Vocabulario ABAU 2018 Flashcards
Antigo Réxime
Denominación empregada polos revolucionarios franceses para referirse ao sistema
político (absolutismo) e ao modelo de sociedade (estamental) existente no seu país antes de 1789; por
extensión os historiadores empregan ese nome para cualificar os trazos característicos da Idade Moderna
(f.XV-XVIII). É o contrario do Novo Réxime (Estado Liberal).
Catastro de Ensenada
Primeiro censo moderno do reino de Castilla (excluíndo as provincias forais)
sobre a poboación e propiedade (catastro) entre 1750 e 1753. O Secretario de Despacho de Fernando VI,
marques da Ensenada, pretendía reformar a facenda suprimindo os impostos tradicionais por unha
contribución única sobre o patrimonio. Non se aplicou posto que foi rexeitado pola nobreza
Decretos de Nova Planta
Conxunto decretos promulgados entre 1707 e 1716, polo rei Felipe V, polos
cales quedaron abolidas as leis e institucións dos reinos da Coroa de Aragón (Aragón, Valencia, Cataluña e
Mallorca). Esta medida aplicouse como consecuencia do apoio que tiveron estes territorios ao candidato
contrario ao Borbón na guerra de Sucesión e polo intento de centralizar administrativamente o Estado.
Despotismo Ilustrado
Medidas implantadas por algúns monarcas europeos, entre eles Carlos III en
España, que pretendían reformar e racionalizar a administración, a economía do país e o desenvolvemento
educativo e cultural do pobo sin alterar as bases sociais (sociedade estamental) e políticas (absolutismo) do
Antigo Réxime. Pretende facer unha síntese entre o absolutismo e as novas ideas da Ilustración.
Motin de Esquilache
Revolta popular producida en Madrid en 1766 contra as medidas promulgadas
polo ministro de Carlos III de orixe italiano que pretendían mellorar o orde público e a seguridade na capital.
Entre elas estaba a supresión da capa longa e o chambergo. Tras as revoltas hai unhas causas profundas:
crise de subsistencia e a oposición ás medidas reformistas da coroa por parte da nobreza e o clero
Paz de Utrecht
Paz que pon fin á guerra de sucesión española no contexto internacional despois da
firma dos tratados de Utrecht (1713) e Rastadt (1714) entre os estados antagonistas, España e Francia, por
un lado e Gran Bretaña e Países Baixos, por outro. Os estados rivais na guerra recoñecen a Felipe V de
Borbón como rei de España a cambio de numerosas perdas territoriais en Europa e comerciais en América.
Regalismo Borbónico
Doutrina política e xurídica que afirmaba a superioridade da autoridade dos reis
sobre a Igrexa do territorio sobre o que reinaban; busca crear unha Igrexa sometida ao rei, poder influír no
nomeamento ou elixir os titulares dos altos cargos eclesiásticos, así como autorizar a publicación e
divulgación dos escritos papais no propio reino.
Abdicacións de Baiona
Nome polo que se coñecen as renuncias sucesivas que tiveron lugar o 5 de maio de 1808 dos reis Carlos IV e do seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte. O emperador francés, pouco despois, cederá tales dereitos ao seu irmán Xosé Bonaparte, que reinará como Xosé I. Este é un dos acontecementos que poñerá inicio á Guerra da Independencia española
Afrancesados
Nome de carácter pexorativo co cal se coñece en España a unha minoría de partidarios
da ocupación francesa da península Ibérica durante a guerra da independencia e que respaldaron a política
reformista de Xosé I de Bonaparte. Moitos deles tiñan ideas ilustradas ou liberais e consideraban que era a
única posibilidade de introducir as ideas revolucionarias no país.
Cantonalismo
Ideoloxía política de carácter republicano federal que tivo o seu auxe durante a 1ª
república principalmente en Cartaxena e noutras localidades do Levante e Andalucía. Contraria ao
republicanismo unitario como ao federalismo gradualista de Pi i Margall. Desde as unidades políticas inferiores (Estados ou Cantóns), con acordos libres entre eles, chegarase a construír a federación española
Estatuto Real
Carta outorgada redactada polo ministro Martínez de la Rosa durante a rexencia de MªCristina de Borbón en 1834 na que pretendía realizar concesións políticas aos liberais que, en realidade foi extremadamente moderada. Trátase dunha convocatoria a Cortes (moi restrinxida) na que non aparece a soberanía nacional, nin a separación de poderes, nin os dereitos dos cidadáns
Manifesto de Sandhurst
Manifesto de carácter político firmado o 1 de decembro de 1874 polo entón príncipe Alfonso de Borbón (futuro Alfonso XII), mentres se atopaba no exilio nesta academia de militar de oficiais británica. No documento móstrase disposto a converterse en rei de España e partidario da
monarquía parlamentaria.
