conceptos bloque 4 Flashcards
Antigo Réxime
denominación empregada polos revolucionarios franceses para referirse ao sistema político (absolutismo) e ao modelo de sociedade (estamental) existente no seu país antes de 1789; por extensión os historiadores empregan ese nome para cualificar os trazos característicos da Idade Moderna (f.XV-XVIII). É o contrario do Novo Réxime (Estado Liberal).
Castastro de Ensenada
primeiro censo moderno do reino de Castilla (excluíndo as provincias forais) sobre a poboación e propiedade (catastro) entre 1750 e 1753. O Secretario de Despacho de Fernando VI, marques da Ensenada, pretendía reformar a facenda suprimindo os impostos tradicionais por unha contribución única sobre o patrimonio. Non se aplicou posto que foi rexeitado pola nobreza.
Decretos de Nova Planta
conxunto decretos promulgados entre 1707 e 1716, polo rei Felipe V, polos cales quedaron abolidas as leis e institucións dos reinos da Coroa de Aragón (Aragón, Valencia, Cataluña e Mallorca), como consecuencia do apoio que tiveron estes territorios ao candidato de Austria na guerra de Sucesión e polo intento de centralizar administrativamente o Estado, agás en Navarra e Vascongadas que apoiaron a Felipe V.
Despotismo Ilustrado
medidas implantadas por monarcas europeos, entre eles Carlos III en España, que pretendían reformar a administración, a economía e o desenvolvemento educativo e cultural do pobo sen alterar as bases sociais (sociedade estamental) e políticas (absolutismo) do Antigo Réxime. Pretende facer unha síntese entre o absolutismo e as novas ideas da Ilustración, expresada no lema “todo para o pobo pero sin o pobo”.
Motín de Esquilache
revolta popular producida en Madrid en 1766 contra as medidas promulgadas polo ministro de Carlos III de orixe italiano que pretendían mellorar a orde pública e a seguridade na capital. Entre elas estaba a supresión da capa longa e o chambergo. Tras as revoltas hai unhas causas profundas: crise de subsistencia e a oposición ás medidas reformistas da coroa por parte da nobreza e o clero.
Paz de Utrecht
paz que pon fin á guerra de sucesión española no contexto internacional despois da firma dos tratados de Utrecht (1713) e Rastatt (1714) entre os estados antagonistas, España e Francia, por un lado e Gran Bretaña e Países Baixos, por outro. Os estados rivais na guerra recoñecen a Felipe V de Borbón como rei de España a cambio de numerosas perdas territoriais en Europa e comerciais en América.
Regalismo borbónico
doutrina política e xurídica que afirmaba a superioridade da autoridade dos reis sobre a Igrexa do territorio sobre o que reinaban; busca crear unha Igrexa sometida ao rei, influindo no nomeamento ou elección dos titulares dos altos cargos eclesiásticos, así como autorizar a publicación dos escritos papais no propio reino. A medida máis radical foi a expulsión dos xesuitas e a confiscacións dos seus bens en 1767.