conceptos bloque 3 Flashcards
Converso
Persoa que acepta unha crenza relixiosa ou ideoloxía diferente á que profesaba. Na España dos séculos XVI e XVII aplicábase especialmente aos musulmáns e xudeus que se convertían ao cristianismo, ben por convicción, ben por evitar persecucións. Isto agravou o odio popular contra estes novos cristiáns, acusados
de manter en segredo a súa fe. Moitos deles foron perseguidos por este motivo polo tribunal da Inquisición.
Grande armada
Nome que lle deu Felipe II á gran frota que armou en 1588 para invadir Inglaterra durante a guerra anglo-española (1585-1604). É máis coñecida comunmente co nome que lle deron despectivamente os ingleses como Armada invencible cando esta fracasou. A intencionalidade da invasión era controlar a política exterior inglesa no referente á piratería e a colaboración que esta tiña no conflito de Flandes.
Mourisco
denominación dada aos musulmáns convertidos ao cristianismo tras a pragmática dos Reis Católicos de 1502 tanto na coroa de Castela como a de Aragón. No reinado de Felipe II participarán na revolta das Alpujarras (1568-1571) para ser definitivamente expulsados en 1609 durante o reinado de Felipe III, por ser considerados pola poboación como aliados dos piratas berberiscos e turcos.
Terzos
Unidade militar de infantería, de ataque e defensa, formada por soldados profesionais, voluntarios ou de recrutamento, creada e sostida por los Habsburgo españois durante os séculos XVI e XVII. Creados por Carlos I en 1534, foron derrotados por primeira vez en Rocroi (1643). Loitaban combinando as armas brancas (picas, espadas) e as de fogo (arcabuces, mosquetes). Estaban distribuídos polos distintos reinos e provincias da Monarquía Hispánica, destacando, polo seu número e fama os Terzos de Flandres.
Unión de armas
Proxecto político elaborado en 1625 polo valido de Filipe IV, o conde duque de Olivares, no que propoñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos da Monarquía Hispánica en función da súa poboación e riqueza, que ata entón recaía unicamente sobre Castela. O proxecto suscitou unha forte oposición dos distintos reinos, celosos das súas prerrogativas forais, e fracasou pola rebelión de Cataluña e Portugal.
Valido
Secretario real ao que o soberano outorgaba a súa confianza e a dirección do goberno do reino. En España, como noutros reinos europeos, a privanza xeneralizouse no século XVII, cando os monarcas abandonaron o exercicio directo do goberno. Entre os validos destacaron o duques de Lerma no reinado de Filipe III, o conde duque de Olivares no de Filipe IV e Fernando de Valenzuela no de Carlos II.
Xuntas do Reino de Galicia
Institución creada no século XVI que actuaba como portavoz das sete provincias de Galicia e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia. Estaban formadas polos delegados (procuradores) dos concellos das cidades capitais das provincias. Non tiñan funcións de goberno pero podían conceder diñeiros ao monarca, ordenar levas militares, distribuir cargas fiscais ou enviar informes e peticións ao rei. Galicia non tivo voto nas cortes de Castela ata 1623.