pensamento verbal, formación de conceptos, memoria voluntaria
Como concibe Vigotsky o desenvolvemento?
Como unha síntese dos procesos da liña natural e a cultural, formando o desenvolvemento ontoxenético
Instrumentos
Son parte da liña cultura, conformando a esencia do ser humano. Poden ser materiais, para influír no mundo externo, ou psicolóxicos, para influír en nós mesmos e nos demais. Os instrumentos son produtos sociais e median toda a actividade humana
Por que supón a liña cultural unha ruptura na escala filoxenética?
Porque supón a intención de incidir sobre a realidade máis alén do que permiten a maduración orgánica e xenética
Instrumentos materiais
Ferramentas
Instrumentos psicolóxicos
Signos
Cal é a influencia dos signos sobre a conduta do suxeito?
Median sobre as funcións psicolóxicas superiores, permitindo ao suxeito regular a súa conduta de forma activa e consciente segundo o significado e interpretación que lle dea aos signos
Como se adquiren os signos e por que?
Por medio da interacción coas persoas. É a única forma debido ao seu carácter arbitrario
Cal é a orixe dos signos?
Teñen orixe social porque son produto da historia da humanidade
Lei da dobre formación das FPS (ou Lei xeral do desenvolvemento)
No desenvolvemento cultural do neno, toda función aparece dúas veces: primeiro, a nivel interpsicolóxico; despois, a nivel intrapsicolóxico
Zona de desenvolvemento próximo
A zona entre o nivel real do desenvolvemento e o nivel potencial do deesenvolvemento. É onde se realiza a transición
Nivel real de desenvolvemento
Capacidade de resolver un problema independentemente.
Determinado polo nivel de desenvolvemento do neno e a forma de instrución aplicada