t.4 Teatro do 1/3 s.XX Flashcards
1ª Avalición literatura
¿Como foi o teatro no primeiro terzo do s.XX
O teatro é o xénero menos cultivado na literatura galega, por dúas razóns fundamentais:
1-A exclusión da lingua galega dos espazos públicos cultos debido á diglosia (o teatro é un espectáculo social fundamentalmente burgués)
2- As sucesivas prohibicións de representar en linguas diferentes ao castelán.
¿En que se converteu teatro coas Irmandades da Fala?
o teatro converteuse nunha arma política e reivindicativa.
¿Cales foron o tipos de teatro galego no 1/3 do s.XX?
1-Teatro histórico
2-Social (denundia da emigración e caciquismo)
3-Señorial (de pazo fidalgo)
4-cómico
5-Infantil
6- comedia burquesa
Que formou a Irmandade da Coruña en 1919?
En 1919 a Irmandades de Coruña crea o Conservatorio Nazonal de Arte Galega e outras Irmandades organizan tamén as súas “agrupacións artísticas”
¿Cales foron os autores mais destacados do teatro galego?
1- Manuel Lugrís Freire
2- Ramón Cabanillas
3-Antón Vilar Ponte
4-Armanndo Cotarelo Valledor
5-Xaime Quintanilla
6-Grupo Nós
7-Vicente Risco
8-Ramón Otero Pedrayo
9- Castelao
10- Rafael Dieste
¿Obra teatral de Manuel Lugrís Freire?
“A ponte”, primeira peza teatral en prosa en galego
¿Obra teatral de Ramón Cabanillas?
1-“A man de Santiña”, cuxa estrea significou a inauguración do CONSERVATORIO NAZONAL DE ARTE GALEGO. Comedia en prosa na que por primeira vez as clases señoriais falan galego.
2- “O mariscal”, escrito por iniciativa de Vilar Ponte, drama histórico en verso no que o mariscal Pardo de Cela como abandeirado da oposición galega ao centralismo polo seu enfrontamento cos Reis Católicos.
¿Obra teatral de Antón Vilar Ponte?
“Tríptico” e “Nouturnio de medo e de morte”
¿Obra teatral de Armado Cotarelo Valledor?
“Hostia”, Autoe dunha variada obra destacando a traxedia histórica sobre a execución de Prisciliano
¿Obra teatral de Xaime Quintanilla?
“Alén”, demostra a universalidade de lingua galega, en galego se poden tratar temas non galegos. O escenario físico é Nova York, o ambiente, unha sesión de espiritismo, aínda que a acción decorre no interior dos personaxes
¿Obra teatral do Grupo Nós?
non utilizou o teatro como arma polñitica pero lle deu un pulo desde o punto de vista literario, facéndoo participar tamén das correntes auropeas.
¿Obra teatral de Vicente Risco?
escribiu “O bufón de El Rei”, drama simbolista que relaciona deformidade física e moral.
¿Obra teatral de Ramón Otero Pedrayo?
escribiu moitas obras teatrais, mais apropiadas para a lectura que para a representación.
1-“A lagarada” é unha traxedia rural na que se evoca o poder demoníaco do viño. As forzas dominantes no drama son todas primitivas e elementais; os personaxes son populares, campesiños, cregos… cun enfoque nauralista. Introduce varias escenas líricas de crácter fantástico, onde os personaxes son as pipas da adega, a sombra dun arriero morto oi as fadas dos montes.
2-“Teatro de máscaras” 16 pezas a xeito de guións ou bocexos esquemáticos para pezas teatrais, o seu carácter esquemático e incompleto é compatible cunha concepción dramática moi moderna.
¿Obra teatral de Castelao?
“Os vellos non deben de namorarse” (estreada en Bos Aires). Concibía o teatro como un espectáculo global, adquirindo importancia ós artificios escenográficos (iluminación, decorados…) e outras artes, como a música. O motivo do vello namorado repítese tres veces, en tres versións diferentes, nos tres lances. En cada un hai un vello namorado, unha moza e un mozo rival. A morte intervén como personaxe para advertir as vellos. Finaliza cun epílogo no qu aparecen os tres vellos xuntos, mortos, no cemiterio para arrepentírense do seu namoramento e coñecer novas das súas mozas.
¿Obra teatral de Rafael Dieste?
é o autor teatral da Xeración do svangardistas. “A fiestra baldeira” é unh acomedia simbólica sobre a identidade (individual e colectiva). O ambiente é mariñeiro.