conceptos primo de rivera etc Flashcards

1
Q

Rexeneracionismo

A

corrente intelectual, política e literaria de finais do XIX e principios do XX caracterizada polo análise dos males do país e a súa crítica aos vicios do sistema da Restauración como polo seu propósito de atoparlle remedio e de renovar e modernizar a vida política e económica de España. O representante máis destacado do rexeneracionismo foi o aragonés Joaquín Costa.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

Semana Tráxica de Barcelona

A

nome co que se coñece aos feitos violentos acontecidos en Barcelona nunha semana do verán de 1909 ante o decreto do goberno de Antonio Maura de mobilizar aos reservistas (a maioría pais de familia de clase obreira) á guerra de Marrocos. Os sindicatos convocaron unha folga xeral que paralizou a cidade durante unha semana. Reprimida duramente supuxo a caída do goberno de Maura.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

Desastre de Annual

A

importante derrota militar española producida na guerra colonial de Marrocos ante os rifeños comandados por Abd el-Krim en xullo de 1921 perto da localidade homónima. Esta derrota supuxo unha redefinición da política colonial e unha das máis graves crises do sistema da Restauración e foron causa directa do golpe de Estado e ditadura de Miguel Primo de Rivera.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

Expediente Picasso

A

informe redactado polo xeneral de división Juan Picasso que relata os feitos ocorridos na comandancia de Melilla no verán de 1921 durante o desastre de Annual. Ante a esixencia de depurar responsabilidades, abriuse unha investigación sobre o comportamento dos militares e difundiuse a sospeita de que detrás da acción do xeneral Silvestre estaba a acción do propio rei Alfonso XIII.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

Directorio Militar

A

primeira etapa da ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1925). Recibe o nome porque o directorio esta integrado exclusivamente por militares (oito xenerais e un contralmirante) presidido polo ditador. Tiña función de asesoramento en materia de goberno e na promulagación de decretos que tiñan forza de lei. Substituído en 1925 por un directorio integrado por militares e civís (directorio civil).

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

Unión Patriótica

A

agrupación creada en 1924 por Miguel Primo de Rivera durante a ditadura. Esta asociación oscilou entre un movemento de apoio e propaganda á ditadura sen un significado político concreto, e o partido único do novo réxime que pretendía ter certas semellanzas co fascismo italiano.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

Pacto de San Sebastián

A

reunión realizada nesta cidade en agosto de 1930 por políticos republicanas, antigos monárquicos, nacionalistas e socialistas na que se comprometeron a derrocar á monarquía e establecer unha república parlamentaria; garantir a liberdade política e relixiosa; convocar eleccións constituíntes e abrir a posibilidade da autonomía política das rexións.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly