tema 7 Flashcards
CAUSAS
Anota os 3 focos de tensión que se localizan en Europa, antes da 1ªGM
Rivalidades europeas
- Alemaña - Francia
- Alemaña - GB
- Autria-Hungría - Rusia
CAUSAS
Por que hai tensión entre Alemaña e Francia (1)? Que consecuencia terá esta tensión (2)?
Rivalidades europeas
- Porque Alemaña lle quitou Alsacia e Lorena a Francia na guerra franco-prusiana e Francia NON renuncia a estos territorios.
- Alemaña intentará illar a Francia formando unha alianza militar, a Triple Alianza (T.A.) (formada por: Alemañana, Austria-Hungría e Italia).
CAUSAS
Por que hai tensión entre Alemaña e G.B. (1)? Que consecuencia terá esta tensión (2)?
Rivalidades europeas
- Porque Alemña compite con GB polo dominio dos mares, iniciando unha intensa construcción naval.
- GB pretenderá illar a Alemaña formando unha alianza militar, a Triple Entente (T.E.) (formada por: GB, Francia e Rusia).
CAUSAS
Por que hai tensión entre Austria-Hungría e Rusia (1)? E que consecuencia ten tanta tensión antes de que estale a guerra (2)?
Rivalidades europeas
- Porque compiten polo control dos Balcáns (ante o baleiro deixado por Turquía, que cada vez controlan menos territorios).
- Causan unha carreira armamentística. Os países gastan moito na fabricación de armas cada vez máis destructivas.
CAUSAS
PREGUNTA LONGA
Donde se localiza a orixe da 1ªGM (1)? Explícao extensamente o contexto desa zona antes do comezo da 1ªGM (2). Cal vai a ser o foco de tensión máis destacado neste lugar e por qué (3)?
Conflito Balcánico
- Nos Balcáns.
- Alí estaban presentes 3 grandes imperios: Autria-Hungría, Rusia e Turquía. Das zonas de antigo dominio surxiran novas nacións agresivas, como Serbia e Bulgaria. Dese cinxunto de forzas xurdiron 2 guerras balcánicas, das que Serbia sairá reforzada.
- A tensión entre Austria-Hungría e Serbia. Xa que Serbia inspira a formar unha nación eslavo-balcánica (a futura Yugoslavia),baseada nun sentimento PANESLAVISTA (sentimento apoiado por Rusia) no que estaría incluído Bosnia, pero Bosnia está ocupada por Austria-Hungría.
CAUSAS
Cal é o detonante da guerra (1)? Explica as circunstancias dese asesinato (2).
Marcha cara a guerra
- O asasinato fo herdeiro ao trono autro-húngaro, Francisco Fernando, o 28 de xuño de 1914 en Saraxevo (Bosnia).
- O asasino, Gavrilo Princip, era un bosnio pertencente a unha organización terrorista serbia, que loitaba por liberar a Bosnia da dominio austro-húngaro-
CAUSAS
Cal é a reacción de Austria e de Serbia respecto o asasinato do chanceler Francisco Fernando?
Marcha cara a guerra
Austria esixe unha satisfación, ordéalle a Serbia que se someta ás súas ordes (permitindo, por exemplo, unha investigación en torno ao atentado). Pídeno en forma de ULTIMÁTUM.
CAUSAS
Quen é o primeiro en tomar partido na disputa entre Austria e Serbia (1)? Quen o fai despois (2)? Cando pasamos da tensión á guerra (3)?
Marcha cara a guerra
- Alemaña apioando a Austria.
- Rusia apoiando a Serbia (sentimento paneslavista).
- Cando Austria-Hungría declara a guerra a Serbia.
CAUSAS
Que entendes por “apoiar” cando falamos de que un país apoia a outro (1)? Cal consideras que é o momento máis grave en toda esa escalada de apoios e declaración de guerra (2) e por que (3)?
Marcha cara a guerra
- Mostrar a súa unión/integración en caso de guerra e mover as súas tropas cara a fronteira inimiga.
- Cando Alemaña declara a guerra a Francia e a Rusia.
- Porque Alemaña ataca a Francia invadindo Bélxica (país neutral), o que supón a entrada de GB na guerra.
A GRAN GUERRA: FORZAS ENFRONTADAS + A LOITA
Por qué falamos desta guerra como unha guerra mundial?
Forzas enfrontadas
Porque participan as colonias dos países en guerra e tamén algunhas potencias extranxeiras/non europeas, como EEUU e Xapón.
A GRAN GUERRA
Con que vantaxes conta a Triple Alianza ao comezo da guerra (1)? Con que vantaxes conta a Triple Entente ao comezo da guerra (2)?
Forzas enfrontadas
- Conta cun bloqueo territorial homoxéneo para o translado de tropas e co millor exército en canto equipación e prepapración.
- Ten máis poboación, máis soldados e mellor flota de guerra, e tamén conta con máis recursos xa que ten máis colonias.
