tema 11 Flashcards
UN MUNDO BIPOLAR
Nomea as reunión que tuveron as potencias aliadas durante a 2ªGM.
- Conferencia de Teherán (Irán).
- Conferencia de Yalta (URSS).
- Conferencia de Postdam (Alemaña).
UN MUNDO BIPOLAR
- Por que se reuniron?
- E que problema houbo nestas reunións?
- A repartición e desmilitarización de Alemaña e depiración do nazismo.
- Marcar as zonas de influencia de cada unha das grandes potencias vencedoras (EEUU e URSS).
UN MUNDO BIPOLAR
- Que lles interesa ás potencias da Europa da posguerra?
- Que xorde desa disparidade?
- A que da lugar esa tensión?
- Influir en Europa.
- Tensión.
- Á Guerra Fría (o primeiro en utilizar este nome é o periodista norteamericano Walter Lipman).
UN MUNDO BIPOLAR
Cal é o primeiro foco de tensión da Guerra Fría e porque?
Orixes da guerra fría
Grecia, porque xurdiron guerrillas comunistas que quixeron facerse co poder, pero foron derrotadas polo exército norteamericano.
UN MUNDO BIPOLAR
- Que principio seguirá os EEUU durante toda esta Guerra Fría?
- En que consiste?
Orixes da guerra fría
- A Doutrina Truman.
- En frear a expansión do comunismo.
UN MUNDO BIPOLAR
Que fixo Truman para fortalecer a súa doutrina?
Orixes da guerra fría
Crea un organismo encargado de vixiar que o comunismo non prospere, a CIA (Central de Intelinxencia Americana).
UN MUNDO BIPOLAR
- Que outro político norteamericano insiste na idea da doutrina de Truman?
- Que propón?
- Como se chamará este plan?
- Recibiron os países do leste de Europa esta axuda e porque?
Orixes da guerra fría
- O Secretario de Estado George Marshall.
- Axudas económicas a Europa para que a súa poboación non se desespere pola súa pobreza e caia na influencia do comunismo.
- Plan Marshall.
- Non, porque xa eran comunistas e a URSS non o ía a permitir.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
Como era a situación territorial de Alemaña tralo fin da 2ªGM?
Crise alemana e bloqueo de Berlín
Estaba dividida en 4 zonas de ocupación. A zona oriental para os soviéticos, e a zona occidental para GB, Francia e EEUU.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- En que situación estaba Berlín tralo fin da 2ªGM?
- Que decide Stalin ante esta situación?
Crise alemana e bloqueo de Berlín
- Estaba dentro da zona de ocupaión de control soviético , pero tamén estaba ocupada polas outras potencias (Berlín oeste/occidental).
- Fai un bloqueo de carreteiras para impedir a chegada de suministros ao Berlín Occidental.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Como reacciona EEUU ante o bloqueo de Stalin?
- Quen acaba gañando nesta tensión en torno ao bloqueo
- Que consecuencia tivo toda esta tensión?
Crise alemana e bloqueo de Berlín
- Crea unh onte aérea e trae todos os suministros por avión.
- EEUU.
- Alemaña quedará dividida en 2 estados, a RFA (República Federal Alemana) que é pronorteamericana, e a RDA (República Democrática Alemana), prosoviética.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Cando se rectiva a tensión en Berlín?
- Que ordea Kruschev neste caso?
Crise alemana e bloqueo de Berlín
- Cando os cidadáns de Berlín Oriental e de Alemaña Oriental comezan a marchar ao lado occidental.
- Manda construir un muro para dividir a cidade.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
Porque dicimos que Berlín é o millor símbolo da Guerra Fría?
Crise alemana e bloqueo de Berlín
Representaba ao mundo dividido.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
En que situación estaba Corea tralo fin da 2ªGM?
A Guerra de Corea (1950- 1953)
Era un antigo dominio xaponés que queda ocupado e dividido, no norte polos soviéticos, e no sur polos norteamericanos.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
Que pasará cando os soldados norteamericanos se retiren de Corea?
