tema 10 Flashcards
CAUSAS DA GUERRA
Que dous factores provocan o ascenso dos fascismos (1)? Que característica teñen estes fascismos na súa política exterior (2)?
Causas remotas
- A crise económica de 1929 (o crack da bolsa) e os efectos do Tratado de Versalles.
- O expansionismo (conquista de territorios).
CAUSAS DA GUERRA
Cal das políticas expansionistas agresivas se considera que é a causante da 2ªGM (1)? Que fai Hitler como mostra da súa política agresiva ata 19368 (2)?
Causas próximas (política agresiva de Hitler)
- Alemaña.
- Marcha de SDN, desobedece as imposicións do Tratado de Versalles (impón en Alemaña o servicio militar obrigatorio e remilitariza Renania). Tamén participa na GUerra Civil Española (sobretodo para probar o seu armamento).
CAUSAS DA GUERRA
Cal é o primeiro paso ambicioso de Hitler (1)? En que consiste isto (2)?
Causas próximas (política agresiva de Hitler)
- O Anschluss.
- A estratexia de Hitler para anexionar Austria ao territorio alemán, mediante a convocatoria dun plebiscito baixo ameaaza, que resultou favorable aos intereses de Hitler/tivo éxito.
CAUSAS DA GUERRA
Queda satisfeito Hitler tralo Anschluss e por que (1)? Onde mira primeiro Hitler cando pon a súa vista en Checoslovaquia e por que alí (2)?
Causas próximas (política agresiva de Hitler)
- Non de todo, porque agora mira a/está interesado en Checoeslovaquia.
- Cara os Sudetes, porque era unha rexión que contaba cunha importante minoría alemana.
CAUSAS DA GUERRA
Como reaccionan Francia e GB ante a ameaza de Hitler sobre os sudetes (1)? Quen trata de mediar nesta crise diplomática e como o fai (2)?
Causas próximas (política agresiva de Hitler)
- Protestan.
- Mussolini, convocando unha conferencia en Munich.
CAUSAS DA GUERRA
A que acordo se chega na Conferencia de Munich?
Causas próximas (política agresiva de Hitler)
GB e Francia permiten a Hitler a anexión dos Sudetes coa promesa de que non ambicione máis territorios para así evitar a guerra en Europa.
CAUSAS DA GUERRA
Que reflexións sacamos do resultado da Conferencia de Munich?
Causas próximas (política agresiva de Hitler)
Unha sensación de humilación para británicos e franceses, e unha sensación de triunfo para HItler, advertindo a debilidade dos seus contrincantes.
CAUSAS DA GUERRA
Queda satisfeito Hitler trala obtención dos Sudetes e por que (1)? De que manera controlará Hitler o resto de Checoslovaquia (2)?
Causas próximas (política agresiva de Hitler)
- Non, porque aínda quere apoderarse do resto de Checoeslovaquia.
- Anexionando Bohemia e Moravia ao Reich e mantendo Eslovaquia como un estado títere.
CAUSAS DA GUERRA
Queda satisfeito Hitler trala anexión de Checoslovaquia e por que (1)? Por que quere este territorio (2)?
Causas próximas (política agresiva de Hitler)
- Non, porque agora quere o Corredor de Danzig.
- Porque o Corredor separaba Prusia Oriental do resto de Alemaña e Hitler quería unilas.
CAUSAS DA GUERRA
Como fai Hitler para evitarse problemas no seu proxecto de invasión de Polonia (1)? Que actitude toman Francia e GB ante as pretensións de Hitler (2)?
Causas próximas (política agresiva de Hitler)
- Asina un pacto de non agresión coa URSS (Pacto Ribbentrop-Molotov), no que, secretamente acordan repartirse Polonia.
- Comprométense a defender Polonia ante un ataque alemán.
CAUSAS DA GUERRA
Cando e como comeza a 2ªGM?
Causas próximas (política agresiva de Hitler)
O 1 de setembro de 1939 coa invasión alemana de Polonia.
VICTORIAS DO EIXE (1939-1942)
Como chamamos ao período de guerra que vai de 1939 a 1940 (1)? Por qué ten ese nome (2)? Que pasará con Polonia (3)?
