hmc tema 1 Flashcards
A.R. (1):
DEFINE: Antigo Réxime (A.R.)
Sistema social, económico e político que predomina en case toda Europa no S. XVIII
A.R. (2):
Cal é a CARACTERÍSTICA principal do A.R. (1) e por que(2)?
- Desigualdade
-
SOCIAL: desigualdade estamental entre privilexiados e non privilexiados.
ECONÓMICO: unha minoría (privilexiados) posúe a totalidade das terras (fonte de riqueza).
POLÍTICO: porque unha soa persoa (o rei) reúne todos os poderes (executivo, lexislativo e xudicial).
Privilexiados:
Os PRIVILEXIADOS:
(4 cousas)
En que consisten os privilexios?
- Posuén a riqueza (terra).
- Non pagan impostos.
- As leis penais son máis xenerosas con eles.
- Ocupan tarefas de goberno xunto ao rei.
Non privilexiados (1):
Que outro nome reciben (1)?
E que clase social son (2)?
- 3º Estado.
- Campesiños, habitantes das cidades (atesáns, manufactureiros…) e burguesía.
Non privielxiados (2):
Cal é a clase máis dinámica dos non privilexiados (3)
e por que (4)?
- A burguesía.
- Porque intelectualmente desenvolven un pensamento crítico co sistema e ademáis xeran fontes de riqueza.
Campesiños:
Cal e a súa relación ca terra (1)? E que tipo de rendas pagan (2)?
- Traballan unha terra que non é súa e teñen que pagar unhas rendas aos donos (privilexiados), establecéndose unha relación de servidume.
- Aos nobres (rendas varias), á Igrexa (o décimo*) e ao Estado (impostos).
*(1/10 das colleitas)
Burguesía:
Por que a burguesía industrial non simpatiza co sistema gremial (1)? Que actividade é a máis lucrativa para a burguesía (2)?
- burguesía industrial: defenden libertade económica
- sistema gremial: sistema onde todos os talleres deben seguir unhas normas
- Porque a burguesía defende a liberdade económica (libre produción e libre comercio), o cal vai en contra das imposicións dos gremios no seu labor de producción.
- O comercio exterior.
Absolutismo:
DEFINE: Absolutismo (1)
Cal é a excepción nunha Europa absolutista (2) e por que (3)?
- Sistema político no que o rei ten todos os poderes.
- Gran Bretaña.
- Poque teñen un Parlamento que limita o poder do rei.
Ilustración (1):
DEFINE: Ilustración (1)
Que critican e que propoñen os ilustrados (2)?
- Pensamento crítico cas características do A.R.
-
INTELECTUALMENTE: Critican os dogmas* relixiosos e as tradicións irracionais; propoñen a realidade dos feitos e a crítica de todo o que se da por sentado.
ECONÓMICAMENTE: Critican o proteccionismo e o control gremial; propoñen a liberdade económica (libre producción e comercio.
SOCIOPOLÍTICAMENTE: Critican a Sociedade Estamental e o Absolutismo; propoñen un novo modelo socio-político.
*(aceptación dunha crenza sin pensamento racional)
Ilustración (2):
Propostas sociopolíticas dos ilustrados (1)
Como se da coñecer a Ilustración (2)?
-
Locke: Propón o Contrato Social*.
Voltaire: Propón a Tolerancia Relixiosa.
Montesquieu: Propón a Separación de Poderes (executivo, lexislativo e xudicial).
Rousseau: Seguindo a proposta de Locke, propón o referéndum como forma de que os cidadáns exerzan a súa soberanía - Por medio dunha gran obra chamada “A Enciclopedia” (20 volúmenes); máis tarde aparecerán que completan a expensión destas ideas.
*(pacto entre gobernados e gobernantes, os gobernados exercen a súa soberanía)
Absolutismo ilustrado:
Por que algúns monarcas o aplican (1)?
FALA DE: “Todo para o pobo pero sin o pobo” (2)
(de Carlos III, rei de España)
- Porque queren gañar a popularidade entre os cidadáns, pasando por monarcas modernos, pero sen coller aquilo que limite o seu poder absoluto senón aquelas que non lles afectan, que son as de tipo cultural e económico.
- Visión (casi) paternal dos reis cara ao pobo, básicamenete considerando aos cidadáns os seus fillos (pensa que hai que tratalos ben, pero non conta co seu consello).
E.U.A. (1):
ORIXEN xeográfica dos futuros Estados Unidos?
N
O L
S
13 colonias británicas na costa leste de Norteamérica
E.U.A. (2):
CARACTERÍSTICA principal da saciedade norteaméricana colonial:
Sociedade heteroxénea/ complexa (indíxenas, europeos e excravos)
E.U.A. (3):
CAUSAS da rebelión dos colonos contra o rei:
(4 causas)
- Sometidos a altos impostos.
- Non teñen represetación no Parlamento de Londres (a pasar da súa axuda na Guerra dos 7 anos contra os franceses).
