tema 3 Flashcards
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Quenes se reúnen no Congreso de Viena (1)?
E que características teñen todas estas potencia en común (2)?
E con que fin se reunen (3)?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
- Os vencedores de Napoleón.
- Son monarquías absolutas (excepto G.B).
- Para facer un novo mapa de Europa con novas fronteiras (o mapa fora alterado por Npoleón) e defender o sistema absolutista.
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Por que dicimos que a defensa do absolutismo é feita “con precaución” (1)?
E en que lugar vemos esta precaución (2)?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
- Porque, xa que as ideas revolucionarias seguían presentes, os reis absolutistas non queren provocar novas revolucións aplicando leis demasiado absolutistas.
- Na Francia do novo rei, Luis XVIII, que, aínda que é absolutista, mantén algunhas normas liberais (por exemplo: mantén leis napoleónicas de carater liberal, outorga unha Constitución a Francia*, e manten a expropiación dos bens da Igrexa).
*aínda que as Constitucións as fan os parlamentos e non unha soa persoa, considérase un xesto por parte do rei
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Nomea as pontencias presentes no Congreso de Viena (1) e di a razón pola que se invitou a países que non eran potencias a Viena (2):
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
- Austria, Prusia, Rusia, G.B., e máis tarde se incorpora Francia.
- Porque son países que axudaron a derrotar a Napoleón, pero non se lles ten tanto en conta por non ser potencias (España, Suecia, Portugal…).
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Define “resolucións territoriais”:
Remodelacións do mapa de Europa, que fora desfeito por Napoleón, pero con cambios de fronteiras onde as potencias colleron máis territorios.
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Territorios controlados por Austria:
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
Norte de Italia (Lomabrdía, Venecia), Centro de Italia (Parma, Módena, Toscana), e a costa adriática (Dalmacia).
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Que é o Reino das dúas Sicilias e quen manda alí (1)?
Que son os Estados Ponticios e quen manda alí (2)?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
- O sur de Italia, gobernado por unha rama da familia dos Borbóns española.
- Os territorios centrais de Italia, gobernados polo Papa.
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Que anexiona Rusia?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
Finlandia, Besarabia e Polonia.
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Que anexiona Prusia?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
Brandemburgo, Pomerania e Westfalia.
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Que anexiona Suecia?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
Noruega
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Que anexiona Dinamarca?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
Holstein
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Que fará Holanda?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
Ponse ao mando do Reino dos Países Baixos (no que tamén están Bélxica e Luxemburgo).
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Que é a Confedaración Xermánica (1)? E por que a Dieta* ten pouco poder (2)?
*Parlamento da Confederación Xermánica
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
- Unha débil unión formada por 41 estados alemáns.
- Porque Austria e Prusia, que forman parte desta confederación, non respetan o Parlamento (Prusia e Austria son os estados máis fortes da confederación).
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Como deciden as potencias (vencedoras de Napoleón) forxar o seu compromiso de unión?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
A partir do Congreso de Viena, acordan reunirse periódicamente noutros congresos.
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Que monarcas están presentes na reunión de París (1)? Por que G.B. está tan interesada nesas reunións entre absolutistas (2)?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
- Alejandro I de Rusia, Francisco I de Austria e Federico II de Prusia.
- Aínda que G.B. non é absolutista interésalle saber do que se fala para vixiar que ningún país se faga moi forte.
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Cal é a decisión máis importante tomada na reunión de París (1)? Que era isto (2)? Cal foi o ideólogo deste sistema (3)?
Congreso de Viena (Resolucións territoriais e políticas
- A creación da Santa Alianza.
- Un sistema defensivo do absolutismo para intervir militarmente en calquera país que se vexa ameazado por unha revolución liberal.
- O chanceler austríaco, Matternich.
RESTAURACIÓN DE EUROPA
2 ideoloxías que se opoñen a todo o que se dispuxo dende Viena (1)? Por que o liberalismo se opón (2)? Por que o nacionalismo se opón (3)?
