tema 9 Flashcards
ASCENSO DOS TOTALITARISMOS E CRISE DAS DEMOCRACIAS
En que situación se atopaban economicamente os EEUU trala 1ªGM*?
*primeira guerra mundial
A crise económica
Nunha boa situación, xa que as nacións europeas estaban endebedadas con EEUU trala guerra e, ademais, as súas empresas eran as 1ªs exportadoras mundiais.
ASCENSO DOS TOTALITARISMOS E CRISE DAS DEMOCRACIAS
Que consecuencia ten o éxito das empresas norteamericanas (1)? Que fai a xente entón (2)? Que risco supón (3)?
A crise económica
- Sube a cotización das accións desas empresas.
- Compran accións desemfrenadamente coa intención de vendelas tempo despois para sacar un beneficio.
- Que moita xente endebédase cos bancos para comprar accións, confiando no éxito desas empresas, o cal tamén é un risco xa que esas empresas poden entrar en declive/deixar de ser exitosas.
ASCENSO DOS TOTALITARISMOS E CRISE DAS DEMOCRACIAS
Cando comeza a percibirse a irrealidade da situación trala 1ªGM?
A crise económica
Cando Europa se recupera e deixa de mercar tabta produción das empresas norteamericanas como levaba facendo anteriormente.
ASCENSO DOS TOTALITARISMOS E CRISE DAS DEMOCRACIAS
Que consecuencia ten a recuperación de Europa trala 1ªGM na xente inversora americana?
A crise económica
Esta xente (os accionistas) corre a vender as súas accións canto antes, provocando a caída en picado do seu valor.
ASCENSO DOS TOTALITARISMOS E CRISE DAS DEMOCRACIAS
Que consecuencia ten a ruína dos accionistas? (Explica a secuencia)
A crise económica
Ruína dos accionistas que están endebedados cos bancos, os cales quedan sen diñeiro e xa non fan préstamos. As empresas xa non venden porque a xente está na ruína, polo que os produtos que non se venden perden o seu valor, co cal as empresas pechan e a xente queda no paro.
ASCENSO DOS TOTALITARISMOS E CRISE DAS DEMOCRACIAS
Que consecuencia ten en Europa a falta de liquidez dos bancos norteamericanos?
A crise económica
Estos bancos reclaman os seus préstamos aos bancos e empresas europeas, co cal, estes perden os seu diñeiro e se repite a situación dos EEUU.
ASCENSO DOS TOTALITARISMOS E CRISE DAS DEMOCRACIAS
Que consecuencia política ten esta crise económica?
A crise económica
A ruína da xente provoca desesperación e isto favorece ao xurdimento/auxe de ideoloxías radicais totalitarias que acusan ás democracias capitalistas de provocar a ruína da xente.
ASCENSO DOS TOTALITARISMOS E CRISE DAS DEMOCRACIAS
Que camiño político tomarán as novas nacións que xorden trala 1ªGM (1)? Que perigos atoparán as democracias europeas (2)?
Auxe e caída de democracia
- Seguen o modelo democrático característico das nacións vencedoras da guerra (1ªGM).
- Os extremistas, tanto de esquerda como de dereita.
ASCENSO DOS TOTALITARISMOS E CRISE DAS DEMOCRACIAS
Cando comeza a cambiar o panorama político europeo? Pon exemplos.
Auxe e caída de democracia
Nos anos 20 coas ditaduras de España (Primo de Rivera) e Italia (Mussolini); e despois, nos anos 30, as ditaduras da Europa Oriental, sobretodo a ditadura alemá.
O FASCISMO
De onde procede o termo “fascismo”?
Principais características do fascismo
Provén do termo “fasces”, cuxo símbolo eran unhas varas de madeira que representaban a autoridade.
O FASCISMO
Nomea e explica (brevemente) os principios ideolóxicos do fascismo.
Principais características do fascismo
- Nacionalismo: deriva dun resentimento.
- Antiparlamentarismo: as democracias son vistas como sistemas inútiles na crise.
- Totalitarismo: o Estado o controla todo e nega as liberdades individuais.
- Irracionalismo: primacía dos sentimentos por enriba da razón.
- Crenza nun lider: confianza nunha persoa carismática, sanadora e infalible.
O FASCISMO
Por que o nacionalismo italiano e alemán se extreman?
