Teoría Tema 1/2 Flashcards
O relevo
O relevo actual da Península Ibérica é o resultado da interacción de diversos axentes ou procesos ao longo de milleiros de anos. Estes axentes podémoslos dividir en factores internos e externos.
Os primeiros teñen orixe no interior da Terra, os máis destacables son os tectónicos e os litoloxicos. Os factores externos actúan sobre a superficie terrestre, os principais son o clima, a vexetacion e a acción antrópica
A era arcaica
(4.000-600 millóns de anos) emerxeu unha
banda arqueada de NO-SE formada por lousas e gneis que comprendía a actual Galicia
e elevacións en puntos illados do Sistema Central e Montes de Toledo. Este macizo foi
arrasado pola erosión e cuberto polos mares paleozoicos.
A era primaria
(600-225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese
herciniana e xurdiron as cordilleiras hercinianas formadas por granito, lousa e cuarcita.
Elevouse o macizo Hespérico (actual meseta e Macizo Galaico) que foi arrasado pola
erosión e convertido en zócolo inclinado cara ó Mediterráneo.
A era secundaria
(225-68 millóns de anos) foi un período de calma
oroxénica. O Macizo Hespérico veuse sometido á erosión e sedimentación, tanto de
orixe continental como mariña (a inclinación cara ó Mediterráneo permitiu a penetración
do mar).
A era terciaria
(68-1,7 millóns de anos) produciuse oroxenia Alpina.
Como resultado desta:
Levantáronse as cordilleiras alpinas ó pregarse os materiais depositados nas fosas
oceánicas, xurdiron os Pireneos e as cordilleiras Béticas.
Formáronse as depresións prealpinas: Ebro e Guadalquivir.
A Meseta viuse afectada:
Inclinouse cara ó Atlántico
Formáronse os bordos montañosos por pregamento dos materiais depositados
polo mar (Cordilleira Cantábrica e Sistema Ibérico) e polo empuxe das Béticas
(Serra Morena)
O zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos experimentou
fracturas e fallas dando lugar á estrutura xermánica, constituída por bloques
levantados (Macizo Galaico e Sistema Central e Montes de Toledo) e
bloques afundidos (submeseta N e S).
As fallas deron lugar a actividade volcánica no Campo de Calatrava, OlotAmpurdán e o Cabo de Gata.
Estableceuse a rede fluvial.
Nesta era tamén orixinouse o conxunto de natureza volcánica das Illas Canarias.Como
consecuencia da oroxénese alpina rompeu o fondo do mar e ascenderon grandes
masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas. Tipos de relevo: conos volcánicos,
caldeiras, malpaíses, diques e roques, barrancos e glacis.
A era cuartenaria
(1,7 millóns de anos-actualidade) producíronse o glaciarismo
e a formación de terrazas fluviais.
O glaciarismo afectou ás cordilleiras máis altas dando lugar a glaciares de circo (nas
cabeceiras dos vales dos Pireneos, Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico e Béticas) e
glaciares de val, por desprazamento do circo, os fragmentos rochosos escavan o val en
forma de U e lagos, só se deu nos Pireneos.
As terrazas fluviais formáronse na época posglaciar debido ás alternancias climáticas:
nos períodos glaciais ó atoparse a auga xeada nas montañas, os ríos perderon forza
erosiva e depositaron aluvións no leito; nos períodos posglaciais aumentou o caudal e a forza erosiva dos ríos, afondaron o seu leito e deixaron suspendidos ós lados os
aluvións acumulados anteriormente. Os sucesivos períodos deron lugar a terrazas
graduadas. Destacan as do Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir e Ebro.
As unidades morfoestructurais
resultan de movementos tectónicos que se orixinan no
interior da Terra e dan lugar a levantamentos, afundimentos e desprazamentos da codia
terrestre, e da posterior actuación da erosión e da sedimentación. Ambos procesos
están condicionados pola natureza das rochas. Na Península atópanse presentes as
grandes unidades morfoestructurais do relevo continental: zócolos, macizos antigos,
cordilleiras de pregamento e concas sedimentarias
Zócolos
son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou paleozoico como
resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nesta era. Os materiais
paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son ríxidas e ante
novos empuxes oroxénicos fractúranse ou rompen. Na actualidade, os zócolos son
relevos horizontais que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península.
Macizos antigos
son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento
dun bloque como consecuencia do movemento oroxénico alpino; son materiais
paleozoicos. Estes macizos presentan cumes suaves e arredondados. Na Península,
son macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de
Toledo), o Macizo Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica.
Cordilleiras de pregamento
son grandes elevacións montañosas que xurdiron na
oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios calcarios,
depositados polo mar na era secundaria. Distínguense dous tipos:
- Cordilleiras intermedias, pregamento de materiais depositados nos bordos dos
zócolos (Sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica).
- Cordilleiras alpinas, pregamento de materiais depositados en fosas mariñas longas e profundas (Pireneos e cordilleiras Béticas).Teñen fortes pendentes e formas escarpadas
Cuncas sedimentarias
son zonas afundidas formadas na era terciaria
e cheas con sedimentos de calcaria, arxila, arenitos e margas. As concas sedimentarias
son de dous tipos: as cuncas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun
zócalo a causa das presións oroxénicas da era terciaria (depresións das mesetas do
Douro, Texo e Guadiana); e as depresións prealpinas, localizadas a ambos lados das
cordilleiras alpinas (depresións do Ebro e do Guadalquivir). As concas sedimentarias
son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque non foron afectados por
oroxéneses posteriores