Movementos revolucionarios 1820
- Liberalismo e nacionalismo.
- Porque é oposto aos dictados políticos do Congreso de Viena, que defende o absolutismo.
- Porque é oposto aos dictados territoriais do Congreso de Viena, xa que as grandes potencias controlan territorios onde existen aspiracións nacionalistas.
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Cal foi o mellor exemplo de efectividade da Santa Alianza? Explíca o que pasou.
Movementos revolucionarios 1820
No Congreso de Verona decídese que a Santa Alianza interveña en España para acabar cos liberais españois, que obrigan a Fernando VII a converterse nun monarca constitucional. Envían a España un exército Francés chamadp** “Os cen mil fillos de San Luís”**, que derrota aos liberais e repón a Fernando VII como monarca absolutista.
(non fai falta que sexa exactamente igual a resposta)
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Que outro exemplo de revolta liberal acontece 1820 (1)? Resultado (2)
E o exemplo de revolución nacionalista en 1820 (3)? Resultado (4)
Movementos revolucionarios 1820
- A revolta do xeral Pepe en Nápoles contra os Boróns.
- Fracasa.
- A revolta de Grecia para liberarse do Imperio Turco.
- Triunfan os gregos, que se converten nun estado independente.
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Nomea 4 países onde estala a revolución en 1830 e anota o carácter de cada unha (1), cal deles ten algo diferente ás demáis e por que (2)?
Movementos revolucionarios 1830
- España (revolución liberal)
- Bélxica (revolución nacionalista)
- Francia (revolución liberal)
- Polonia (revolución nacionalista)
- A de Polonia, porque é a única revolución nacionalista que non triunfou (de feito é a única das 4 que non triunfa).
RESTAURACIÓN DE EUROPA
Que pasou en Francia (1), Bélxica (2) e Polonia (3) en 1830?
Movementos revolucionarios 1830
- Unha revolución liberal expulsou ao rei absolutista, Carlos X, poñendo no seu lugar ao rei constitucional, Luis Felipe de Orleans.
- Os belgas logran a independencia con respecto a Holanda.
- Os polacos fracasan na súa revolta nacionalista para liberarse de Rusia.
EMANCIPACIÓN LATINOAMERICANA
Que factores favorecen á independencia da América española (1)? Que sector da poboación americana impulsa estos independentismos (2)
Factores da emancipación
1.
* O exemplo da independencia dos EEUU anímaos a loitar.
* A chegada do liberalismo que acollen para loitar contra o absolutismo de rei de España.
* A debilidade de España por consecuencia da invasión napoleónica.
2. Os crioulos (descendentes de españois).
EMANCIPACIÓN LATINOAMERICANA
En que territorio de Latinoamérica xa triunfara o independentismo e contra quen (1)? Que outras tentativas fracasaron antes da ondada independentista (2)?
Revolucións independentistas
- En Haití, onde os escravos independizaron a illa fronte ao dominio de Francia.
- Tupac Amaru (indíxena) fracasou tentando restaurar o antigo Imperio Inca. E Francisco de Miranda (crioulo) que tentou independizar toda América.
EMANCIPACIÓN LATINOAMERICANA
Que fixo Bolivar (1)? E San Martín (2)?
E Iturbide (3)? A que grupo social pertencían todos eles (4)?
Revolucións independentistas
- Libera Colombia, Venezuela, Ecuador e Bolivia.
- Libera Arxentina e, xunto con O’Higgins, libera Chile.
- Libera México.
- Aos crioulos.
EMANCIPACIÓN LATINOAMERICANA
En que se diferencia a independencia da América Portuguesa e América Española (1)? Quen é o artífice da independencia da América Portuguesa (2)? Que fixo (3)?
Revolucións independentistas
- A portuguesa non foi violenta.
- Pedro I.
- Independenzou Brasil de Portugal ao non volver á súa patria xunto ao seu pai tras a derrota napoleónica. Creao o Imperio de Brasil.