Principais características do fascismo
En Italia porque esta se sinte maltratada como nación vencedora no reparto de territorios (quere a costa Adriática); e Alemaña polos castigos no Tratado de Versalles.
O FASCISMO
En que deriva todo nacionalismo extremo (1)? En quen pensas que queda personificado o Totalitarismo e porque (2)?
Principais características do fascismo
- Deriva en imperialismo de belicismo.
- Na crenza de que un lider reuna tódolos poderes de Estado.
O FASCISMO
Que entendes por “crise moral” (1)? Por que falamos de crise moral na Italia da posguerra (2)?
Italia trala guerra
- Decepción dun país e os seus habitantes por confiar nuns valores que o sistema traiciona.
- Porque Italia síntese maltratada como nación nas negociacións de paz; e os exocmbatentes/veterabos sinten o mesmo, xa que o goberno non lles da traballo.
O FASCISMO
Por que hai tensión social en Italia (1)? Por que hai unha crise política en Italia (2)?
Italia trala guerra
- Porque hai moito paro e baixadas de salario.
- Porque ningún partido ten votos suficientes para gobernar en solitario e precisa da coalición con outros, pero estas coalicións rompen e hai que convocar novas eleccións.
O FASCISMO
Define Mussolini (1). Define “camisas negras” (2).
Irrupción de Mussolini
- Antigo socialista italiano que crea os Fasci Italiani di Combatimento e instaura unha ditadura fascista en Italia.
- Grupo paramilitar* fascista italiano creado por Mussolini.
*actúa como se fose militar
O FASCISMO
Como fai Mussolini para desenvolver a ideoloxía fascista (1)? Como actúan os camisas negras (2)?
Irrupción de Mussolini
- Mestura ideoloxías, colle ideas de esquerda (reformismo social*) e de dereita (nacionalismo/ sentimentalismo patriótico).
- Organizándose en escuadróns e enfrontándose a socialistas e comunistas, desactivando as súas folgas.
*cambios a favor dos obreiros
O FASCISMO
Como é recibido o fascismo na Italia dos anos 20 (1)? En que se materializa politicamente o movemento fascista (2)?
Irrupción de Mussolini
- É ben recibido por parte das clases altas e medias italianas (os patróns das fábricas simpatizan coas accións dos camisas negras).
- Na creación do Partido Nacional Fascista.
O FASCISMO
Cal é o movemento máis arriscado que fai Mussolini (1)? Que foi a “Marcha sobre Roma” (2)?
Mussolini accede ao poder
- A “Marcha sobre Roma”.
- A convocatoria dunha movilización masiba de camisas negras cara Roma coa intención de tomar o poder pola forza.
O FASCISMO
Cal é o factor que favorece a Mussolini nese momento tan arriscado?
Mussolini accede ao poder
O comportamento do rei Victor Manuel III que impide ao goberno o apresar a Mussolini. Como cansecuencia o gobero dimite e o rei enche ese vacío nomeando a Mussolini primer ministro de Italia.
O FASCISMO
Que fai Mussolini unha vez que obtén o poder en Italia?
Mussolini accede ao poder
Aparenta respetar a democracia pero saca unha lei aprobada no Parlamento que lle otorga plenos poderes.
O FASCISMO
Cando consolida Mussolini o seu poder (1)? Quen denuncia esta situación e que pasará (2)?
Mussolini accede ao poder
- Cando vence nas eleccións comvocadas por el, obtendo maioría.
- O deputado socialista Matteotti, acusando a Mussolini de paracticar fraude elcetoral. Matteotti será asasinado.
O FASCISMO
En que aspectos vese que Italia é xa unha ditadura (1)? En que se ve o totalitarismo fascista a nivel popular (2)?
A Ditadura Fascista
- Ilegaliza partidos e sindicatos, e aplica a censura de prensa.
- No adputrinamento dos nenos en organizacións xuvenís (“balillas”) e na fascistozación do deporte.
O FASCISMO
Que aspecto nacionalista emprega Mussolini para resaltar a Italia e á súa persoa?
A Ditadura Fascista
Volve a mirada cara a Antiga Roma coa intención de facer de Italia un novo Imperio Romano no que el sería un novo César (opta por ser chamado “Duce”).
O FASCISMO
En que se traduce o nacionalismo na política exterior italiana?
