T.3/4/5 Flashcards

1
Q

Poboación activa

A

é o conxunto de persoas de 16 e máis anos que aportan man de obra
para a produción de bens e servizos ou que están dispoñibles e fan xestións para se
incorporar á dita produción. Comprende tanto a poboación que realiza un traballo
remunerado, poboación activa ocupada, como a que está buscando un posto de traballo,
poboación activa desocupada, ben porque o tivo e está en paro, ou ben porque está
buscando o seu primeiro emprego

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

esperanza de vida

A

promedio do número de anos que un individuo pode esperar vivir ben
no momento de nacer ou cando acada unha determinada idade, sempre que os niveis de
mortalidade permanezan constantes. Este índice obtense a partir das táboas de mortalidade.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

réxime demográfico

A

denomínase así a cada unha das etapas ou fases na evolución do
movemento natural da poboación nun país, nas que a natalidade, a mortalidade e o
crecemento natural presentan características homoxéneas.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

censo de poboación

A

fonte demográfica que consiste no reconto individualizado da poboación do país nun momento determinado. Recolle datos demográficos, económicos e sociais da poboación: sexo, idade, estado civil, lugar de nacemento, nacionalidade, idioma, nivel de estudos, … O censo realízase en España cada dez anos ( desde o 1981, nos acabados en 1 ) O último, de 2011, cifraba o número de residentes en España en 40,8 millóns de habitantes. Trátase dun documento estático que reflicte o estado da poboación nun momento dado.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

crecemento vexetativo

A

refírese á diferenza entre a natalidade e a mortalidade nunha rexión ou país. Será positivo se a natalidade supera á mortalidade, e negativo en caso contrario.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

taxa de fecundidade

A

indicador demográfico que pon en relación o número de nacidos vivos co número de mulleres en idade de procrear, isto é, entre os 15 e os 49 anos. Exprésase en tantos por mil

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

padrón municipal

A

fonte demográfica que consiste no rexistro das veciñas e veciños dos
termos municipais, recolle tamén datos demográficos, económicos e sociais da poboación.
É un documento dinámico, vivo, xa que cando unha persoa se traslada a vivir a outro
municipio ten a obriga legal de empadroarse nel. De aí que sexa denominado Padrón
continuo de poboación

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
8
Q

laurisilva

A

vexetación forestal moi densa característica da zona subtropical húmida,
con máis de vinte especies, sendo a faia e o loureiro as máis abundantes. En España
atópase nas abas das montañas das illas Canarias occidentais, entre os 800 e os
1200 m, aproximadamente, onde o mar de nubes dos alisios provoca a diminución
da temperatura e o aumento da humidade.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
9
Q

maquis

A

formación arbustiva de máis de dous metros de altura, moi densa e case impenetrable, propia da rexión bioxeográfica mediterránea. Non é una formación vexetal clímax, senón o resultado da degradación do bosque mediterráneo polo ser humano. As especies principais son a xara, o breixo, o lentisco e a xesta.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
10
Q

vexetación antrópica

A

vexetación introducida polo ser humano, xeralmente co fin de obter unha maior rendibilidade económica que coa vexetación climax.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
11
Q

landa /vaquita)

A

formación vexetal densa de matogueira propia das zonas de clima oceánico. Pode aparecer pola degradación do bosque caducifolio ou como vexetación supraforestal. As especies máis abundantes son o breixo, o toxo e a xesta.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
12
Q

cunca fluvial

A

territorio drenado por un río principal e os seus afluentes e o terreo por onde discorren as augas que os alimentan. Está delimitada por divisorias de augas, formadas polos cumios dos relevos montañosos que a rodean.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
13
Q

estiaxe

A

diminución do caudal de auga dun río ou dun lago, nunha determinada
época do ano, debido á escaseza de precipitacións

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
14
Q

marisma

A

Terreo pantanoso, de auga salgada, situado nas proximidades da
costa, case sempre á beira das desembocaduras de ríos.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
15
Q

comunidade autónoma

A

entidade territorial formada por provincias limítrofes, territorios insulares ou provincias con entidade histórica rexional, dotadas de autonomía lexislativa e capacidade de autogoberno sobre os asuntos da súa competencia. En España hai 17 comunidade autónomas e dúas cidades autónomas

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
16
Q

estatuto de autonomía

A

: é a norma legal básica pola que se rexen todas as comunidades autónomas. Neles establécese a súa denominación, delimitación territorial, identificación das institucións autonómicas existentes e a súa localización, así como as competencias que asumen. O Estatuto de Autonomía de Galicia foi promulgado o 6 de abril de 1981.

17
Q

municipio

A

constitúe a entidade territorial básica en España. A súa función é prestarlle servizos aos veciños/as, máis variados canto maior sexa a súa poboación. O goberno e a
administración municipal correspóndelle ao concello, integrado polo alcalde/sa e os/as concelleiros/as. As/os concelleiras/os elíxense por sufraxio universal directo, e estes, á súa vez, elixen ao alcalde/sa.

18
Q

parroquia

A

división administrativa menor ca un municipio integrada por varios núcleos de
poboación, propia de Galicia e Asturias. É a categoría tradicionalmente recoñecida ás
entidades colectivas de poboación. Como tales non teñen entidade xurídica ningunha. En
Galicia existen 3781 parroquias, que comprenden desde unha aldea até quince ou máis.

19
Q

provincia

A

entidade territorial formada por unha agrupación de municipios. A súa función é
fomentar os intereses provinciais, prestar servizos de ámbito provincial, coordinar os
servizos dos municipios e cooperar con eles. O goberno e a administración provincial
correspóndelle á deputación, integrada por un presidente/a e os/as deputados/as. Os/as
deputados/as escóllense entre os/as concelleiros/as electos e estes, á súa vez, elixen ao
presidente/a.

20
Q

movementos antiglobalización

A

constitúen un amplo conxunto de movementos sociais
formado por activistas provenientes de distintas correntes políticas, que a finais do século
XX converxeron na crítica social ao proceso de globalización. Acusan ao actual proceso de
globalización de beneficiar ás grandes multinacionais e aos países máis ricos, acentuando
a precariedade do traballo e consolidando un modelo de desenvolvemento inxusto e non
sustentable. Tamén o acusa de socavar a capacidade democrática dos Estados, entre outros
aspectos negativos.

21
Q

obxectivos de desenvolvemento

A

tamén coñecidos como Obxectivos Mundiais, son 17 propósitos de desenvolvemento humano fixados pola ONU en 2015. Estes 17 obxectivos baséanse nos logros dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (2000), aínda que inclúen novas esferas como o cambio climático, a desigualdade económica, a innovación, o consumo sustentable e a paz e a xustiza, entre outras prioridades.

22
Q

efecto invernadoiro

A

retención de calor nas capas baixas da troposfera. Prodúcese de modo natural pola presenza de vapor de auga e nubes, pero a actividade estao intensificando a causa da emisión de monóxido de carbono (CO) procedente da queima de combustibles fósiles. O CO, combinado co vapor de auga atmosférico produce CO2, elemento que actúa a modo dun cristal: deixa pasar a radiación solar, pero non deixa escapar o calor irradiado polo chan

23
Q

paisaxe

A

conxunto formado polo ecosistema dunha área e os elementos económicos, sociais e
culturais propios da sociedade humana e que determinan a súa influencia no lugar

24
Q

Cambio climático

A

É a modificación que sofre o clima en relación ao paso do tempo e no ámbito global. Sobre o clima influen minutos fenómenos: órbita da Terra, as corrientes marinas.

25
Q

Pegada ecológica

A

E un indicador para medir o impacto que provoca unha persoa sobre o planeta. Calculase sumando as Terras de cultivo, pastos bosques e zonas de pesca que unha persoa precisa para producir os alimentos e os materias que consumen e absorben os residuos que produce