Celentéreos Flashcards
1
Q
Que son os celentéreos?
A
Os celentéreos son animais de corpo brando e simetría radial
2
Q
Que características teñen os tentáculos dos celentéreos?
A
Os tentáculos posúen unhas células urticantes.
3
Q
Que formas de organización corporal teñen?
A
Teñen dúas, pólipos e medusa
4
Q
Cal é a forma de organización corporal do pólipo?
A
O pólipo é unha forma sésil. Ten forma de saco tubular cunha abertura rodeada de tentáculos na parte superior do corpo.
5
Q
Cal é a forma de organización corporal da medusa?
A
A medusa vive flotando na auga. Ten forma de paraugas, no que a abertura que dá paso á cavidade gastrovascular se sitúa na parte inferior do corpo.