A GRAN GUERRA
Por qué ao primeiro ano de guerra se lle coñece como “A guerra rápida” (1)? Cal foi o gran erro do Plan Schlieffen (2)?
Fases da guerra (A guerra rápida, 1914)
- Porque o exército alemán se move rápido aplicando o Plan Schlieffen, que consisten en invadir Francia através de Bélxica para despois lanzarse contra Rusia, agardando rematar a guerra en menos de 6 meses (isto non ocurrirá así).
- Non contar con que a invasión de Bélxica supoñerá a entrada de GB contra Alemaña na guerra.
A GRAN GUERRA
Nomea dúas batallas desta fase da guerra cos seus contendentes e vencedores:
Fases da guerra (A guerra rápida, 1914)
- Batalla do Marne (francobritánicos vs alemáns): termina en empate.
- Batalla dos Lagos Masurianos (rusos vs alemáns): gañan os alemáns.
A GRAN GUERRA
Qué factor favorece á Triple Alianza a finais dese ano de 1914 (1)? Balance dese ano de guerra (2)?
Fases da guerra (A guerra rápida, 1914)
- Que Turquía se sume á Triple Alianza.
- A pesar do fallo no seu plan, vai gañando a guerra a T.A.
A GRAN GUERRA
Por qué chamamos “Guerra de trincheiras” ao segundo ano de guerra (1)? Cales eran as condicións de vida nas trincheiras (2)? Que armamento destaca nese tipo de guerra (3)?
Fases da guerra (A guerra das trincheiras/de posicións, 1915)
- Por que os dous bandos poñen en práctica unha guerra defensiva (con trincheiras) para controlar os seus territorios e poder “descansar” (non reciben moito descanso de todas formas).
- Pésimas (choiva, neve, cadáveres, feces…)
- Granadas de man, lanzallamas, morteiros, gases, artillería de gran calibre (Gran Berta), aviación (como o “Barón Rojo”, pilotado por Manfred Von Richtofen) e submariños,
A GRAN GUERRA
Novidades dese ano de guerra (1915) (1)? Balance dese ano de guerra (2)?
Fases da guerra (A guerra das trincheiras/de posicións, 1915)
- Italia entra na guerra a favor da T.E. (oposto de como entrou) e Bulgaria a favor da T.A.
- Vai gañando a Triple Alianza.
A GRAN GUERRA
Por qué chamamos ao ano 1916 o da “Guerra de desgaste” (1)? Que novidade destaca nas accións bélicas (2)? Cales son os problemas de Turquía en 1916 (3)?
Fases da guerra (A guerra do desgaste, 1916)
- Por que as batallas son cada vez máis destructivas (Verdún (case 1/2 millón de baixas en cada bando) e Somme)).
- As batallas navais, como a de Jutlanida.
- Que sufren os ataques rusos e británicos.
A GRAN GUERRA
Balance de 1916?
Fases da guerra (A guerra do desgaste, 1916)
Situación de empate e desgaste de Alemaña.
A GRAN GUERRA
Por qué decimos que 1917 é o ano decisivo?
Fases da guerra (O ano decisivo, 1917)
Pola retirada de Rusia e a entrada de EEUU na guerra.
A GRAN GUERRA
Por qué e cando Rusia se retira da guerra?
Fases da guerra (O ano decisivo, 1917)
Polo triunfo da revolución bolxevique en Rusia, en 1917.
A GRAN GUERRA
PREGUNTA LONGA
Cal era o comportamento dos EEUU antes de entrar na guerra (1)? Que provoca esta actitude dos EEUU (2)? Cal é o detonante da entrada dos EEUU na guerra (3)?
Fases da guerra (O ano decisivo, 1917)
- Non participaban na guerra pero simpatizaban ca T.E. (sobretodo GB) enviándolles suministros.
- Provoca a reacción de Alemaña que trata de illar a GB mediante a guerra submariña (todo barco que chegase a GB será afundido).
- O afundimento do transatlántico “Lusitania” (cheo de pasaxeiros norteamericanos) por un submariño alemán.
A GRAN GUERRA
Que estaba provocando a duración da guerra nos países en conflicto?
Fases da guerra (O ano decisivo, 1917)
Malestar social.
A GRAN GUERRA
Que foi o Tratado de Brest Litovsk (1)? )Que consecuencia ten este tratado de cara á guerra (2)?
Fases da guerra (Fin do conflito, 1918)
- A sinatura da paz entre a Rusia bolxevique e Alemaña.
- Alemaña benefíciase xa que pode concentrar a súa forza na fronte occidental (Francia e GB).
A GRAN GUERRA
Que factor vai en contra dos alemáns trala firma do Tratado de Brest Litovsk (1)? Que outro factor debilita todavía máis aos alemán (2)?
Fases da guerra (Fin do conflito, 1918)
- A chegada dos EEUU á fronte occidental con 2M de soldados.
- Que se están quedando sós xa que Bulgaria , Turquía e Austria-Hungría rendíranse.