S. XIX Flashcards
AFRANCESADOS
reducido grupo de españois que apoiou a Xosé I Bonaparte nas tarefas de goberno.
Consideraban que o reformismo autoritario francés era o único medio para lograr a renovación e o
cambio en España. Ao finalizar a Guerra de Independencia foron perseguidos e moitos se exiliaron a
Francia.
ABDICACIÓN DE BAIONA
renuncias sucesivas, acontecidas na cidade francesa de Baiona en 1808, de
Carlos IV e seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte, quen pouco
despois cedeu eses dereitos ao seu irmán, que reinou con nome de Xosé I Bonaparte.
CANTONALISMO
modelo de organización territorial que defende a creación dun Estado composto por
unidades políticas territoriais soberanas –os cantóns- que mediante acordos libres (“de abaixo
arriba”) se unen formado a federación española. En 1873, durante a Primeira República, os seus
partidarios protagonizaron insurreccións cantonalistas, destacando a de Cartaxena, que foron
sufocados polo exército.
ESTATUTO REAL
nome que recibe o Decreto de 1834 polo que a raíña rexente María Cristina de
Borbón convocaba as Cortes do reino de España. Polo seu contido, considérase como unha “carta
outorgada” xa que a Coroa renunciaba a manter en exclusiva o poder admitindo unha ampliación da
participación política en beneficio das clases posuidoras, pero conservaba en exclusiva a soberanía e
non recollía a separación de poderes ni dereitos dos cidadáns.
MANIFESTO DOS PERSAS
documento que presentaron en 1814 deputados absolutistas a Fernando VII
tras o seu retorno do exilio en Francia, solicitándolle a abolición dos decretos promulgados polas
Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812, así como a restauración do Antigo Réxime. O monarca
atendeu as peticións restablecendo o absolutismo.
MANIFESTO DE SANDHURST
documento elaborado por Cánovas del Castillo e asinado, en decembro de
1874, por Alfonso de Borbón, fillo e herdeiro de Isabel II, na academia militar inglesa de Sandhurst,
onde estudiaba. Neste manifesto indicaba a necesidade de restaurar a monarquía borbónica en
España, presentándose como un rei respectuoso co sistema liberal constitucional e defensor da orde
social e a relixión católica.
PRAGMÁTICA SANCIÓN DE 1830
disposición promulgada por Fernando VII que anulaba a coñecida
como Lei Sálica, aprobada por Felipe V, que impedía acceder ao trono ás mulleres. Esta medida
supuxo a exclusión do irmá do rei, o infante Carlos de Borbón, do trono de España, e converteu a
filla de Fernando VII, a futura Isabel II, en herdeira.
PRONUNCIONAMENTO
levantamento de parte do exército, contando co apoio dun determinado sector da
sociedade, que “se pronuncia” a favor do cambio do sistema político vixente. Foron frecuentes os
que defendían o liberalismo fronte ao absolutismo de Fernando VII e os que defendían o liberalismo
progresista fronte ao conservador no reinado de Isabel II.
SUFRAXIO CENSITARIO E UNIVERSAL
o sufraxio é o dereito político que permite elixir, mediante o voto,
aos cargos públicos electos. O censatario limita este dereito aos cidadáns incluídos no censo en
función dun determinado nivel económico e social, mentres que o universal soamente establece a
condición para votar da maioría de idade. En España, o censatario foi defendido polos liberais e o
universal polos demócratas. A Constitución republicana de 1931 estableceu o dereito de voto das
mulleres.
TRATADO DE VALENÇAY
acordo de paz asinado en 1813 nesa cidade francesa polo que Napoleón
aceptaba a suspensión das hostilidades, o retorno de Fernando VII ao trono de España, a devolución
dos territorios ocupados e a renuncia de Xosé I. Tanto as tropas francesas como británicas debían
abandonar España finalizando así a Guerra de Independencia.
UNIÓN LIBERAL
partido político fundado en 1858 polo xeneral O´Donnell que agrupaba á esquerda
moderada, á dereita progresista, e numerosos militares. Partidarios da monarquía constitucional de
Isabel II gobernaron de 1858 a 1863 e de 1865 a 1866, destacando as campañas de prestixio militar
que desenvolveron no exterior.
CACIQUISMO
práctica política que en España controlaba as eleccións grazas á figura do cacique,
persoa que dominaba o poder local e controlaba os votos do seu territorio valéndose do seu poder
económico, status social ou influenzas. O caciquismo fixo posible a fraude electoral masiva existente
no sistema da Restauración borbónica.
ENCASILLADO OU ESCADRAMENTO
proceso polo que o ministro da Gobernación elaboraba a lista de
candidatos que debían ser escollidos en cada distrito electoral, colocando nas cuadrículas
correspondentes os nomes dos candidatos ministeriais e da oposición. A lista era pactada polos dous
partidos liberais monárquicos e esta práctica garantía a quenda pacífica dos gobernos da
Restauración borbónica.
PUCHEIRAZO
un dos métodos de manipulación electoral empregado durante a Restauración
borbónica, para permitir o triunfo dun determinado candidato. Consistía na substitución no pucheiro
(urna electoral) dos votos xa emitidos por outros favorables ao candidato que se desexaba que saíse
elixido, ou na modificación da acta do reconto dos votos.
REXENERACIONISMO
corrente intelectual, política e literaria de finais do s. XIX e principios do s. XX
que partía da análise dos problemas que padecía España para tratar de rexenerala e modernizala.
Xurdiu a partir do desastre de 1898 e o seu principal representante foi Joaquín Costa que
propugnaba acabar co caciquismo, reducir a pobreza e fomentar a educación.