conceptos bloque 1 Flashcards

1
Q

Economía predadora

A

Modo de vida caracteristico do Paleolitico, propio de sociedades que non producen alimentos e basean a súa supervivencia na caza, na pesca e na recoleccion de froitos. En Atapuerca atopáronse pedras talladas e pinturas rupestres en Altamira. Tiñan escasa diferenciación social.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

Megalitismo

A

Expresión cultural que xorde no Neolítico, caracterizada polas construcións arquitectónicas feitas con grandes bloques de pedra (megálitos). As principais construcións son os enterramentos colectivos (dolmen, anta , mámoa) o menhir e o cromlech. Desenvólvese no Mediterráneo e na Europa atlántica.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

Castro

A

Poboado fortificado prerromano abundante na Meseta norte e no noroeste peninsular, de forma redondeada con murallas, parapetos, terrapléns e foxos, que dá nome á cultura castrexa. Desenvolvéronse entre a Idade de Ferro sobre un substrato indíxena de fins do Bronce, chegando ata a Idade Media.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

Guerras cántabras

A

Enfrontamentos bélicos entre os romanos e os pobos do norte peninsular (cántabros, ástures e galaicos) que supuxeron a finalización da conquista romana da península ibérica. Tiveron lugar entre os anos 29 e 19 a.C. e estiveron dirixidas polo emperador Augusto. A lexendaria batalla de Monte Medulio (ano 25 a.C.) puxo fin á resistencia dos galaicos.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

Bárbaros

A

Termo pexorativo co que os romanos designaban os pobos que vivían fóra das fronteiras do Imperio e non tiñan a cultura e a lingua romanas. Considerados extranxeiros (godos, vándalos, suevos), ameazaban as fronteiras romanas con incursións . Aproveitaron a debilidade económica e militar a partir da crise do século III para entrar nos seus territorios, poñendo fin ao Imperio romano de Occidente en 476.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

Conventus

A

No imperio romano inicialmente eran asembleas de romanos e indíxenas que evolucionaron ata converterse en unidades administrativas e xurídicas para a recadación de impostos e o recrutamento de tropas Unha cidade actuaba como capital do conventus e dáballe nome. Así, a provincia de Gallaecia estaba integrada polo conventus lucensis, o conventus asturicense e o bracarense .

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

Aula regia

A

Organismo político que asesoraba ao monarca nos asuntos políticos, militares, lexislativos e xudiciais do reino visigodo de Toledo. Nos seus comezos estaba formada por servidores do rei, nobres e bispos. Tendo en conta que a monarquía era electiva, a función deste organismo era fundamental porque tamén interviña na designación dos monarcas

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly