naturales tema 4 Flashcards
Cal é o aparato encargado de realizar o intercambio de gases?
O aparato respiratorio.
O aparato respiratorio está composto polas…
Vías respiratorias e os pulmóns.
Con que aparato traballa en relación o aparato respiratorio? Explica como.
Traballa en estreita relación co aparato circulatorio xa que este último transporta o osíxeno dos pulmóns ás células e o dióxido de carbono das células aos pulmóns para que sexa expulsado.
Partes das vías respiratorias. (4)
están formadas polas fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea e os bronquios.
Por onde entro o aire no corpo?
O aire entra no corpo a través das fosas nasais,
Que conecta a farinxe? Con que outro aparato se comparte?
A farinxe é un tubo que conecta as fosas nasais coa boca e o oído medio. É un órgano que comparten o aparato respiratorio e o dixestivo.
Que é a larinxe? Que se atopa nela?
A larinxe é tamén un tubo situado a continuación da farinxe. Aquí atópanse as cordas vocais
Que é a traquea?
A traquea é un tubo ríxido que comunica a larinxe cos bronquios.
Onde está situada a tráquea?
Está situada diante do esófago.
Que son os bronquios?
Os bronquios son dous tubos que parten da traquea e conducen o aire ata os pulmóns
Que son os pulmóns?
Os pulmóns son os órganos principais do aparato respiratorio e atópanse na caixa torácica.
Como se chaman las ramificacións dos bronquios?
Bronquíolos
Como se chaman os sacos pequenos nos que terminan os bronquíolos?
Alvéolos
Cantos lóbulos forman o pulmón dereito?
Tres
Por que o pulmón esquerdo ten só dous lóbulos?
Porque ten un oco para acomodar o corazón.
Que é a respiración?
A respiración é o proceso mediante o cal captamos osíxeno do aire e expulsamos dióxido de carbono.
Que é a respiración pulmonar?
A acción de introducir e expulsar aire dos pulmóns.
Que é a respiración celular?
O osíxeno que entra nos pulmóns é transportado a través do sangue ás células. Estas utilízano para extraer enerxía dos nutrientes nun proceso denominado respiración celular. A enerxía extraída permítelles realizar as súas funcións vitais.
Que é a ventilación pulmonar?
A ventilación pulmonar é o proceso polo cal se renova o aire dos pulmóns.
Que movementos interveñen na ventilación pulmonar?
A inspiración e a expiración.
Explica a inspiración.
Durante a inspiración, o organismo recibe o aire. Prodúcese mediante a contracción dos músculos respiratorios, que son os músculos intercostais e o diafragma. Isto provoca que aumente o volume da caixa torácica. Como consecuencia, os pulmóns ínchanse, e o aire entra polas vías respiratorias ata os alvéolos.
Explica a expiración.
Na expiración expúlsase o dióxido de carbono que o sangue levou aos alvéolos pulmonares. A expiración prodúcese cando os músculos respiratorios se relaxan. O volume da caixa torácica diminúe, os pulmóns volven á súa posición orixinal e o aire é expulsado ao exterior.
Que elementos interveñen nos movementos respiratorios?
- As vías respiratorioas
- Caixa torácica
- Alveólos
- Os músculos respiratorios (músculos intercostais e o diafragma)
Que é a caixa torácica?
É un conxunto de ósos formado polas vértebras dorsais, as costelas e o esterno. Nela están os pulmóns e o corazón.
Como interveñen no proceso de respiración os músculos respiratorios?
A súa contracción provoca que aumente o volume da caixa torácica e desta maneira o aire entra a través das vías respiratorias ata os alvéolos dos pulmóns.
Nomea cinco formas inusuais de respiración.
O esbirro, o bocexo, a tose, o impo e o ronquido son formas inusuais de respiración.
Como é o intercambio de gases?
Tras a inspiración, o aire enche os alvéolos. O osíxeno atravesa as paredes dos alvéolos e chega ao sangue que se atopa nos capilares.
Ao mesmo tempo, o dióxido de carbono que transporta o sangue pasa dos capilares aos alvéolos a través das paredes elveolares para ser expulsado coa expiración.
A respiración celular
O sangue osixenado dos pulmóns diríxese ao corazón para que este a bombee cara a todo o corpo. As células toman o osíxeno do sangue que os capilares transportan ata elas.
As células necesitan o osíxeno para realizar a respiración celular. Durante este proceso, combinan o osíxeno e os nutrientes para obter a enerxía que necesitan para realizar as súas funcións vitais.As células tamén producen dióxido de carbono. As células expulsan o dióxido de carbono aos capilares que chegan a elas. Así o dióxido de carbono será transportado aos alvéolos a través do sangue e eliminado coa expiración.
Cando se producen as enfermidades respiratorias?
As enfermidades respiratorias preséntanse durante todas as épocas do ano, pero agudízanse durante o inverno debido aos cambios bruscos de temperatura.
O arrefriado común é unha…
Infección
A gripe é causada por un…
Virus
Que é a bronquite?
Unha inflamación da capa mucosa das vías respiratorias.
Que é a pneumonía?
Unha inflamación dos alvéolos, o que provoca que se acumulen líquidos nos pulmóns.
Que é a asma?
É unha enfermidade pulmonar caracterizada por síntomas como a dificultade para respirar, a tose, a opresión no peito e os sons ao respirar asubíos. Está causada por unha inflamación dos bronquios.
Que é o mal de montaña?
O mal de montaña, tamén coñecido como mal de altura, é unha enfermidade que pode afectar a alpinistas, excursionistas ou esquiadores.
Como debe estar o aire para que o noso organismo funcione adecuadamente e a respiración se desenvolva con normalidade?
Para que o noso organismo funcione adecuadamente e a respiración se desenvolva con normalidade, o aire que chega aos nosos pulmóns debe estar limpo e en boas condicións.
Que gases afectan ao noso organismo? Por que?
Os gases contaminantes que despiden os vehículos de motor e as industrias afectan ao noso organismo, xa que diminúen a calidade do aire e o enchen de partículas contaminantes.