2. O GUIÓN Flashcards
Os principios do guionista
- a síntese (decir moito con pouco)
- a economía (contar moito mostrando pouco)
- a concentración.
O guion, so ten unha regra:
cautivar o interese e manter a atención do espectador. O guión como iceberg no que se poda percibir o fondo invisible. A escritura é un oficio basado na lóxica
Un proceso de escritura de guion que se desenvolve en cinco tempos:
- Buscamos unha historia, atopamos unha idea. Dunha a tres líneas (logline).
- Definimos o concepto básico ou story-line.
- Elaboramos un resumen do argumento: a sinopse.
- Esbozamos tratamentos sucesivos, escena por escena.
- Escribimos o tratamento cos diálogos, pulímolos, reescribimos: o guión.
Elementos a hora de escribir cinema:
- A especificidade do medio
- O proceso de produción do soporte
- Axustarse aos formatos
- Colocarse no lugar do espectador
- Escribir pensando no valor da imaxe
Storyline
A segunda fase do desenvolvemento dun guión é o story line: un máximo de cinco líneas (nunha longametraxe) que definen o conflito da historia. Contén a presentación do conflito, apunta o seu desenvolvemento e sinala o final da historia.
O storyline contén os elementos mínimos, é moi reducido e apenas amosa a tensión dramática. Debe responder ás preguntas ¿que pasa? ¿que acontece na nosa historia?
Sipnose
A sinopse é máis longa. É unha ampliación do storyline. Na sinopse ademais dos conflitos e posibles personaxes. Temos que xerar imaxes con ela
É o resumo argumentativo dunha obra escrita, dunha película ou dunha narración.
A sinopse é sempre importante como elemento previo á lectura dunha obra escrita ou á visualización dunha película ou elemento multimedia. O seu obxectivo é presentar de modo abreviado as principais características da obra.
A forma mellor e a máis simple facer unha presentación, nó e desenlace. Redáctase en presente e normalmente en terceira persoa. Preséntanse sempre os protagonistas da obra. Non se deben incluír diálogos.
Unha sinopse ten uns contidos moi precisos:
- A temporalidade
- A localización
- O perfil dos personaxes
- O transcurso da acción dramática
Así como o story line representa o que (o conflicto matriz escollido) a sinopse representa o cando (a temporalida de), o onde (a localización), o quen (os personaxes) e, finalme nte, o cal (a historia que imos contar).
A escrita
A progresión no traballo de escritura permite vanzar outras tarefas de produción: localizacións, casting, decorados, vestiario,…etc. Esixe disciplina, concentración e método.
Cómpre evitar expresións que non son claras. Expresións como: «é como .. », «algo así .. », «unha especie de … » dilúen a historia.
As «miradas tristes» ou «miradas incendiadas de paixón» ou «miradas frenéticas», deben evitarse porque non hai xeito de filmalo. O único que se pode filmar é a alguén que mira e o que mira, xuntar os planos e contar algo con iso na imaxinación do espectador. O traballo do guionista non consiste en facelo bonito, senón en facer o correcto.
O guion
Un guion literario é un documento que contén unha narración que é pensada para ser filmada.
Especifícanse as accións e diálogos dos personaxes, aparece información sobre os escenarios e inclúense acotacións para os actores. A historia ten que presentarse de tal xeito que o guión resulte visible e audible para o lector. Non hai indicacións técnicas. O guionista non é o director.
Sofware para a escrita de guiones
- Final draft
- Celtx
- Causality
- Scenarist
Final draft
É o software máis empregado para a escrita de guión. Moi caro pero é dos mais extendidos entre os guionistas
Celtx
Software que serve tanto para a escrita como para o control da producción (plans de traballos, desgloses, etc.)
Causality
véndese como un “Story Sequencer” máis que un programa de escritura, a súa diferenza maior consiste en ver ao guión como un gráfico de montaxe máis que un texo, tomando unha perspectiva da estrutura máis que da escritura.
Scenarist
Permite a escrita de guión, o uso de tarxetas e fai unha análise do guión por número de localizacións, localizacións máis empregadas, etc