A Guerra de Corea (1950- 1953)
Que Corea queda dividida en 2 polo Paralelo 38: Corea do Norte (prosoviética, de Kim II Sung) e do Sur (pronorteamericana, Syngman Rhee).
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Como comeza a Guerra de Corea?
- Como reaccionan os EEUU ante esta acción?
A Guerra de Corea (1950- 1953)
- Coa invasión de Corea do Sur por parte do Norte (1950).
- Envían un exército multinacional para loitar contra os norcoreanos (esto é permitido pola ONU porque o representante soviético non estaba presente na votación).
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
Como se desenvolve a Guerra de Corea?
A Guerra de Corea (1950- 1953)
EEUU (dirixidos polo xeral McArthur) vencen aos norcoreanos no Desembarco de Inchon, pero un exército chinés comunista chega a axudar a Corea do Norte.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Cal é o momento de máxima tensión na Guerra de Corea?
- Como remata todo este asunto (incluída a guerra coreana)?
A Guerra de Corea (1950- 1953)
- Cando McArthur solicita a Truman atacar con bombas atómicas (o presidente non acepta).
- EEUU chega a un acordo con China e Corea do Norte, asínan a Paz de Panmunjon (Corea queda dividida com antes).
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Quen era Foster Dulles?
- Que propón?
- Nomea a principal alianza militar e a principal alianza económica e os seus componentes.
Multiplicidade de alianzas
- Secretario de Estado de EEUU.
- Crear unha política internacional anticomunista a través de alianzas (económicas e militares).
- OTAN* e OCDE*, compostas polos países de Europa Occidental, EEUU e Canadá.
*(Organización do Tratado do Atlántico Norte)
*(Organización Europea para a Cooperación Económica)
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
Como reaccionan os soviéticos ante as alianzas formadas polos EEUU?
Multiplicidade de alianzas
Crean o COMECON (pacto de axuda económica entre países comunistas) e o Pacto de Varsovia (alianza militar da URSS cos países de Europa do leste).
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
Cal era a situcación de Vietnam tralo fin da 2ªGM e trala retirada dos franceses?
A Guerra de Vietnam (1957-1975)
Queda desorganizada trala retirada francesa e trala Conferencia de Ginebra (1954) queda dividida en 2 Estados: Vietnam do Norte (comunista, Ho Chi Minh) e Vietnam do Sur (capitalista, Diem).
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Cando comeza a tensión en Vietnam?
- Cando comeza a Guerra de Vietnam?
A Guerra de Vietnam (1957-1975)
- Ca guerrilla comunista “vietcong” que xorde en Vietnam do Sur.
- Cando Vietnam do Norte e a URSS* apoian ao Vietcong e EEUU* apoia a Vietnam do Sur.
*co envío de armas
*co envío de tropas
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Que problemas atopa EEUU na Guerra de Vietnam?
- Como tratan os norteamericanos de solucionar este problema?
A Guerra de Vietnam (1957-1975)
- Os vietcongs encóndense na selva impenetrable e nos países veciños (a través de túneles de centos de km).
- Fan bombardeos masivos para limpar a selva de vexetación e bombardean Laos e Camboya para destruír os túneles.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Cara onde se decanta a Guerra de Vietnam e por que?
- Como remata a guerra de Vietnam?
A Guerra de Vietnam (1957-1975)
- Cara a derrota norteamericana, porque EEUU no ten éxito e sofren derrotas (Ofensiva do Tet), ademáis o pobo norteamericano está en contra da guera.
- EEUU retírase por orde do presidente Ford e se chega aos Acordos de París, polos que Vietnam do Norte unifícase co Sur para crear oun só Vietnam con capital en Saigón.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- En que situación política estaba Cuba nos anos 50?
- Que pasará a finais dos 50?
- Que fará Castro xa no poder?
Crise dos misiles de Cuba
- Vivían nunha ditadura norteamericana dirixida por Batista.
- A guerrilla de Fidel Castro inicia unha revolución (1956) e triunfa en 1959.
