T. 6/7/8/9 Flashcards

1
Q

Área suburbana:

A

territorio próximo ás cidades que polas súas características constitúe unha zona
de transición entre o núcleo urbano propiamente dito e o espazo rural adxacente.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

área metropolitana

A

zona urbana que engloba unha cidade central que dá nome á área e unha
serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e
servizos, todo organizado de xeito centralizado. Exemplos en Galicia e España son as áreas
metropolitanas de Vigo e Barcelona, respectivamente.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

Plan Xeral de Ordenación Urbana

A

instrumento de ordenación integral do territorio.
Contén a clasificación do solo, definición dos elementos fundamentais da estrutura xeral do
territorio, desenvolvemento, execución e a vixencia do plan. Soe ser municipal, Plan
Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

xentrificación

A

proceso de transformación urbana no que a poboación orixinal dun sector ou barrio
deteriorado e con pauperismo é progresivamente desprazada por outra dun maior nivel adquisitivo
á vez que se renova. O termo é un neoloxismo que procede do inglés “gentrification”.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

acuicultura

A

: conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou
no medio no que habitan os peixes ou plantas permiten controlar a súa reprodución e/ou o seu
crecemento. É moi significativa en Galicia, e está restrinxida a un pequeno abano de especies, en
función da súa importancia económica e do desenvolvemento dunha tecnoloxía axeitada e limitada
especialmente á beiramar ou ás augas continentais.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

agricultura ecolóxica

A
sistema para cultivar unha explotación agrícola, baseado na utilización
óptima dos recursos naturais e sen empregar produtos químicos de síntese ou organismos
xeneticamente modificados (OXMs), logrando deste xeito obter alimentos ecolóxicos á vez que se
conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio.
How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

denominación de orixe

A

certificación de calidade que se outorga a produtos agroalimentarios dun
determinado territorio do que toman o seu nome, que asegura certas características comúns que
todos teñen que cumprir.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
8
Q

desagrarización

A

proceso que consiste na desvinculación dos habitantes das zonas rurais coa
agricultura, a gandería e a explotación forestal, en favor de actividades como o turismo, e dá lugar a
unha transformación dos lugares de traballo, das vivendas e dos valores sociais. Tamén se pode
referir á perda de importancia do sector primario respecto á achega ao PIB e a poboación ocupada

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
9
Q

explotación intensiva

A

aquela explotación agraria ou gandeira localizada sobre unha superficie moi
limitada de terreo, que require un grande investimento de capital co fin de obter rendementos
elevados.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
10
Q

política pesqueira comunitaria

A

política europea que vai encamiñada a unha explotación
sustentable do medio mariño e dos seus recursos e a fomentar a cría de especies polo sistema da
acuicultura, así como a negociar acordos con países non comunitarios para poder pescar nos seus
caladoiros.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
11
Q

silvicultura

A

actividade que ten por obxectivo o cultivo, a conservación e o aproveitamento
económico dos montes.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
12
Q

enerxías renovables

A

son as que non se esgotan co uso ou pódense recuperar de forma natural se
se utilizan a un ritmo adecuado. Teñen un impacto baixo sobre o medio ambiente e tamén se
denominan enerxías alternativas, porque o seu uso é, relativamente, recente. Son exemplo deste
tipo de enerxías as seguintes: hidráulica, solar, eólica, maremotriz, xeotérmica e a da biomasa

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
13
Q

fondos estruturais

A

instrumentos da Unión Europea para reducir os desequilibrios rexionais a
través do desenvolvemento das rexións máis atrasadas e das rexións afectadas polo declive
industrial, o paro de longa duración e o paro xuvenil. Destaca o FEDER ( Fondo Europeo para o
Desenvolvemento Rexional).

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
14
Q

subcontratación

A

tipo de relación económica pola que o titular dun contrato principal cede a un
terceiro (subcontratista) a prestación dunha actividade económica.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
15
Q

industrias verdes

A

aquelas industrias que empregan tecnoloxías limpas, nas que o valor central non
é o crecemento económico senón o desenvolvemento sostible.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
16
Q

materias primas estratéxicas

A

materias primas escasas, que acadan nos mercados internacionais
un valor notable pola súa utilización en industrias de tecnoloxía punta, armamentista ou por
condicionar a riqueza mundial. En moitos casos son causa de guerras neoimperialistas para
abastecer ás grandes potencias industriais. Ademais do petróleo, gas e uranio, están outras como o
coltán, diamantes, manganeso, cobalto, aluminio, cobre, grafito, cromo, níquel, platino, titanio…

17
Q

parques tecnolóxicos

A

espazos de alta tecnoloxía, con áreas que integran actividades de
investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i). A súa produción, está relacionada coas novas
tecnoloxías: informática, telecomunicacións, novos materiais, enerxías renovables, aeronáutica,
biotecnoloxía, etc. Localízanse na periferia urbana nas aforas das grandes capitais, ou nalgunha das
cidades satélite da súa periferia. Con frecuencia son construídos por iniciativa pública, principalmente
polos gobernos das Comunidades Autónomas, co obxectivo final de impulsar a economía da comarca
onde se instalan.

18
Q

balanza comercial

A

diferenza entre o valor monetario das importación e exportación dun país nun
determinado período.

19
Q

economía sumerxida

A

conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente
e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais.

20
Q

ecoturismo

A

nova tendencia dentro do turismo, diferente á tradicional. Neste novo enfoque do
turismo preténdese manter o benestar das poboacións locais minimizando os impactos negativos
para o medio ambiente, e mantendo un respecto polas leis laborais dos traballadores implicados.

21
Q

franquía

A

concesión de dereitos de explotación dun produto, actividades ou nome comercial,
outorgada por unha empresa a outra empresa nunha zona determinada

22
Q

taxas aeropurtuarias

A

pagos que realizan os viaxeiros e as mercadorías que empregan o transporte
aéreo, polo uso das instalación e dos servizos dos aeroportos.