conceptos restauración y siglo XIX Flashcards
Sistema de quenda
alternancia pacífica no goberno polo mutuo acordo entre as forzas monárquicas (Liberais e Conservadores) durante a Restauración borbónica. O sistema baseábase en que cando o partido gobernante sufrira un desgaste político a Coroa nomeaba como presidente do goberno ao xefe da oposición. Este convocaba novas eleccións para obter, mediante métodos caciquís, unha nova maioría parlamentaria.
Encasillado
proceso polo que o ministro de Gobernación coloca nas cuadrículas correspondentes a cada distrito electoral os nomes dos candidatos (ministeriais e da oposición) que o Goberno está disposto a tolerar. Este sistema implica complexas negociacións entre representantes do Goberno e as diferentes forzas políticas locais dentro do sistema da quenda durante a restauracións borbónica.
Caciquismo
práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, utilizando a maioría das veces o fraude electoral ou uso de favores persoais a cambio do apoio a un candidato oficial. Este sistema foi implantado de forma xeneralizada no ámbito rural. A palabra cacique é de orixe caribeño é significa xefe da tribu.
Pucherazo
método de manipulación electoral usado principalmente durante o período da restauración borbónica para permitir a alternancia pactada previamente entre o Partido Conservador e Partido Liberal, dentro do sistema de dominación política local (principalmente no rural) coñecido como caciquismo. Para levar a cabo a manipulación gardábanse as papeletas en “pucheros” que se engadían ou sacaban da urna.
Agrarismo
Movemento reivindicativo organizado de masas do campesinado galego a finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX. Ademáis de loitar contra o caciquismo, solucionar os problemas derivados do minifundismo e promover a renovación técnica do sector agrario galego, conseguiron que en 1926 de Primo de Rivera promulgase o decreto de redención de foros, o cal permitía aos campesiños convertirse en donos da terra que cultivaban.
Desamortización
consiste en poñer no mercado por parte do Estado, previa expropiación forzosa e mediante unha subasta pública, as terras e bens que ata entón non se podían enaxenar (vender, hipotecar ou ceder) e que se atopaban en mans mortas (Igrexa católica, baldíos e terras comunais dos concellos). As desamortizacións máis importantes foron a de Mendizábal ou eclesiástica (1836) ou a de Madoz (1854).
Ludismo
tamén denominada mecanoclastia. Primeira forma de manifestación obreira que se dá na primeira fase da revolución industrial consistente na destrución da maquinaria dentro dunha fábrica posto que esta quita postos de traballo. Uns dos exemplos máis destacados en España foi a destrución da fábrica de manufacturas da “Bonaplata” en Barcelona ou na fábrica de tabacos na Coruña.