- Comeza a expropiación de empresas dos EEUU.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Como reaccionan os EEUU ante a política de Castro?
- Como reacciona Castro ante a postura dos EEUU?
Crise dos misiles de Cuba
- Aplican un boicot económico a Cuba e apoian aos exiliados políticos cubanos, que fuxiran de Castro, para que conspiren contra él.
- Castro é apoiado económicamente pola URSS. E en 1960 abraza o comunismo e transforma o Partido Revolucionario Cubano en Partido Comunista Cubano.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Cal é o primeiro momento de tensión en relación a Cuba e que foi isto?
- Como reacciona Castro visto o sucedido na Badía de Cochinos?
Crise dos misiles de Cuba
- A Badía de Cochinos, EEUU forma un exército de exiliados cubanos entrenados pola CIA para invadir Cuba pero o desembarco fracasa e os exiliados foron apresados.
- É consciente da ameaza dos EEUU e asina un acordo de colaboración coa URSS.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
Cal foi o momento de máxima tensión nas relacións EEUU-Cuba e como comeza este asunto?
Crise dos misiles de Cuba
Crise dos Mísiles cubanos, comeza cando EEUU detectan vía fotos aéreas (dos avións espía U2) a instalación de rampas para mísiles en Cuba.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
Cales son os pasos dados polos EEUU na Crise dos Mísiles cubanos?
Crise dos misiles de Cuba
- Kennedy ordea un bloqueo naval para impedir a chegada dos mísiles da URSS a Cuba
- PUNTO CRÍTICO: os soviéticos non queren ceder e EEUU ameaza con afundir os barcos soviéticos.
OS CONFLICTOS DA GUERRA FRÍA
- Como remata a Crise dos Mísiles cubanos?
- Por que dicimos que a Crise dos Mísiles foi o momento máis crítico da Guerra Fría?
Crise dos misiles de Cuba
- O dirixente soviético Kruschev ordea fai regresar os barcos que se dirixían a Cuba.
- Polo perigo de guerra directa entre os EEUU e a URSS e pola cantidade de armamento atómico involucrado no conflito.
PERÍODOS DE COEXISTENCIA PACÍFICA
PREGUNTA LONGA:
1. Que pasos deu a URSS cara á distensión?
2. Que pasos deu EEUU cara á distensión?
1ºs signos de cambio
- Trala morte de Stalin na reunión do Partido Comunista Soviético, Kruschev, inicia a desestalinización, fala públicamente dos errores e crímenes do Stalinismo (autocrítica).
- O presidente Eisenhower aparta do poder aos sectores máis dereitistas e anticomunistas e destitúe ao Senador McCarthy (protagonista da “caza de bruxas”).
PERÍODOS DE COEXISTENCIA PACÍFICA
Que foi a “caza de bruxas”?
1ºs signos de cambio
O momento no que moitos famosos cidadáns norteamericanos foron acusados de ser comunistas e foron marxinados.
PERÍODOS DE COEXISTENCIA PACÍFICA
- Cales son os líderes que mellor representan a distensión?
- Que propón Kruschev de cara a destensionar a relación cos EEUU?
Cara a distensión internacional
- Kennedy e Kruschev.
- Respetar ás fronteiras vixentes no mapa mundial e non inxerir nos asuntos internos doutros países.
PERÍODOS DE COEXISTENCIA PACÍFICA
PREGUNTA LONGA
1. Por que Kruschev e Kennedy ven ncesario reunirse para destensionar?
2. Que era o teléfono vermello?
3. Que foron os Acordos SALT?
Cara a distensión internacional
- Porque queren chegar a uns acordos mínimos, comprometerse a ter unhas relacións máis fluídas no futuro e estar en permanente contacto.
- O medio de comunicación directa entre a Casa Branca e o Kremlin.
- Strategic Arms Limitation Talks, significan o compromiso de limitar a fabricación de armas nucleares.
PERÍODOS DE COEXISTENCIA PACÍFICA
- En que momento a tensión se recrudece?
- Nomea 2 conflictos que recrudeceron a tensión.
