Bloque 1 Flashcards

1
Q

AULA REGIA

A

Organismo político que asesoraba ao monarca nos asuntos políticos, militares, lexislativos, e xudiciais do reino visigodo de Toledo. Nos seus comezos estaba formada por cortesáns e servidores do rei, pero desde o século VI asistían tamén as principais personalidades do reino. Tendo en conta que a monarquía era electiva, a función deste organismo era fundamental porque tamén interviña na designación dos monarcas.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

BÁRBAROS

A

Denominación xenérica dada polos gregos e romanos aos pobos situados fóra do ámbito da súa civilización e que non falaban a súa lingua. Durante o Baixo Imperio o termo tomou un sentido pexorativo empregándose para designar os pobos de costumes primitivas que ameazaban coas súas incursións as fronteiras do mundo romano. No 476 conseguiron tomar Roma e depoñer ao derradeiro emperador romano de occidente.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

CASTRO

A

Poboado fortificado prerromano no que se asentaron poboacións indíxenas na Meseta norte e no noroeste peninsular, onde da nome á cultura castrexa. caracterizados pola súa planta redondeada e un urbanismo irregular no que as construcións tamén eran redondeadas. Os castros poden ocupar cumios de outeiros, ladeiras de montañas, penínsulas ou estar situados en zonas chairas.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

COVENTUS

A

Inicialmente eran asembleas conxuntas de romanos e indíxenas que
evolucionaron ata converterse en unidades administrativas (recadación de impostos,
recrutamento de tropas) e xurídicas (regularización de preitos, realización de contratos)
dentro das provincias romanas. Unha cidade actuaba como capital do conventus e lle dá
nome, pero o seu territorio non estaba definido xuridicamente, polo que os seus límites eran imprecisos.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

ECONOMÍA PREDADORA

A

Tipo de actividade humana na que se obteñen e consumen os
recursos da natureza sen xerar produción. É característica das sociedades paleolíticas ou preagrícolas nómades ou seminómades nas que a recolección de froitos silvestres, a caza, a
pesca e o marisqueo son as actividades que permiten ao grupo obter os alimentos e os
recursos para o vestido e a construción das vivendas.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

GUERRAS CÁNTABRAS

A

Enfrontamentos bélicos entre os romanos e os pobos do norte
peninsular (cántabros, ástures e galaicos) que supuxeron a finalización da conquista romana
da península ibérica. Tiveron lugar entre os anos 29 e 19 a.C. e estiveron dirixidas polo
emperador Augusto. A batalla de Monte Medulio (ano 25 a.C.) puxo fin á resistencia dos
galaicos.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

MEGALITISMO

A

Literalmente significa “grandes pedras” (do grego “mega” –grande- e “litos”
–pedra-), termo que fai alusión ás construcións arquitectónicas formadas por grandes pedras
chamados megálitos. Os tipos básicos son: o menhir ou pedrafita (un monólito fincado no
chan verticalmente), o crómlech (menhires formando un círculo) e o dolmen ou anta
(sepulcros formados por unha cámara que pode estar precedida dun corredor).
Corresponden a unha ampla cronoloxía que vai desde finais do Neolítico ata a Idade do
Bronce.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly