Vocabulario Tema 1/2 Flashcards

1
Q

Aluvión

A

Materiais que forman parte dos depósitos sedimentarios de orixe fluvial.
Caracterízanse polo desgastre das súas aristas debido ó frotamento durante o seu
arrastre

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

Foz

A

(tamén denominada garganta) val estreito e profundo, enmarcado por vertentes
abruptas, case verticais, creadas pola erosión dos ríos ó circular sobre materiais duros.
Esta forma é propia do relevo cárstico e do relevo sobre rocas metamórficas.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

Meseta

A

superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente ondulada,
elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de
importancia e os seus rebordos poden ser montañosos. En España é a unidade principal
do relevo peninsular, resto do antigo macizo xurdido na oroxenia herciniana, que foi
arrasado pola erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir
os seus sistemas interiores e os rebordos montañosos.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

Tectónica de placas

A

Teoría que explicou a deriva continental e outros fenómenos.
A superficie exterior da Terra consiste en aproximadamente dez bloques ou placas
ríxidas. Estas transportan aos continentes e aos solos oceánicos, están en constante
movemento e son a causa de moita actividade xeolóxica (formación de montañas,
volcáns e terremotos). As placas sofren tres tipos básicos de movementos: sepáranse,
converxen e deslízanse

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

Ría

A

Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A orixe
xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial relacionado con
movementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de fracturas
preexistentes.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

Tómbolo

A

Barra de área que une un illote rochoso á costa. Pode ser dobre cando
son dúas as barras areentas quedando entón unha lagoa entre as dúas.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

Zócolo

A

chairas ou mesetas formadas na era primaria ou paleozoico como resultado
do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nesta era. Os materiais
paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son ríxidas e ante
novos empuxes oroxénicos fractúranse ou rompen. Na actualidade, os zócolos
constitúen relevos horizontais que ocupan extensas áreas na metade occidental da
Península.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
8
Q

Macizos antigos

A

montañas formadas polo novo levantamento dun bloque do
zócolo como consecuencia dos movementos oroxénicos da era terciaria, polo tanto os
seus materiais son paleozoicos. Presentan cumios suaves e redondeados.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
9
Q

Cordilleiras de pregamento

A

grandes elevacións montañosas que xurdiron na
oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios calcarios,
depositados polo mar na era secundaria.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
10
Q

Cuncas sedimentarias

A

zonas afundidas formadas na era terciaria e recheas de
sedimentos. Presentan relevos horizontais ou suvemente inclinados porque non foron
afectados por oroxéneses posteriores.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
11
Q

Aridez

A

sequidade, falta de humidade. A aridez aumenta coa temperatura e a
escaseza de precipitacións. O índice de aridez establece a relación entre a
temperatura e a humidade nun espazo determinado; segundo o índice de Gaussen
un mes é árido cando o dobre da súa temperatura media é maior ou igual que as
precipitacións.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
12
Q

Barlovento

A

zona exposta á dirección do vento.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
13
Q

Inversión térmica

A

fenómeno meteorolóxico que se produce cando una capa de
aire quente se sitúa po enriba dunha capa de aire frío e altera a circulación norma
do aire. Produce néboas persistentes e, nas grandes cidades, un aumento dos niveis
de contaminación do aire.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
14
Q

Isobara

A

liña imaxinaria debuxada nun mapa que une todos os puntos que teñen
igual presión atmosférica

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
15
Q

Isohieta

A

liña imaxinaria debuxada nun mapa que une todos os puntos que teñen
igual volume de precipitacións.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
16
Q

Avesedo (umbría)

A

vertente dunha montaña orientada ao norte e que recibe maior

cantidade de radiación solar, xeralmente é máis fresca e húmida.