Guerra Relámpago (1939-1940)
- Guerra Relámpago,
- Porque Alemaña invade unha gran número de territorios nunha reducida cantidade de tempo.
- A parte Occidental é invadida en catro semanas, e o resto de Polonia (Oriental) é invadida polos soviéticos.
VICTORIAS DO EIXE (1939-1942)
Que países invade Alemaña en 1940 (1)? Por que invade Noruega (2)? E Dinamarca (3)?
Guerra Relámpago (1939-1940)
- Dinamarca, Noruega, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Francia, Grecia e Yugoslavia.
- Para ter as súas minas de ferro.
- Para desembarcar o ferro Noruego.
(invade Dinamarca antes que Noruega)
VICTORIAS DO EIXE (1939-1942)
Que erro cometen os franceses na súa guerra contra Alemaña (1)? Que fan os alemáns para burlar aos franceses (2)? Onde se produce a derrota definitiva do exército francés (que contaba da axuda dos británicos) (3)? Que fan os italianos neste asunto de Francia (4)?
Guerra Relámpago (1939-1940)
- Confiar na súa liña defensiva (Liña Marginot) para rexeitar un ataque alemán,
- Equivan a Liña Maginot, atacando aos franceses a través de Bélxica na zona das Ardenas.
- En Dunkerke (a praia).
- Atacan aos franceses polo sudeste pero son derrotados.
VICTORIAS DO EIXE (1939-1942)
Que vai a pasar con Francia trala súa derrota (1)? Que francés se opón a esta situación na que queda Francia? (2) Que propón (3)?
Guerra Relámpago (1939-1940)
- Esta se rinde e queda dividida un dúas zonas, a Zona norte (conquistada por Alemaña), e a sur (baixo o control do mariscal Petain) que será unha Francia títere de Alemaña.
- Xeral De Gaulle.
- Seguir loitando ata a liberación de Francia.
VICTORIAS DO EIXE (1939-1942)
Que demostrou a “guerra relámpago” alemá (1)? En que consistía esta táctica (2)?
Guerra Relámpago (1939-1940)
- O éxito/a eficiencia das tácticas alemanas.
- A combinación das súas divisións acorazadas (Panzer), e infantería e aviación (Luftwaffe).
VICTORIAS DO EIXE (1939-1942)
Poderá Hitler usar a guerra relámpago contra G.B. e por que (1)? Que terá que facer Hitler entón (2)? Como se chamou esta loita entre británicos e alemás (3)?
Guerra Relámpago (1939-1940)
- Non, porque GB é unha illa, polo que Alemaña non a pode atacar cos seus medios usuales.
- Bombardear GB ata que se rinda.
- Batalla de Inglaterra.
VICTORIAS DO EIXE (1939-1942)
Que unidades loitan na Batalla de Inglaterra (1)? Quen vence e por que (2)?
Guerra Relámpago (1939-1940)
- Aviación británica (R.A.F.) e alemá (Luftwaffe).
- GB, porque contaban ca axuda do radar.
VICTORIAS DO EIXE (1939-1942)
En que problema meten os italianos aos alemáns (1)? Que fan os alemáns unha vez alí (2)?
Guerra Relámpago (1939-1940)
- Na invasión de Grecia, xa que os italianos son derrotados e teñen que ser axudados por Alemaña.
- Dende Grecia avanzan cara p norte e invaden os Balcáns, concretmente Yugoslavia.
VICTORIAS DO EIXE (1939-1942)
Onde dentro de Yugoslavia atopan os alemáns un aliado (1)? Que outros aliados terá Alemaña no leste de Europa (2)?
Guerra Relámpago (1939-1940)
- En Croacia, onde hai un réxime chamado ustachi (nazi-croata) (liderado por Ande Pavelic).
- Hungría e Rumanía (países títeres).
VICTORIAS DO EIXE (1939-1942)
En que problema meten os italianos aos alemáns en 1941 (1)? Que fará Alemaña (2)?
A Guerra Europea convértese en mundial
- Na invasión do Exipto británico, na que fracasan.
- Envía un exército chamado África Korps, dirixido polo mariscal Romme.