- Obrigados a sufrir un monopolio comercial por parte dos británicos (impide liberdade de comercio).
- Influenciados polas ideas ilustradas, que lles falan da igualdade (eles sinten que non son tratados como iguais).
E.U.A. (4):
DETONANTE da rebelión:
O Motín do Té: os habitantes de Bostón revélanse contra a subida do precio do té, asaltando os barcos e arroxando o cargamento de té pola borda.
fun fact: van “vestidos” de indíxenas
E.U.A. (5):
Como se plasma esta rebelión (1)?
E que provoca este documento en G.B. (2)?
- Os representantes das 13 colonias redactan a “Declaración de Independencia” dos Estados Unidos en Filadelfia, o 4 de xullo de 1776.
- Provoca a guerra entre E.U.A. e Gran Bretaña.
E.U.A. (6):
PROBLEMAS dos colonos ao principio da guerra:
(3 cousas)
- Falta de armamento e de flota de guerra.
- Pouco adestramento militar (son máis milicianos que soldados).
- Enfróntanse á millor infanteria da época (os “casacas vermellas”)
E.U.A. (7):
Por que se produce un cambio no desenvolvemento da guerra?
Pola axuda prestada aos colonos por parte de España e Francia; ademáis, os colonos irán collendo experiencia.
E.U.A. (8):
CONSECUENCIAS da Batalla de Yorktown:
Supón a derrota definitiva dos británicos, que terán que recoñecer a independencia dos E.U.A., asinada na Paz de Versalles (1783)
E.U.A. (9):
PROBLEMAS dos Norteamericanos ao redactar a súa 1ª Constitución (1)
E a RAZÓN (2)
- Polos diferentes puntos de vista entre os habitantes dos estados do norte e os do sur.
- Os do norte tiñan unha visión máis centralizada do país, mentres que os do sur tiñan unha visión máis descentralizada (defenden o autogoberno de cada estado).
E.U.A. (10):
Como chegan a un acordo respecto a Constitución?
Crean un dobre goberno. Un Goberno Federal para toda a nación e un Goberno Autónomo que é independente para cada estado (asuntos de política interior).
E.U.A. (11):
Como poden alterarse os contidos desta Constitución?
Mediante enmendas (correccións ou modificacións aos artículos)
E.U.A. (12):
PROBLEMA máis importante entre os Estados do Norte e do Sur dos E.U.A.:
A escravitude.
Francia prerrevolucionaria:
Que clases sociais estaban descontentas e por que?
(4 clases)
- CAMPESIÑOS: sofren de malas colleitas e pagan moitos impostos.
- BURGUESÍA: síntense maltratados xa que aportan riqueza ao Estado pero non reciben poder político.
- ARTESÁNS: non venden produtos porque non teñen compradores (=campesiños), xa que estes están arruinados.
- HABITANTES DAS CIDADES: sufren pola subida do precio do pan.
Crise económica en Francia:
Cal é a RAZÓN desta crise (1)?
E cales son as propostas para solucionala (2)?
- O Estado endebedouse cos banqueiros (o rei gastou moito diñeiro nas guerras contra Inglaterra).
- A máis orixinal é a feita por algúns ministros (Necker, Turgot) que recomendan a tributación* dos privilexiados (estos néganse).
*(pagar impostos)
Estados Xerais:
DEFINE: Estados Xerais
O antigo Parlamento de Fracia.
Reunión dos Estados Xerais (1):
RAZÓN da reunión (1)
PROBLEMAS na reunión (2)
- O rei necesita necesita diñeiro e a única forma de obtelo é reuinindo aos Estados Xerais e pedíndollo a eles.
- O 3º Estado pide condicións ao rei para prestralle os cartos (Recollidas no “Caderno de Queixas”):
* Que se cambie o sistema de voto do Parlamento (eles queren o sistema de voto individual.
* Piden que os privilexiados paguen impostos
* Etc.
O rei reacciona dexandoos fóra do lugar de reunión.
Reunión dos Estados Xerais (2):
REACCIÓN do 3º EStado cara o Rei (1)
REACCIÓN do pobo de París (2)
REACCIÓN no campo (3)
- Reúnense noutra sala (“Sala do Xogo da Pelota”) e se compromenten a reunirse ata que o Rei acepte as súas peticións e Francia se convirta nunha Monarquía Constitucional).
- Asaltan a prisión da Bastilla o 14 de xullo de 1789.
- Atacan aos seus señores.
3º Estado:
Cal é o seu primer éxito (1) e que deciden facer (2)?
- O rei acepta as súas condicións.
- Forman un novo Parlamento chamado “Asamblea Nacional”.
Asamblea Nacional:
Que se fai na Asamblea Nacional?
Instaurase o voto individual e os deputados redactan a 1ª Constitución de toda Francia.
O Rei na revolución:
Que fai o Rei mentres tanto?