Retorno á tensión
- A finais dos 70.
- A Invasión Soviética de Afganistán (1979) e a Invasión norteamericana da Illa de Granada.
PERÍODOS DE COEXISTENCIA PACÍFICA
Cal é a reacción norteamericana ante a invasión soviética de Afganistán?
Retorno á tensión
Boicotean os Xogos Olímpicos de Moscú 1980, e ademáis, a CIA suministra armamento e asesoría militar aos rebeldes afganos (Bin Laden).
PERÍODOS DE COEXISTENCIA PACÍFICA
- Está a doutrina Truman detrás da invasión estadounidense da Illa de Granada e por que?
- Como reaccionan os soviéticos ante esta invasión?
Retorno á tensión
- Si, porque Reagan (presidente de EEUU), ordea a invasión da illa de Granada tras comprobarse a presencia de militares cubanos.
- Boicotearn ós Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984.
PERÍODOS DE COEXISTENCIA PACÍFICA
Cal é o presidente dos EEUU máis belicoso durante a Guerra Fría nos 80 e por que?
Retorno á tensión
Reagan, polo seu plan de defensa estratéxica “Guerra das Galaxias”, un sistema defensivo con satelites espaciais que eliminan misiles inimigos (demostración teconolóxica que obriga á URSS a realizar un gran gasto no medio dun período de crise económica).
PERÍODOS DE COEXISTENCIA PACÍFICA
Por que moitos historiadores consideran a Reagan o vencedor da Guerra Fría?
Retorno á tensión
Porque a URSS non soportou o gasto da “Guerra das Galaxias” e cae derrotada, ademáis a súa presidencia coincide co desmantelamento do bloque soviético.
TENSIÓNS INTERNAS E AUMENTO DA MULTIPOLARIDADE
- Nomea 3 disidencias que sufriu a autoridade da URSS.
- E EEUU?
- Os conflictos con Yugoslavia, Hungría e Checoslovaquia.
- O problema con Latinoamérica.
TENSIÓNS INTERNAS E AUMENTO DA MULTIPOLARIDADE
- Quen é o protagonista da disidencia yugoslava e que fai?
- En que se concreta esta política de disidencia coa URSS?
Disidencias no bloque comunista
- O dirixente comunista yugoslavo Tito, toma unha serie de medidas (sociais, económicas e políticas) para alonxar o comunismo yugoslavo do control soviético.
- É o “Titismo” ou “socialismo autoxestionario”, que non participa no Pacto de Varsovia e forma un bloque de países non aliñados (nin coa URSS, nin cos EEUU).
TENSIÓNS INTERNAS E AUMENTO DA MULTIPOLARIDADE
Quen é o protagonista da disidencia húngara e que fai?
Disidencias no bloque comunista
O presidente húngaro, Imre Nagy, forma un goberno composto por liberais e socialdemócratas que disentía da URSS (abandoan o Pacto de Varsovia).
TENSIÓNS INTERNAS E AUMENTO DA MULTIPOLARIDADE
Cales eran as reclamacións do pobo húngaro?
Disidencias no bloque comunista
Pedían liberdade de prensa (terminar coa censura), a legalización de partidos políticos e a retirada das tropas soviéticas de solo húngaro.
TENSIÓNS INTERNAS E AUMENTO DA MULTIPOLARIDADE
- Como se enteran os soviéticos do que está facendo Nagye en Hungría?
- Como reaccionan os soviéticos?
Disidencias no bloque comunista
- O xefe do Partido Comunista Húngaro, Janos Kadar.
- Ca invasión de Hungría por parte do exército soviético, e a execución de Nagy para reprimir o movemento (miles de húngaros son eliminados).
TENSIÓNS INTERNAS E AUMENTO DA MULTIPOLARIDADE
Quen é o protagonista da disidencia checoslovaca e que fai?
Disidencias no bloque comunista
Alexander Dubcek, xefe do Partido Comunista Checo, inicia un proceso de democratización, chamado “Primavera de Praga”.
TENSIÓNS INTERNAS E AUMENTO DA MULTIPOLARIDADE
- Que pretendía Alexander Dubcek (Checoslovaquia)?
- Como remata a disidencia checoslovaca?
Disidencias no bloque comunista
- Crear un comunismo máis humano (liberdade de expresión, de prensa), a amnistía para ós presos políticos (liberación) e a un Estado Federal con dúas Repúblicas (Chequia-Eslovaquia) (separalas).
- As tropas soviéticas invaden o país (como en Hungría).
TENSIÓNS INTERNAS E AUMENTO DA MULTIPOLARIDADE
Que problema lle xorde aos EEUU na súa zona de influencia en América?
Disidencias no bloque occidental
Ten que defender os intereses das súas empresas multinacionais e impedir a expansión de revolucións comunistas que amenacen o seu liderazgo.
TENSIÓNS INTERNAS E AUMENTO DA MULTIPOLARIDADE
Quen é o protagonista dos moventos comunistas en Latinoamérica e como acaba este home?
Disidencias no bloque occidental
Ernesto Guevara “O Che”, os seus movementos acaban fracasando pouco a pouco, e en 1967 morre en Bolivia (nunha emboscada organizada pola CIA).
CRISE E AFUNDIMENTO DO BLOQUE COMUNISTA
- Quen é o protagonista do fin da URSS?
- Que estaba pasando na URSS para que este home fixese reformas?
Reformas de Gorbachov
- Mijaíl Gorbachov, elixido Secretario Xeral do Partido Comunista en 1985.
- Existían multiples problemas políticos (cada vez máis movementos de protesta ante as imposicións soviéticas) económicos (estancada, a súa tecnoloxía retrasada con respecto de Occidente), baixo nivel de vida, debido aos gastos militares.
CRISE E AFUNDIMENTO DO BLOQUE COMUNISTA
Nomea as reformas máis importantes de Gorbachov e explica a esencia de cada unha.
Reformas de Gorbachov
- reforma económica (perestroika): para revitalizar a economía se aplican médtodos capitalistas (economía de libremercado e innovación tecnolóxica)
- reforma política (glasnost): para acabar coa dictadura do Partido Comunista e aplicar a liberdade política (nas 1ªs eleccións libres vence Boris Yeltsin).
CRISE E AFUNDIMENTO DO BLOQUE COMUNISTA
Que está pasando no bloque soviético (países do Leste de Europa) durante as reformas de Gorbachov?
Desaparición do bloque leste
Inician o camiño cara a independencia do poder soviético.
CRISE E AFUNDIMENTO DO BLOQUE COMUNISTA
Onde comeza o proceso de independización dos países do Leste de Europa e quen é o protagonista?
Desaparición do bloque leste
En Polonia, protagonizado por Lech Walesa do partido do Sindicato católico Solidaridad, que gaña as eleccións sendo o 1º presidente en afastarse da URSS.
CRISE E AFUNDIMENTO DO BLOQUE COMUNISTA
- Que países seguen a Polonia no proceso de independización?
- Que ten de particular o caso rumano?
- Cando se pode dicir que remata a guerra fría e o fin do bloque soviético?
Desaparición do bloque leste
- Hungría, Checoslovaquia (dividida en 2 Estados), Bulgaria e Rumanía.
- Que é un alzamento popular o que acaba coa ditadura comunista de Nicolae Ceaucescu.
- Cando na Alemania Oriental os berlineses derruban o Muro de Berlín (1989) e en 1990 se convocan eleccións nas que vencen os partidarios de unirse á Alemania Occidental.
CRISE E AFUNDIMENTO DO BLOQUE COMUNISTA
- Quenes se opuxeron ás reformas de Gorbachov na URSS?
- Con que apoio contou esta xente?
- Que pasou contra Gorbachov?
Disolución da URSS
- Os sectores do PCUS.
- Co do exército.
- Un golpe de Estado militar (que fracasa).
CRISE E AFUNDIMENTO DO BLOQUE COMUNISTA
Que figura destaca neste momento crítico no fin da URSS e cal e o seu papel?
