conceptos guerra Á Transicion Flashcards

1
Q

Brigadas Internacionais

A

Unidades militares de voluntarios estranxeiros progresistas que participaron na Guerra Civil española apoiando á Segunda República. Procedentes de máis de 50 países de Europa e América, organizados a través dos partidos socialistas e comunistas dos seus respectivos países. Foron retiradas en outubro de 1938 pola presión internacional.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

FET das XONS

A

Siglas de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, a organización política creada por Franco en 1937 mediante o Decreto de Unificación que fusionaba o movemento tradicionalista carlista con formacións fascistas baixo a xefatura suprema de Franco, foi a única formación política autorizada durante o franquismo, sendo coñecida como Movemento Naciona

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

Lexión Cóndor

A

Denominación da forza de intervención alemá, fundamentalmente aérea, coa que o III Reich de Hitler apoiou ao bando sublevado franquista durante a Guerra Civil española. Foi clave e responsable de numerosos ataques a posicións republicanas e sobre a poboación civil, destacando os bombardeos de Madrid, Guernica e Barcelona.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

Nacional-catolicismo

A

denominación coas que se coñecen os sinais de identidade ideolóxica do franquismo dun exaltado nacionalismo. O franquismo defenderá que a vida política, social e cultural estivese sometida ás directrices da Igrexa católica. En contrapartida, a Igrexa converteuse en lexitimadora do réxime franquista. Este unión de intereses e mutuos apoios deu orixe ao que se coñece como nacionalcatolicismo español.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

Sindicato vertical

A

organización Sindical Española. Foi a única central sindical legal que existiu en España dende 1940 ata 1977 establecida pola Lei de Unidade Sindical (1940). Todos os traballadores e empresarios (coñecidos como produtores), estaban obrigados por lei a estar afiliados ao Sindicato Vertical. Tomou como referencia a organización sindical do fascismo italiano.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

Sección Feminina

A

creada en 1934 por Falanxe e presidida (ata a súa disolución en 1977) por Pilar Primo de Rivera potenciou o modelo feminino durante o franquismo caracterizado pola pasividade política e nula participación pública fomentando o labor da muller ao coidado da casa, á familia e aos servizos sociais.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

Contubernio de Múnic

A

termo dado polo réxime franquista á reunión celebrada en Múnic en 1962 do Congreso do Movemento Europeo, organizado por Salvador de Madariaga, onde participan membros da oposición antifranquista, tanto do interior como do exilio, na que se esixe que os países que queiran entrar en institucións europeas teñen que ter un réxime democrático ante o intento de España de entrar na CEE.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
8
Q

Plan de Estabilización

A

programa de reformas realizado por un equipo de ministros e de altos cargos técnicos (denominados tecnócratas) en 1959 co obxectivo de abandonar o modelo económico autárquico intervencionista da primeira etapa do franquista cara un modelo liberalizador que sentará as bases da nova etapa coñecida como desarrollismo económico.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
9
Q

Plataxunta

A

tamén denominada Coordinación Democrática. Organismo unitario de oposición á ditadura creado en marzo de 1976. Xurde da fusión da Xunta Democrática creada en 1974 polo PCE (dirixido por Santiago Carrillo) e da Plataforma de Converxencia Democrática (1975) integrada polo PSOE (de Felipe González), que agrupaban a outras organizacións . Os obxectivos básicos eran a amnistía, liberdade política e a convocatoria de cortes constituíntes.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
10
Q

Lei para a reforma política

A

instrumento legal para articular a transición dende as institucións da ditadura a unhas novas institucións democráticas. Foi elaborado por Torcuato Fernández de Miranda (presidente das últimas Cortes da ditadura) co respaldo da Coroa e do Goberno de Adolfo Suárez. Votado en Cortes e sometido a referéndum en 1976 serviu para facilitar a transición cara a democracia sen ruptura.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
11
Q

Pactos da Moncloa

A

acordo asinado en outubro de 1977 polos axentes sociais (partidos políticos, sindicatos e organizacións empresariais) no que se comprometía a establecer unha estratexia común para lograr a estabilidade do país mediante a consolidación da democracia, a redución da conflitividade social e a adopción de medidas para abordar a crise económica que se viña arrastrando dende 1973.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
12
Q

UCD

A

Unión de Centro Democrático. Partido político de centro dereita establecido por Adolfo Suárez, presidente do goberno, como unha coalición electoral formada en abril de 1977 de partidos liberais, democristiáns e socialdemócratas para concorrer ás primeiras elección democráticas. Gobernou España entre 1977 e 1982. Disolvouse en febreiro de 1983 tras o fracaso das eleccións de outubro de 1982

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly