Os Séculos Escuros Flashcards

1
Q

Definición de SSEE e Cronoloxía

A

Os SSEE son os SXVI, XVII e XVIII. Caracterízase polo estado de marxinación social do idioma galego e pola ausencia case total de literatura culta escrita neste idioma.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

Inicio dos SSEE

A

Decapitación do Mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo no ano 1483.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

Final dos SSEE

A

Ano 1808, coa Guerra de Independencia contra os Franceses.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

Contexto histórico e económico

A

exclusión do idioma galego da cultura está relacionada coa marxinación política e o empobrecemento económico do Reino de Galicia. Aquel esplendor e aquela influencia cultural, política e económica do antigo Reino de Galicoa foi esmorecendo paulatinamente, e agravouse a partir do reinado dos Reis Católicos. Despois da morte en 1474 do rei Henrique IV houbo unha guerra civil pola coroa de Castela entre dona Xoana, a Beltranexa, (filla de Henrique IV e muller do rei de Portugal Afonso V) e Isabel a Católica. Ao vencer Isabel (futura raíña Isabel a Católica) , a nobreza que apoiou a dona Xoana foi castigada quitándolle as súas posesións, que foron entregadas a unha nobreza foránea, que ignora o galego e impón o castelán, e que pasou a ocupar os cargos máis importantes da Administración e da Igrexa. Isto é: provócase a substitución do galego polo castelán. Ás políticas centralistas e oligárquico dos Reis Católicos, que diminuían o poder da nobreza galega, opoñíase o Mariscal Pardo de Cela, quen en 1483 foi executado por orde dos Reis Católicos. Polo que respecta á economía, o principal motor continúa a ser a agricultura. O campesiñado constitúe máis do 75% da poboación. Os campesiños traballaban as terras dos señores e pagábanlles o foro (un imposto que supoñía entre o 25% e o 50% do que se recollía). Deste xeito, os señores vivían comodamente a conta das rendas que lles pagaban os labregos, que sobrevivían na pobreza, vítimas do analfabetismo e sen poder acceder á propiedade da terra. A miseria do campesiñado e o crecemento demográfico explican o nacemento dun dos fenómenos máis importantes da nosa historia: a emigración. Desde o século XVI os galegos emigran cara a Andalucía, Portugal e Castela, para desempeñar os peores oficios. A partir do XVIII, comezan a emigrar a Arxentina.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

Consecuencias da guerra civil tras a morte de Henrique IV

A

A nobreza que apoiou a dona Xoana foi castigada, entregando as súas posesións a unha nobreza foránea que impuxo o castelán.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

Estado da economía durante os SSEE

A

O principal motor continúa a ser a agricultura, co campesiñado constituíndo máis do 75% da poboación.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

Emigración galega

A

Desde o século XVI, os galegos emigran cara a Andalucía, Portugal e Castela, e a partir do XVIII, a Arxentina.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
8
Q

Contexto Socioligüístico

A

A lingua galega era a maioritaria a nivel oral, mentres que o castelán era falado por unha minoría privilexiada.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
9
Q

Situación de diglosia

A

O castelán era a lingua de prestixio, mentres que o galego era relegado a usos informais e familiares.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
10
Q

Estereotipos sobre os galegos

A

Nace unha imaxe negativa dos galegos como persoas atrasadas e incultas, xurdindo prexuízos lingüísticos.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
11
Q

Discriminación hacia o galego

A

A consideración despectiva de Galicia e dos galegos está representada na literatura española do Renacemento e do Barroco.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
12
Q

O galego é…

A

A lingua habitual da inmensa maioría da poboación, minusvalorada socialmente.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
13
Q

O castelán é…

A

A lingua das capas altas da sociedade, utilizada na Administración, Educación e Igrexa.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
14
Q

Definición de Diglosia

A

É a situación onde unha lingua goza de prestixio social e é utilizada polas clases dominantes.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
15
Q

Literatura popular e tradicional nos SSEE

A

A literatura foi case exclusivamente de carácter popular, transmitida oralmente, con importante participación feminina.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
16
Q

Tipos de Literatura Culta

A

Inclúe Poesía de Circunstancia, poesía Renacentista, poesía Barroca, o Vilancico e o Teatro.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
17
Q

Poesía de Circunstancia

A

Poemas anónimos sobre acontecementos históricos que causaron forte impresión na sociedade.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
18
Q

Pranto da Frouxeira

A

É un poema anónimo do século XV que recrea a decapitación do mariscal Pardo de Cela en 1483.

19
Q

Saqueo de Cangas polos turcos en 1617

A

Poema que describe a angustia dos habitantes de Cangas durante o ataque de piratas turcos.