Disolución da URSS
A figura de Yeltsin, que decreta a supresión do réxime comunista e a disolución do PCUS, ademáis recoñécese a independencia das repúblicas bálticas, de Ucrania e de Bielorrusia, e transforma a URSS na Federación Rusa.
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
- Cal era a situación política de Yugoslavia trala 2ºGM?
- Nomea as diferentes repúblicas que formaban a República de YUgoslavia.
A cuestión balcánica
- Converteuse nunha República Socialista Federal que comprendía a seis repúblicas balcánicas.
- Serbia, Croacia, Eslovenia, Bosnia-Herzegovina, Macedonia, Montenegro.
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
- Que problema existía dentro de Yugoslavia?
- En que vai derivar?
A cuestión balcánica
- Que non se sentían vinculadas, posto que reunían diferentes etnias, linguas e relixións (moitas etnias vivían en repúblicas axenas á súa orixe).
- Na desintegración de Yugoslavia.
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
- Que república yugoslava é contraria á secesión das repúblicas yugoslavas?
- Quenes son as 1ªs en iniciar a secesión?
A cuestión balcánica
- Serbia.
- Eslovenia e Croacia.
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
- Como foi a secesión de Eslovenia e porque?
- E a de Croacia?
A cuestión balcánica
- Secesión foi case pacífica porque non tiña minorías no seu territorio (1 semana de guerra con Serbia).
- Máis dificil porque tiña unha importante minoría serbia, houbo moita guerra.
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
- En que situación quedaba o mapa yugoslavo trala secesión de Eslovenia e Croacia?
- Que territorios continúan coa secesión?
A cuestión balcánica
- Nacerían tres Estados: Eslovenia, Croacia e a República de Yugoslavia.
- Macedonia e Bosnia.
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
- Como foi a secesión de Macedonia?
- E a de Bosnia?
A cuestión balcánica
- Logrou a suá secesión pacíficamente
- Terá que loitar pola súa independencia.
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
- Por que hai tanta guerra contra Bosnia a súa secesión?
- Que problema hai entre estas minorías?
Guerras de Bosnia e de Kosovo
- Porque hai importantes minorías croatas e serbias no seu territorio.
- Que os bosnios son musulmanes e iso desperta a aversión dos católicos croatas e dos ortodoxos serbios.
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
- Cal é o feito máis dramático desta guerra?
- Que provocan os sucesos de Srebrenica na política internacional?
Guerras de Bosnia e de Kosovo
- A matanza de Srebrenica, na que os serbios dentro de Bosnia empezan a eliminar aos bonios que vivían nos mesmos territorios que eles.
- Provocan a reacción de EEUU que ameaza aos serbios.
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
Como remata a guerra de Bosnia?
Guerras de Bosnia e de Kosovo
Ca Paz de Dayton: Bosnia logra a súa independencia pero queda dividida en 2 (a Federación Croata-Musulmana e a República dos Serbios de Bosnia).
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
- Que ten de especial a rexión de Kosovo?
- Como comeza a guerra de Kosovo?
Guerras de Bosnia e de Kosovo
- É unha rexión de Serbia onde vive un 90% de poboación albanesa e un 10% de serbios.
- Cando as guerrillas albanesas (UCK) comezan a atentar contra soldados serbios (o exército serbio inicia un contraataque, freado pola intervención da OTAN).
CONFLICTOS E GUERRASA NO CAMBIO DE MILENIO
- Que forte apoio reciben os albanokosovares na guerra de Kosovo?
- En que situación quedan os serbios?
- En que situación quedou Kosovo tralos acordos de paz?
- En que situación está Kosovo actualmente?
Guerras de Bosnia e de Kosovo
- O apoio da OTAN.
- A OTAN obriga a Milosevic (presidente de Serbia) a deter ó seu exército.
- Según os acordos de Rambuillet, Kosovo queda administrado pola ONU á espera dunha solución.
- No 2008 Kosovo proclamou a súa independencia unilateralmente, e todavía non é recoñecido por moitos países.