O aparato respiratorio no ser humano Flashcards
O aparato respiratorio.
Cal é o aparato encargado de realizar o intercambio de gases?
O aparato respiratorio.
O aparato respiratorio está composto polas…
Vías respiratorias e os pulmóns.
Con que aparato traballa en relación o aparato respiratorio? Explica como.
Traballa en estreita relación co aparato circulatorio xa que este último transporta o osíxeno dos pulmóns ás células e o dióxido de carbono das células aos pulmóns para que sexa expulsado.
Partes das vías respiratorias.
As vías respiratorias están compostas polas fosas nasais, a farinxe, a larinxe e a traquea.
Por onde entro o aire no corpo?
O aire entra no corpo a través das fosas nasais
Que conecta a farinxe? Con que outro aparato se comparte?
A farinxe é un tubo que conecta as fosas nasais coa boca e o oído medio. É un órgano que comparten o aparato respiratorio e o dixestivo.
Que é a larinxe? Que se atopa nela?
A larinxe é tamén un tubo situado a continuación da farinxe. Aquí atópanse as cordas vocais
Que é a traquea?
A traquea é un tubo ríxido que comunica a larinxe cos bronquios.
Onde está situada a tráquea?
Está situada diante do esófago.
Que son os bronquios?
Os bronquios son dous tubos que parten da traquea e conducen o aire ata os pulmóns
Que son os pulmóns?
Os pulmóns son os órganos principais do aparato respiratorio e atópanse na caixa torácica.
Como se chaman las ramificacións dos bronquios?
Bronquíolos
Como se chaman os sacos pequenos nos que terminan os bronquíolos?
Alvéolos
Cantos lóbulos forman o pulmón dereito?
Tres
Por que o pulmón esquerdo ten só dous lóbulos?
Porque ten un ten un oco para acomodar o corazón.