Vocabulario Grecia t.1 Flashcards
1ª Avaliación
Basa
parte inferior dunha columna sobre a que se asenta o fuste
Arquitrabe
Parte baixa do entaboamento que se apoia no capitel
Canon
Conxunto de regras que regulan as proporción da arquitectura e escultura de acordo cun modelo ideal establecido.
Capitel dórico
Parte superior das columnas dóricas nas que se asenta o arquitrabe. Está comformado polo equino (redonda) e o ábaco (rectangular)
Capitel xónico
Parte superior das coumnas xónicas nas que se asenta o arquitrabe. Está decorado con bolutas
Capitel corintio
Parte superior das columnas corintias no que se asenta o arquitrabe. Está decorado con follas de acanto
Cornixa
Parte superior de entaboamento, encima do friso, que sobresae
Entaboamento
Parte superior do edificio grego. Componse de: arquitrabe, friso e cornixa
Éntase
lixeiro engrosamento que se produce no centro do fuste dalgunhas columnas,Moi usado no arte grego.
Friso
Parte media do entaboamento, situado entre o arquitrabe e a cornixa. Denomínase Zoóforo candonse decora con seres animadoa
Fuste
Tronco da columna, comprendido entre o apoio e o capitel
Metopa
Espazo xeralmente rectangular e liso presente nos frisos dóricos intercalándose son triglifos. Adoita estar esculpida
Triglifo
rectángulo que sobresae surcado por 3 molduras que decoran o friso do entaboamento dórico. Altérnase coas metopas
Tímpano
espazo triangular que se forma no interior do frontón no entaboamento dos edificios gregos.