A obra do fascismo
Na conquista de Etiopía.
O FASCISMO
Cal é o principio económico que guía a Italia (1)? En que consiste (2)?
A obra do fascismo
- A autarquía.
- Na autosuficiencia económica (restricción das importacións).
O FASCISMO
Que fai o fascismo no aspecto económico de cara a gañar máis apoio en Italia (1)? Que consecuencia ten isto (2)?
A obra do fascismo
- Créanse miles de postos de traballo na construción de obras públicas (autoestradas, túneles, pontes, etc).
- Causa o endebedamento do Estado para poder financiar todas estas construcións.
O FASCISMO
Que fai o fascismo no aspecto social de cara a gañar máis apoio en Italia?
A obra do fascismo
Fai unha lexislación a favor dos obreiros (seguridade social, vacacións pagas, etc), co fin de loograr unha boa relación entre patronos e obreiros (Estado Corporativo).
O FASCISMO
Que foi o Tratado de Letrán e cales son os seus contidos?
A obra do fascismo
O acordo entre o Estado Fascista e a Igrexa Católica Italiana, para mellorar a súa relación.
Contidos: creación do Vaticano, financiación da Igrexa e partipación desta no ensino.
O NAZISMO
Que sistema político era o de Alemaña tralo fin da 1ªGM (1)? Que problemas políticos ten a República (2)?
República de Weimar alemá
- Unha República con capital en Weimar.
- Os ataques da extrema esquerda e da extrema dereita.
O NAZISMO
Como é a extrema esquerda alemá nos primeiros anos da República (1)? E como é a extrema dereita alemá nos primeiros anos da República (2)?
República de Weimar alemá
- Estaba organixada no movemento espartaquista e intentou unha revoluvión (estilo bolxevique) que non foi exitosa, os supervivintes do fracaso crearán o Partido Comunista Alemán.
- Está xestándose o Partido Nazi..
O NAZISMO
Que problemas económicos tan a República de Weimar?
República de Weimar alemá
A hiperinflación causada polas multas que tiña que pagar Alemaña por disposición do Tratado de Versalles.
O NAZISMO
Que veñen a significar as siglas NSDAP (1)? Con que nome máis sinxelo se lle coñece (2)?
Hitler e o Nazismo
- Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns.
- Partido Nazi.
O NAZISMO
Que sucede en 1921 no NSDAP (1)? Cal é o movemento máis arriscado que fai Hitler nese momento (2)? Que ven sendo iso (3)?
Hitler e o Nazismo
- Hitler faise lider do partido.
- “O Putsch de Munich”.
- É un intento de golpe de Estado por parte do Partido Nazi.
O NAZISMO
Que consecuencia ten o fracaso do Putsch de Munich (1)? Que ideas contén o Main Kampf (2)?
Hitler e o Nazismo
- Hitler é detido e na cárcere escribe o “Main Kampf”.
- .
* Nacionalismo (rexeite do Tratado de Versalles).
* Racismo (superioridadeda raza aria).
* Antisemitismo (odio aos xudeus).
* Expansionismo (necesidade de “espazo vital”)
* Desprezo pola democracia e o comunismo.
O NAZISMO
Que pasará con Hitler ao saír do cárcere (1)? Cal é a formación paramilitar que acompaña ao partido nazi e para que serve (2)?
Hitler e o Nazismo
- Recuperará a xefatura do Partido Nazi.
- As S.A. (Seccións de Asalto) (“camisas marróns”), serve para empregar violencia contra os sectores de esquerda.
O NAZISMO
Que consecuencia teñen as accións das S.A. que benefician ao partido nazi?
Hitler e o Nazismo
Que o sei enfrontamento cos sectores marxistas/bolxeviques/comunistas provoca as simpatías dos sectores antimarxistas da sociedade (clases medias, burguesía, campesiñado e patronos da gran industria).
O NAZISMO
Cando se pode apreciar a forza do Partido Nazi nos anos 30 e que consecuencia ten esta vitoria (1)? Como lle vai a Hitler unha vez que é chanceler (2)?
Ascenso de Hitler ao poder
- Cando gaña as eleccións de 1932, Hitler é nomeado chanceler dun goberno de coalición en 1933.
- Vaille ben porque cada vez ten máis apoios (destaca o apoio das familias Thyssen e Krupp).
O NAZISMO
Que planea Hitler para consolidar o poder do partido nazi en Alemaña nese momento (1)? Que sucede durante a campaña electoral de 1933 e como aproveita Hitler este suceso (2)?
Ascenso de Hitler ao poder
- Convocar novas eleccións coa intención de formar un goberno exclusivamente do Partido Nazi co permiso de Hindemburg, o Presidente da República.
- O incendio do Reichstag (Parlamento alemán), bota a culpa aos comunistas e declara que Alemaña está en peligro de sufrir unha revolución, polo que aplica un Decretp que suprime dereitos e liberdades e lle da maior poder a Hitler.
O NAZISMO
Que resultados saen das eleccións de 1933 (1)? Como fai Hitler para seguir de chanceler (2)?
Ascenso de Hitler ao poder
- .
* Partido Nazi: 47% dos votos.
* Socialistas e Comunistas: 30%.
* O resto dos Partidos: 23%. - Pacta co Partido de Centro Católico para formar goberno.
O NAZISMO
Que fai Hitler para consolidar un poder absoluto en Alemaña nese momento tras pactar co Partido de Centro Católico (1)? En que se convirten Hitler e Alemaña a partir dese momento (2)?
Ascenso de Hitler ao poder
- Crea unha lei que lle aporta plenos poderes que será aprobada no Parlamento, a Lei Habitante. Ademáis elimina calquera disidencia asasinando aos líderes das S.A. (Ernst Röhm) na Noite dos coitelos longos.
- En Führer (ou Reichführer) e no III Reich (3º imperio alemán).
O NAZISMO
En que se ve que a Lei Habilitante é unha lei ditatorial?
Ascenso de Hitler ao poder
Porque ilegaliza a tódolos os partidos políticos salvo o Partido Nazi.
O NAZISMO
Donde comeza a verse a nazificación de Alemaña (1)? Cando comeza a verse a represión en Alemaña (2)? Quen se encarga das labores represivas (3)? Que entendemos no contexto alemán por “antisemitismo” (4)?
Ditadura Nazi
- En que toda a administración eñ depurada e controlada polo Partido Nazi.
- Cando comezan a construirse campos de concentración para presos políticos.
- A Gestapo (a policía secreta) e as S.S. (policía miltar).
- Enténdese como antixudaismo.
O NAZISMO
PREGUNTA LONGA
Explica o proceso de persecución da comunidade xudía?
Ditadura Nazi
1) boicot aos seus negocios.
2) expulsión dos seus postos de traballo (os que traballan en administración, etc.).
3) leis de Nüremberg: prohibición dos matrimonios mixtos.
4) obrígase aos xudeus a levar a estrela de David.
5) na “Noite dos cristais rotos” arderon centos de shagogas (templos xudeus) e nogocios xudeus.
6) aprésase a tódolos xudeus nos territorios do Reich.
7) extermínase a tódolos xudeus dos territorios do Reich (os nazis o chaman “Solución Final” e os xudeus “Shoa” ou “Holocausto”).
O NAZISMO
Onde se aprecia a nazificación de Alemaña a nivel popular?
O control da sociedade
Sobretodo na creación da prganizacións paramilitares para os mozos (e mozas) chamadas “xuventudes hitlerianas”, onde se lles adoutrina, e tamén na creación dun único sindicato para os tranalladores chamado “Fonte do Traballo” (sindicatp nazi).
O NAZISMO
Que principio económico guía á Alemaña nazi (1)? En que se parece a política económica de Hitler á de Mussolini (2)? Cal é a obsesión de Hitler no aspecto económico (3)?
O control da sociedade
- A autarquía.
- Na aplicación da autarquía e na construción de obra públicas.
- Fortalecer a industria peasada, porque dentro dela destaca a industria de armamento que el quere controlar para armar a Alemaña (pensa na guerra e orienta a economía a ela).
O NAZISMO
Quen era Goebbles e que importancia tivo (1)? Quen era Leni Riefensthal (2)?
O control da sociedade
- O ministro de propaganda de Hitler que logrou facer popular á doutrina nazi e sacaou propaganda do nazismo.
- Unha cineasta que filmou as obras onde se ve representada a influencia do nazismo sobre os Xogos Olímpicos de Berlín e as concentración Partido Nazi en Nüremberg.