Moluscos Flashcards
Que son os moluscos?
Son animais de corpo brando e simetría bilateral. Na súa maioría son acuáticos aínda que algúns viven en ambientes terrestres húmidos
Que é un pé musculoso?
Un pé musculoso é un órgano que permite reptar polo solo, e fai posible que poidan escavar ou nadar (tentáculos).
Que é o manto en moluscos?
Unha fina membrana que recobre a superficie do corpo e que en moitos produce unha cuncha protectora.
Quais son os grupos máis coñecidos de moluscos?
Os grupos máis coñecidos son Bivalvos, Cefalópodos e Gasterópodos.
Que son os bivalvos?
Posúen unha cuncha formada por dúas valvas articuladas, que abren e pechan pola acción dun potente músculo interior. Non teñen cabeza diferenciada e respiran por branquias.
Que son os cefalópodos?
Posúen unha cabeza ben diferenciada na que se localizan a maioría dos órganos dos
sentidos e a boca, que queda rodeada por tentáculos con ventosas
Que son os gasterópodos?
Posúen unha cuncha formada por unha soa peza que, en ocasións, se enrosca en espiral, mentres que noutros, non se produce este enroscamento. Outros carecen por completo de cuncha.
Como respiran os gasterópodos?
Os gasterópodos mariños respiran por branquias mentres que os terrestres por pulmóns.