Enfoque Condutual e Social da Aprendizaxe Flashcards
Segundo o condutismo, qué e o desenvolvemento?
É a suma das aprendizaxes (cambios cuantitativos) realizados ao longo da vida
Cal é, segundo o condutismo, o obxectivo da psicoloxía?
Predicir e explicar o comportamento
Que tipos de consecuencias hai no condicionamento operante?
Reforzadores positivos (estímulos apetitivos), reforzadores negativos (estímulos aversivos), e sen consecuencias
Que tipos de procedementos hai no condicionamento operante?
Presentación e retirada
Presentación de reforzadores positivos
Reforzamento positivo
Retirada de reforzadores positivos
Castigo por retirada
Presentación de reforzadores negativos
Castigo por presentación
Retirada de reforzadores negativos
Reforzamento negativo
Sen consecuencias
Extinción
Que dous tipos de reforzadores existen?
Intrínsecos e extrínsecos
Que dous tipos de reforzadores extrínsecos existen?
Primarios (innatos) e secundarios (adquiridos)
Cales serían exemplos de reforzadores extrínsecos secundarios?
Reforzadores materiais, sociais, actividades reforzantes, fichas ou puntos
Segundo Skinner, cales son os efectos negativos do castigo e por que non é tan eficiente?
- Non ensina a conduta apropiada, só elimina a inapropiada
- Crea adicción
- Un castigo severo pode provocar agresividade e/ou ansiedade
- Pode provocar a evitación da persoa á que se asocia
- Pode eliminar un tipo de conduta que é apropiada en ocasións
- O neno pode tomar a agresividade como modelo e imitala
Que tipos de programas de reforzo propón Skinner?
Reforzamento continuo e parcial; o parcial pode ser de razón (fixa ou variable) ou de intervalo (fixo ou variable)
Segundo Albert Bandura, que é o que nos diferencia dos animais?
Que somos seres cognitivos, polo que procesamos activamente a información, e reflexionamos sobre a relación entre as condutas e as súas consecuencias
Segundo Bandura, como aprendemos os humanos?
A partir de modelos; observando o comportamento doutras persoas
Que dous procesos implica a aprendizaxe humana a partir de modelos? Descríbeos
Procesos de adquisición: prestar atención, codificar e almacenar a información (reter a información simbólica)
Procesos de execución: poñer a conduta en práctica, a partir dunha motivación
Que se require a nivel de desenvolvemento para a aprendizaxe a partir de modelos? A partir de que idade é isto posible?
A capacidade de representación simbólica, que se adquire entre os 12 e os 18 meses
Autoeficacia
Ideas que temos sobre as propias habilidades, capacidades, vulnerabilidades, que inflúen nas nosas accións, o esforzo que poñemos e o éxito que temos
A partir de que se constrúe a autoeficacia?
A partir de experiencias diretas, da persuasión verbal e dos estados afectivos fisiolóxicos
Como concibe Bandura o desenvolvemento?
Como un proceso acumulativo de experiencias, no cal interveñen tamén procesos cognitivos internos, pois o suxeito é activo e a súa conduta é proposicional e intencional
Que significa que a conduta do individuo é proposicional e intencional?
Que está guiada por metas
Que diferencia á teoría de Bandura do resto das teorías da aprendizaxe?
Antes falábase dos nenos como receptores pasivos dos factores ambientais; Bandura defende o determinismo recíproco. Minimiza as influencias biollóxicas
Determinismo recíproco. En que consiste?
As características persoais e mais o ambiente determínanse mutuamente