Vocab Romámico t.7 Flashcards
2ª Avaliación
Planta de cruz latina
edificio con forma de cruz no que os brazos da cruz teñen diferentes medidas desde o punto de unión (cruceiro)
transepto
nave (corredor, camiño, pasillo) que corta a nave central dun edificio relixioso antes de chegar ao altar
deambulatorio
pasillo (camiño, corredor, nave) que hai nos edificios relixiosos por detrás do altar e no que se poden abrir diferentes salas ou capelas
capelas absidiais (absidiolas, radiais)
capelas ou estancia que se abren no deambulatorio detrás do altar dos edificios relixiosos
tribuna
piso que se construe sobre as naves laterais dos edificios románicos e que se abre co ventás á nave central
triforio
ringleira de ventás por riba da tribuna ou piso superior a tribuna
columna
elemento sustentante con fuste circular
pilar
elemento sustentante co fuste cuadrado ou rectangular
pilastra
elemento sustentante ou decorativo con fuste cuadrado pegado a unha parede
pilar composto
elemento sustentante con fuste cuadrado ou rectangular que ten adosadas ou pegadas a él varias columnas con fuste redondo
bóveda de cañón
elemento para cubrir edificios ou estancias con forma de media circunferencia que se prolonga por todo o teito
bóveda de aresta
elemento para cubrir estancias ou edificio que consiste no cruce de dúas bóvedas de cañón
cúpula
elemento para cubrir estancias ou partes de edificios con forma circular ou ortogonal
ciborrio (cimborrio)
torre que se eleva sobre o cruceiro nos edificios relixiosos. Xeralmente cubertos con una cúpula ou bóveda e que adoitan ter vanos ou ventás que permiten iluminar a zona diante do altar sobre a que se levantan.
Arco de medio punto
elemento sustentante que recobre vanos e que ten forma de semicircunferencia (media esfera)
Arcos faixóns
arcos de medio punto que suxeitan unha bóveda de cañón e axudan a levar o peso das bóvedas aos muros laterais
arcos formeiros
arcos que se apoian nos pilares compostos que se separan a nave central das naves laterais nos edificios relixiosos
parteluz
columna ou pilar que divide unha entrada en dúas partes. Propia da arte románica e gótica
Xambas
columnas, pilares, pilastras laterais que sosteñen o lintel e o tímpano dunha entrada ou portada románica ou gótica
lintel
viga horizontal que se apoia nas xambas e no parte luz e sonre o que descansa ou se apoia o tínpano nas entradas dos edificios románicos e góticos
tímpano
elemento decorativo colocados sobre o lintel nas entradas románicas e góticas. Adoitan estar decorado de escultura. Na arte románica ten forma de semicircunferencia e na arte gótica é apuntado
arquivoltas
arcos concéntricos que rodean ao tímpano nas portadas románicas e góticas. Na arte románica son de medio punto e na arte gótica so apuntados ou oxivais
luz
parte de vano ou burato polo que entra a luz. Nas portadas románicas e góticas que pasa a luz ao interior e tamén as persoas