20
Q

Poesía Renacentista

A

SXVI. Inclúe o Soneto de Monterrei e o Soneto da Condesa de Altamira.

21
Q

Soneto de Monterrei

A

Poema anónimo que trata o motivo das ‘parcas’ e foi escrito no pazo de Monterrei. As ‘parcas’ son seres mitolóxicos que tecen os fíos da vida e da morte.

22
Q

Soneto da Condesa de Altamira

A

Creado por Isabel de Castro e Andrade, a primeira muller galega escritora coñecida.

23
Q

Poesía Barroca

A

SXVII. Inclúe sonetos e prantos elexíacos en honra da raíña Margarida de Austria; as Décimas ao Apóstolo Santiago e as Composicións das Festas Minervais.

24
Q

Sonetos e Prantos Elexíacos

A

Dous sonetos que son prantos elexíacos en honra da raíña Margarida de Austria ( muller de Felipe II) que acaba de morrer (1612):
“Respice finem” , de Pedro Vázquez de Neira. Nel, o eu poético láiase polo efémera que é a vida.
“Soneto con falda” , chamado así por conter , ademais dos dous cuartetos e os dous tercetos propios dos sonetos, un engadido final de oito versos (chamado estrambote ou “falda”) . O autor é Xohán Gómez Tonel.

25
Décimas ao Apóstolo Santiago
Obra do crego Martín Torrado que critica o intento de Felipe IV de nomear a Santa Teresa como copatroa.
26
Composicións das Festas Minervais
Nove romances presentados ao concurso universitario das Festas Minervais da Universidade de Santiago.
27
O Vilancico
Durante os séculos XVII, XVIII, e aínda na primeira metade do XIX, circularon unha gran cantidade de vilancicos de Nadal e Reis escritos en lingua galega. Tratábase de creacións en verso, en estrofas breves, musicadas, e cun certo aire popular, compostas normalmente por músicos de grande formación. Eran eran interpretados por músicos de capela,tanto en Galiza (Mondoñedo, Tui...) como en boa parte da Península (Coímbra, Toledo, Valladolid, Zaragoza, Lisboa...). Estaban Escritos nunha mestura de galego e castelán ou de galego e portugués, segundo os casos. Presentan unha galeguización da escena de Nadal, baseándose en certos paralelismos léxicos máis ou menos “forzados” (galego/galileo, Ourense /Oriente...) e identificando a pobreza en que naceu Xesús coa pobreza en que vivían os labregos galegos
28
Teatro
Entremés sobre a pesca no río Miño, escrito por Gabriel Feixó de Araúxo. Trata os conflictos entre os pescadores galegos e os portugueses no Río Miño e conérvase na Biblioteca Nacional de Madrid.
29
O SXVIII: A Ilustración
Un movemento cultural producido en Europa no SXVIII e que en Galicia buscaba superar o atraso económico, social e cultural, defendendo a modernización da agricultura, vías de comunicación e industria; así como defensa da lingua e intentan mellorar o nivel educativo. Tamén denominado Século das Luces.
30
Os Ilustrados
Inclúen a Padre Martiño Sarmiento, Padre Feijóo, Francisca de Isla e Losada, e o Cura de Fruíme.
31
Padre Martiño Sarmiento
Reivindicou o uso do galego no ensino e a obrigatoriedade de que a Administración soubese galego.
32
Padre Feijóo
Defendeu o parentesco do galego e do portugués, argumentando que o galego non é un dialecto do castelán.
33
Francisca de Isla e Losada
Conserva un romance en galego de 1775 adicado a Diego Antonio Cernadas, e ordenou queimar case toda a súa obra antes de morrer.
34
O Cura de Fruíme
Diego Antonio Cernadas e Castro escribiu poemas en galego que eloxian Galiza e combaten a mala imaxe da súa terra.
35
Beatus Ille
(Feliz aquel) Aprecio pola vida tranquila no campo, fronte á axitación da vida mundana.
36
Carpe Diem
(Goza do momento) Tópico que invita a aproveitar cada momento da vida.
37
Collige, Virgo, Rosas
Colle, rapaza, as rosas.
38
Descriptio Puellae
Descripción da Rapaza.
39
Homo Homini Lupus
O home é un lobo para o home.
40
Locus Amoenus
(Lugar ameno) Idealización dun lugar paradisíaco onde o home atopa harmonía coa natureza.
41
Momento Mori
(Lembra que vas morrer) Insiste na caducidade da vida.
42
Omnia Mors Aequa
A morte todo o iguala.
43
Tempos Fugit
(O tempo foxe) O tempo é inaprehensible e invita a aproveitar o tempo.
44
Ubi Sunt?
(Onde están...?) A morte chega e todo o iguala, nada queda senón a lembranza do pasado.