Conspira contra a revolución, contactando con outras monarquías absolutas para que lle presten axuda militar e acabar así cos revulucionarios. Principalmente con Austria e Prusia.
Sufraxio Censatario:
DEFINE: Sufraxio Censatario
Tipo de sufraxio/votación no que só poden votar as persoas que posuén un alto nivel de renda.
Revolución Francesa (1):
Que xurde na clase burguesa revolucionaria?
(fase moderada)
Xorden 2 faccións, os moderados e os exaltados.
Revolución Francesa (2):
COMPOSICIÓN da Asamblea Nacional tralas eleccións:
(fase moderada)
- XIRONDINOS: moderados, liderados por Brissot.
- XACOBINOS: exaltados, liderados por Robespierre.
- CORDELIERS: moi exaltados, liderados por Marat.
(741 diputados en total)
Revolución Francesa (3):
Por que algúns revolucionarios se radicalizan?
(2 causas)
(fase exaltada)
Porque o Rei, Luis XVI tenta escapar (é apresado), isto causa unha sensación de traición. Ademáis, Francia vese atacada por Austria e Prusia.
Revolución Francesa (4):
Primeiro acto de violencia na etapa exaltada da revolución:
(fase exaltada)
Asalto ao Palacio das Tullerias, coa intención de matar a toda a familia real.
Revolución Francesa (5):
Que fai a Asamblea Nacional nesta etapa exaltada (1)?
E cal é o resultado (2)?
(fase exaltada)
- Convoca eleccións para un novo Parlamento.
- A Asamblea Nacional pasa a chamarse “A Convención”, formada por un gran número de exaltados.
Revolución Francesa (6):
Que fai a Convención?
(fase exaltada)
Abole a Monarquía e proclama a República.
Revolución Francesa (7):
Cando se alcanza o máximo radicalismo?
(2 feitos)
(fase exaltada)
- A condea a morte do rei.
- A República convértese nunha dictadura liderada por Robespierre.
Revolución Francesa (8):
Como discurre a guerra para Francia (1) e por que (2)?
(fase exaltada)
- Mal.
- Porque está sufrindo unha guerra civil entre franceses e porque agora máis países (España) súmanse aos países inimigos anteriores (Austria e Prusia)
Revolución Francesa (9):
Que organismo representa o radicalismo de Robespierre (1) e por que (2)?
(fase exaltada)
- O Comité de Saúde Pública
- Porque é un tribunal encargado de xulgar aos sospeitosos de ir en contra da revolución e aplica “O Terror”
(Roberspierre elimina a moitos dos seus antigos camaradas revolucionarios)
Revolución Francesa (10):
FINAL da etapa exaltada da revolución francesa:
(fase exaltada)
Golpe de Termidor: os parlamentarios ordean a detención e condea a morte de Robespierre.
Revolución Francesa (11):
Que fan os xirondinos (1)? Como se chama o novo poder executivo nesta última etapa da revolución (2)?
(fase moderada)
- Toman o poder e redactan unha nova constitución.
- Directorio.
Napoleón (1):
ERRO que comete o Directorio:
Confiar en Napoleón ao nomealo xeral en xefe dos exércitos franceses en Italia.
Napoleón (2):
Cal é a primeira ilegalidade de Napoleón (1)? Que fai N. xusto despois (2)? E por que entendemos que actúa como un dictador (3)?
N. = Napoleón
- Aproveitándose da súa popularidade da un golpe de estado o 18 de Brumario* e instaura o Consulado.
- Noméase cónsul princpal.
- Nómease Cónsul Vitalicio (de por vida).
*(9 de novembro)
Napoleón (3):
MOMENTO CULMINANTE do poder persoal de Napoleón:
Proclámase Emperador de Francia en 1804.
Napoleón (4):
Como se presenta N. ante os europeos (1)? E que provoca isto nalgúns intelectuais? (Di cales) (2)
- Como un libertador fronte ao A.R.
- Provoca simpatía (Beethoven, Kant, Hegel, etc.)
Napoleón (5):
NOMEA: os inimigos de Napoleón e as guerras nas que os derrota
Austria (na batalla de Austerlitz), Prusia (na batalla de Jena) e Rusia (na batalla de Friedland)
Napoleón (6):
Como pretende derrotar a G.B.?
Tenta facer un bloqueo marítimo e obriga a outros países de Europa a non negociar con G.B.
Napoleón (7):
NOMEA: algúns estados vasalos/aliados de
Francia (1).
E di que fai N. para controlalos (2).
- Holanda, Polonia e España.
- Pon aos seus familiares ao mando dos países conquistados.
Napoleón (8):
Primeira gran derrota de Napoleón (1) e as súas consecuencias (2).
- Batalla das Nacións.
- N. é apresado e recluído na Illa de Elba (da que, máis tarde, escapará).
Napoleón (9):
DERROTA DEFINITIVA de Napoleón (1) e consecuencia (2):
- Batalla de Waterloo.
- Reclusión á Illa de Santa Elena, onde morre.
morte -> 1821