Músicas Populares Urbanas Flashcards
Cales son as principais características das músicas populares urbanas?
- Desenvolvéronse a partir do século XX.
- Nacen nas cidades.
- Os autores da súa música son coñecidos.
- Difúndense de xeito masivo nos medios de comunicación.
- Teñen unha clara función comercial e de marketing.
Blues
O blues nace como un canto melancólico da comunidade afroamericana do sur dos E.E.U.U. a finais do século XIX. Máis tarde serviría como punto de partida para moitísimos outros xéneros.
Fundaméntanse maioritariamente no seu esquema harmónico cíclico, onde destaca o emprego do canto e a guitarra.
- Esperanza Spalding: “What a Wonderful World”
- Bessie Smith: “St. Louis Blues”
R and B
No rhythm and blues pódense recoñecer dúas vertientes. O R and B orixinal de finais dos 40s dos E.E.U.U. que consistía nunha música baseada no blues pero con máis ritmo e insistente.
A segunda é o R and B contemporáneo dos 80s, o cal xa mezclaba elementos do pop, funk e e hip-hop.
- Fats Domino: “Blueberry Hill”
- Michael Jackson: “Smooth Criminal”
Rock and Roll
O rock and roll (“balancearse e rodar”) aparece a comezos dos 50s ante o racismo dos E.E.U.U. coma un xénero de música afroamericana para a audiencia branca. Deste xeito, o R and B dos negros, máis outros estilos coma o country, mestúranse como fórmula de éxito.
Musicalmente emprega unha marcada acentuación rítmica e escalas propias do blues.
- Elvis Presley: “Jailhouse Rock”
- Jerry Lee Lewis: “Great Balls of Fire”
Ska
Este estilo musical parte da fusión do R and B estadounidense cós ritmos populares xamaicanos nos 50s. Posteriormente, serviría para dar a vida a xéneros musicais coma o reggae e o rocksteady.
O ritmo frenético e as acentuacións nos tempos débiles do compás son as súas características principais.
- The Skatelites: “Guns of Navarone”
- Ska-P: “El Gato López”
Pop
Desenvólvese principalmente a finais dos 50s en Inglaterra a partir da música (pop)ular da súa zona. Este xénero é moi ecléctico, xa que bebe de moitos outros estilos coma o folk, o rock e o R and B, entre outros.
Caracterízase polo emprego de cancións de formato básico con estribillos repetitivos e pegadizos que falan principalmente sobre temas amorosos.
- The Beatles: “Help”
- Los Bravos: “Black is Black”
Rock
Este xénero, o cal é unha derivación do rock and roll, comeza a facerse popular a finais dos 50s. Ademais, toma elementos do jazz e o folk. O rock preséntase en constante combinación con unha infinidade de diversas músicas.
A principal diferencia que existe entre o pop e o rock é a temática nas súas letras, xa que este último emprega temas de reivindicación social e cultural.
- The Rollings Stones: “Satisfaction”
- Jimi Hendrix: “Purple Haze”
Reggae
Esta música desenvólvese durante os anos 60 en Xamaica a partir principalmente do ska e o soul. Popularizouse a enorme velocidade en E.E.U.U. e Reino Unido grazas aos numerosos inmigrantes xamaicanos chegados por aquela época.
O reggae supón un gran éxito nas discotecas xamaicanas, xa que o seu tempo lento amañábase mellor ao baile co ska.
- Bob Marley and The Wailers: “One Love”
- Sister Nancy: “Bam Bam”
Funk
Este xénero musical aparece nos 60s nos E.E.U.U. cando músicos afroamericanos fusionaron o soul, jazz e R and B.
O funk caracterízase polo “groove”. Un ritmo e harmonías base o cal serve de motor da canción, dándolle especial importancia ao baixo.
- James Brown: “I Can’t Stand Myself”
- Wild Cherry: “Play That Funky Music”
Rap
O rap orixínase nos 70s no sur do Bronx en Nueva York como vía de queixa da comunidade negra ante as inxustizas sociais vividas por aquel entón. O hip-hop é a súa principal influencia e consta do MC (Mestre da Cerimonia) e o Beat (ritmo).
A súa principal característica é a superposición da fala rimada a unha base electrónica cunha rítmica clara.
- Public Enemy: “Fight the Power”
- Ayax y Prok: “Reproches”
Dance
A música electrónica de baile é o conxunto de xéneros que se basean na produción electrónica sobre música disco e hip-hop, a cal nace nos 70s. Algúns destes estilos son: house, dubstep, eurodance ou techno.
Esta clase de músicas son producidas en estudio mediante sons sintéticos e pre-gravados.
- Daft Punk: “One More Time”
- Gigi D’Agostino: “L’amour Toujours”
Heavy Metal
O metal descende directamente do rock e nace na década dos 70s en Reino Unido. Como no caso do rock, sirve de elemento para moitas outras músicas.
Este xénero leva ao extremo a distorsión e sucidade das guitarras do rock e aposta polo emprego de gritos nas melodías.
- Black Sabbath: “Iron Man”
- Iron Maiden: “Aces High”
Disco
A música disco popularízase nas discotecas a finais dos 70s. É un xénero bailable que deriva do R and B e toma influencias do soul e funk tamén.
As súas cancións caracterízanse por uns ritmos cheos de vitalidade e unhas melodías coloristas.
- Bee Gees: “Stayin’ Alive”
- Chic: “Le Freak”
Punk
Este movemento cultural e musical nace na Inglaterra de finais dos 70s coma unha expresión de rebelión contra o rock dos 60s e 70s, ao cal acusaban de ser un produto comercial.
Musicalmente caracterízase polas melodías sinxelas, os compases rápidos e as letras reivindicativas.
- Sex Pistols: “Anarchy in the UK”
- The Ramones: “Blitzkrieg Bop”
Reggaeton
Facendo emprego do reggae, o hip-hop e varias músicas hispano-caribeñas, o reggae-tón orixínase en Puerto Rico a finais dos 90s. A partir do 2005 as producións deste tipo de música popularízanse de xeito mundial.
O seu provocador baile o “perreo” e o emprego de partes rapeadas son algunhas das súas características.
- Daddy Yankee: “Gasolina”
- Brisa Fenoy: “Lo Malo”