A Teoría de Jean Piaget (perspectiva cognitivista) Flashcards
A teoría de Piaget concibe ao suxeito como…
Un organismo activo que constrúe o coñecemento
Cales son os catro principais problemas que presenta a teoría de Piaget?
- Infravalora as capacidades dos recén nados
- O método presenta problemas difíciles e instrucións verbais confusas
- O estadio operacional formal non é universal e depende dos contidos sobre o que se aplica
- Resta a importancia da interacción social
Cal era o obxectivo principal da obra de Piaget?
Descubrir a epistemoloxía xenética; averiguar como se constrúe e evoluciona o coñecemento e como se acada o coñecemento científico
Que método emprega Piaget como base empírica para conseguir o seu obxectivo?
A ontoxénese ou método psicoxenético
Como chamou á teoría que desenvolveu?
Teoría do desenvolvemento cognitivo ou Teoría operatoria da intelixencia
Como percibe Piaget a relación entre corpo e mente?
Afirma que hai continuidade funcional entre o organismo biolóxico e o organismo psicolóxico
Cal é, segundo Piaget, a forma superior de adaptación biolóxica?
A intelixencia
As dúas invariantes funcionais da intelixencia
Asimilación e acomodación
Asimilación
Transformación da realidade para incorporala aos esquemas de adaptación
Acomodación
Transformación dos esquemas para poder incorporar a realidade
Os esquemas poden ser…
Reflexos, de acción (estruturas sensoriomotoras), representativos (preoperacionais) e operacionais (estruturas operatorias concretas e formais)
Que é o que dá forma á estrutura cognoscitiva?
A complexidade e organización dos esquemas nun momento determinado
Estadios no desenvolvemento cognitivo
Sensoriomotor, preoperatorio, operatorio concreto, operatorio formal
Estadio sensoriomotor
0-2 anos
Inicia os esquemas reflexos (succión e prensión) e esquemas de acción
Intelixencia práctica
Estadio preoperatorio
2-7 anos
Aparecen esquemas representativos (capacidade representativa con función simbólica)
Pensamento intuitivo
Estadio operatorio concreto
7-11 anos
Aparecen esquemas operatorios e pensamento lóxico
Razoamentos sobre o real e concreto
Estadio operatorio formal
11 anos - …
Pensamento científico ou hipotético-deductivo
Razóase sobre o real e o posible
Que representa cada estadio?
Unha estrutura cognoscitiva de conxunto que determina a conduta do suxeito e a súa forma de afrontar problemas
Estado de equilibrio
Conséguese coa preparación e completación de cada estadio
Os factores explicativos do desenvolvemento
Maduración do sistema nervioso, experiencia cos obxectos (física e lóxico-matemática), experiencia social e equilibración
Equilibración
Equilibrio n -> desequilibrio -> acción -> reequilibrio -> equilibrio n+1 (maior ao anterior)
A teoría de Piaget é innatista ou empirista?
Ningunha de ambas: o coñecemento constrúese pola capacidade do propio suxeito para facelo; ten un papel activo. Os nenos aprenden explorando e construíndo o seu coñecemento
Implicacións educativas a nivel contidos
A teoría selecciona os contidos e axústaos ao nivel cognitivo dos alumnos
Implicacións educativas a nivel metodolóxico
Crea conflitos, contradicións e desequilibrios nos alumnos. Materiais didácticos para adquirir coñecementos a través da experiencia cos obxectos