Manifesto dos persas
Documento subscrito en 1814 por varios deputados de tendencia absolutista participantes nas Cortes de Cádiz no que se solicitaba a Fernando VII o retorno ao Antigo Réxime e a abolición da lexislación de Cádiz incluída a Constitución. O documento toma o nome dunha referencia que se contén, ao principio do mesmo, sobre os costumes que había en Persia no momento do cambio dinástico
Pragmática Sanción de 1830
Norma aprobada por Fernando VII pola que anula o Auto acordado de 1713 de Felipe V que practicamente imposibilitaba á muller a acceder ao trono. Comunmente se lle coñecía
como “lei sálica”. A pragmática sanción restablecía o sistema de sucesión tradicional das “Sete partidas” segundo o cal as mulleres poden reinar se non hai irmáns varóns. Esta norma motivará a guerra carlista
Pronunciamento
Tentativa revolucionaria, característica da España do XIX e gran parte do século XX, empregada polas distintas faccións liberais para derrubar un goberno ou facer presión sobre el para que
adopte reformas ou cambie o sistema político vixente. Tiña que contar co apoio de determinados xefes e forzas militares que se manifestaban e pronunciaban a favor desas peticións de cambio.
Sufraxio censitario e [ sufraxio] universal
Dereito ao voto restrinxido só a unha parte da poboación que teña
unhas características precisas (económicas, sociais ou educacionais), que lle permita estar inscritas nun “censo electoral”. O sufraxio universal non limita o voto polos tipos de razóns anteriormente mencionadas, só se establece un mínimo de idade para poder votar. O sufraxio universal foi inicialmente só masculino
Tratado de Valençay
Acordo asignado en decembro de 1813, polo emperador Napoleón Bonaparte polo que ofrece a paz e recoñece a Fernando VII como rei de España, como consecuencia das derrotas da guerra da Independencia, do deterioro progresivo do exército francés e do acoso das tropas españolas e británicas. O tratado non entrou en vigor polo rexeito das Cortes e da Rexencia españolas
Unión Liberal
Partido político de carácter liberal fundado por Leopoldo O’Donnell na segunda metade do XIX. Nel participarán os sectores máis progresistas que veñen do partido moderado e os máis moderados
que proveñen do partido progresista coa finalidade de crear un “centro” liberal. Na práctica tratouse de crear un partido que estabilizase os distintos gobernos da 2ª década moderada isabelina.
Agrarismo
movemento de masas no cal o campesiñado participou activamente a través de diferentes asociacións agrarias interclasistas durante o século XIX e principios do XX procurando unha xusta
distribución da terra. Exemplos si deste movemento en España temos en Andalucía (de tipo anarquista e clasista) ou Galicia (interclasista e distintas tendencias ideolóxicas) centrado na redención dos foros.
Desamortización
Poñer no mercado por parte do Estado, previa expropiación forzosa e mediante unha subasta pública, as terras e bens que ata entón non se podían enaxenar (vender, hipotecar ou ceder) e que
se atopaban en mans mortas (Igrexa católica, baldíos e terras comunais dos concellos). As desamortizacións máis importantes foron a de Mendizábal ou eclesiástica (1836) ou a de Madoz (1854)
Ludismo
Tamén denominada mecanoclastia. Primeira forma de manifestación obreira que se dá na primeira fase da revolución industrial consistente na destrución da maquinaria dentro dunha fábrica posto
que esta quita postos de traballo. Uns dos exemplos máis destacados en España foi a destrución da fábrica de manufacturas da “Bonaplata” en Barcelona ou na fábrica de tabacos na Coruña
Caciquismo
Práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, utilizando a maioría das veces o fraude electoral ou uso de favores persoais a cambio do apoio a un
candidato oficial. Este sistema foi implantado de forma xeneralizada no ámbito rural. A palabra cacique é de orixe caribeño é significa xefe da tribu.
Desastre de Annual
Importante derrota militar española producida na guerra colonial de Marrocos ante os rifeños comandados por Abd el-Krim en xullo de 1921 perto da localidade homónima. Esta derrota supuxo unha redefinición da política colonial e unha das máis graves crises do sistema da Restauración e foron causa directa do golpe de Estado e ditadura de Miguel Primo de Rivera
Directorio Militar
Primeira etapa da ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1925). Recibe o nome porque o directorio esta integrado exclusivamente por militares (oito xenerais e un contralmirante) presidido
polo ditador. Tiña función de asesoramento en materia de goberno e na promulagación de decretos que tiñan forza de lei. Substituído en 1925 por un directorio integrado por militares e civís (directorio civil)