T.5 Poesía entre 1936 a 1975 Flashcards
2ª Ava
¿Cuál es el contexto histórico 1936 a 1975 poesía?
Trala sublevación de 1936, a ditadura franquista suprime a autonomía e diversidade cultural e lingüística de Galicia, polo que a creación literaria galega vese afectada polos anos de dificultades e represión xa que se prohíbe o uso público e escrito do galegao. Maila toda a represión, hai esforzos de recuperación e reivindicación da lingua e cultura galegas de forma gradual con creación da editorial Galaxia, asociacións culturais e autores como Luis Pimentel ou Luis Seoane. Non se publica nada dende o 1936 ata 1947, que se publica “Cómaros verdes” de Aquilino Iglesia Alvarió.
Cómo é a xeración do 36?
Nados entre 1910-1920. A guerra civil na súa xuventude.
Culturas e estilos diferentes pero trazos comúns en: influenciado polo grupo Nós e as Vangardas. Serven de ponte para as novas xeracións e as de preguerra.
Cales son os autores da xeración do 36 poética?
1. Álvaro Cunqueiro
2. Celso Emilio Ferreiro
3. Xosé María Álvarez Blázquez
4. Aquilino Iglesia Alvariño
5. Maria Mariño
Cómo é a Promoción de Enlace da poesía do 36 ata o 75?
Nados entre 1920-1930.Non é un grupo coherente.
Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e bastante illados da cultura europea.
Cáles son os autores da Promoción de Enlace na poesía dos anos 36-75?
1. Luz Pozo Garza:
“Concerto de outono” ou “Códice Calixtino”. Unha poeśia culta, chea de referencias artísticas e literarias; vitalismo dominado polo amor a unha visión nostálxica.
2. Manuél Cuña Novás: abre a Escola da Tebra con “Fabulario Novo” , poesía existencialista cunha visión pesimista da vida.
3. Antón Tovar: “Arredores, Non…” onde trata a tensión entre angustia e esperanza ou a conciencia do eu e a soidade.
Como son os poetas das “Festas Minervais”?
Nados entre 1930-1940.Non coñecena guerra.
Existe unha conciencia de de grupo, participan nas Festas Minervais universitarias e na creación do grupo Brais Pinto.
seguen as tendencias: hizoloísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista… e novas formas como o** intimismo ou o clasicismo.**
O paso entre as dúas liñas poéticas sucesivas é marcado pola publicación de “longa noite de pedra”
Que é a Escola da tebra?
poesí aintimista e pesimista da vida e a finais dos anos 50 xorde o realismo coloquial, que foxe da linguaxe poética tradicional e explora as posibilidades da linguaxe da rúa abrindo paso á poesía socialrealista
Cales son os autores poetas das Festas Minervais?
1. Manuel María
2. Uxío Novoneyra
3. Bernardino Graña
4. Xoaña Torres
5. Méndez Ferrín
Cales son as liñas de Celso Emilio Ferreiro entre o 36 e o 75?
1. Intimista: influenciada polo existencialismo, un presente pesimista, cheo de soidade e desecougo. Tamén escribe poemas amorosos para Moraima.
2. Satírica: fortemente corrosiva e crítica, lembra as cantigas de escarnio ou a Quevedo.
3. Socialrelista: cunha linguaxe coloquial e directa. Temas: guerra civil, a explotación do straballadores, o imperialismo, a ameaza nuclear ou o racismo. “Longa noite de pedra”
Cales son as obras de Celso Emilio Ferreiro na poesía do 36 ata o 75?
1. Longa noite de pedra (Socialrelista)
2. O soño sulagado (tres liñas)
3. Viaxe ao pais dos enanos (tres liñas)
4. Onde o mundo se chama celanova (tres liñas)
Como é o estilo de Celso Emilio n apoesía dende 36 ata 75?
Caracterízase pola sinxeleza expresiva. Tiña com obxectivo chegar a un público amplo, polo que ás veses a súa lingua se aproxima a un coloquialismo con palabras cotiás.
Como foi a literatura poética de Uxío Novoneyra dende 36 ata 75?
“Os eidos”
A súa poesía é** paisaxística e moi persoal**: comtemplada desde unha perspectiva case mística, de fusión coa natureza; describe a natureza espida do Courel, onde o ser humano é un elemento mínimo dentro da inmensidade cósmica. Hai tamén preocupación social e política.
Cómo foi a obra poética de Xosé Luís Méndez Ferrín do 36 ao 75?
“Con pólvora e magnolias”
supón un camiño novo na literatura galega achegando novos temas e unha nova linguaxe poética.
Temas da morriña, o paso do tempo ou a presenza da morte.
Rexistro culto e referenicas culturais clásicas e modernas.
Combina a poesía revolucionaria (pólvora) co liricismo intimista e o luxo estético (as magnolias).
celtismo, poesía medieval, movemnto beat…
Como foi a obra poética de Manuel María dende o 36 ata o 75?
“Muñeiro de brétemas”,“Advento” e “Poemas pra construír unha patria”
O poeta máis prolífero da nosa literatura na 2ª metado do s.XX.
Temas: amor, arte, compromiso político, denuncia de evias, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía.